Dec 20
-->

pacoAsí se define Paco Pestana en ‘El País‘, despois de reabrir a mítica galería Citania en Santiago de Compostela.

Reproduzco aquí o artigo, que coma sempre non ten desperdicio:

Cisneros, no Sáhara Occidental, foi lexionario xusto antes de que Franco morrese na cama e o rei Hussein de Marrocos organizase a Marcha Verde e ocupase a excolonia española. Tamén escavou, rodeado de compañeiros afgáns, na mina en Utrillas, e en Meira participou na primeira cooperativa agraria de Galicia. Na Revolução dos Cravos viviu nunha comuna, igual que anos despois o fixo na Amsterdam posthippie. Pero o que de verdade marcou ao escultor Paco Pestana (Lugo, 1949) e o seu traballo foi a infancia. “Na miña casa matábanse nove cochos”, lembra, “e eu axudaba a recoller o sangue quente para facer as filloas; como non vai marcar iso a un neno?”. O brutalismo e a lírica, a extracción da pedra da loucura, as pantasmas da vida salvaxe, a materia dos pesadelos e da natureza humanizada. Nesas coordenadas desenvólvese tamén Hoxe, auga mazada, a mostra coa que Pestana reabre a histórica galería compostelá Citania e que se pode visitar deica o 10 de xuño.

“Son un poeta que saca os poemas en tres dimensións”, explica o artista

“Este é un país vencido e non me gusta ver que a xente baixa a cabeza”

 

“Nos regos da miña zona, en Castroverde, mazabamos na auga para que as troitas se refuxiasen nas covachas”, explícase, ” e alí pescabámolas a man”. Este método hai anos que está prohibido pero, malia a que Pestana non lle prestan as lecturas intelectualizadas da súa obra, serve para iluminar unha procura. Cadros tallados en madeira, de figuración distorsionada e ecos oblicuamente surrealistas, nos que se apertan a vida rural e unha sensualidade furiosa, enmarcan a sala Citania, na cidade vella de Compostela. “O meu é un lío narrativo”, di, “son un poeta que saca os poemas en tres dimensións”.

Ao longo dunha conversa con Paco Pestana, que hai dúas semanas pechaba na capela luguesa de Santa María unha gran mostra de título Presenten armas!, este autodefínese de xeitos diversos. Nun intre recorda que a súa aprendizaxe na cultura dos libros débella a un tío seu, republicano, da Fonsagrada, co que adquiriu a paixón ornitolóxica e leu a Nietzsche polas noites. E de aí deriva a se tildar de “nihilista entusiasmado con formación de manicomio” ou a facer reconto da vivencia agraria: “Eu crieime vendo apodrecer 30 ou 40 galiñas que o meu pai tiraba, porque tiñan diarrea, no tellado da casa; dicía que daban sorte”. Non tarda en arremeter contra “a imbecilidade da pseudofilosofía da arte contemporánea e a súa crónica da fatiga cotiá”.

Porque se algo busca Pestana é o extraordinario. “Comprobei que a miña obra interesa aos cativos e aos cregos”, asegura divertido. A inocencia da ollada preocúpalle, igual que a relación co sagrado de todos os obxectos, de todas as accións, da vida. “A miña obra está descristianizada”, describe, “pero si existe unha pulsión relixiosa”. Tamén lle gusta mencionar a súa relación coas “bestas da terra”. Do aire, unicamente se leva ben coas pegas. Ou iso afirma. E resúmese: “Hai que expresar os soños, porque senón apodrecen na cabeza”. E aínda que de entrada a tentación de identificar a escultura ou o debuxo de Pestana co surrealismo é forte, el mesmo se cura en saúde: “Apelo ao subconsciente; do surrealismo collo a súa capacidade revolucionaria adestrada. Pero non fago cadáveres exquisitos, sonconachadas de desocupados”. A combinación de materiais -nun traballo de Pestana xúntanse sal gorda, madeiras talladas. óleo, tintas, animais disecados- encaixa.

“Sen insurrección non hai gloria”, escribe no catálogo de Presenten armas! o mesmo home ao que lle manca o seu país. “Somos unha terra profundamente vencida”, diagnostica, “e a min non me gusta que a xente baixe a cabeza”. Con todo, non desata a súa arte da xeografía social en que esta xorde. “Eu quíxenme desarraigar, pero a patria agárrate e non podes, a matria medra no corazón”, expón.

E se Pestana elabora os seus poemas, que suturan a presentación da súa obra plástica nos catálogos, maiormente en castelán, débese a outra peripecia biográfica. “Aos seis anos marchei para Madrid e alí vivín en ambiente de toreros e de flamenco; perdín o galego, que recuperei despois, de regreso en Galicia”, relata, “agora síntome invadido igualmente polos dous idiomas”. Só un deles, confesa, funciona á hora de dicir escotrexandoou dexemado.

Director de cinema fracasado, unha persoa que bota de menos o que non fai, un panteísta que quería ser artista do silencio. Paco Pestana viviu 70 vidas nunha soa e as que non, invéntaas, fabula sobre elas. De aire marcial e falar alegre, destemido, enxeñoso, el propio conclúe o seu retrato contra esta época: “Somos comanches, dunha época de antes de Internet, de antes dospiercings e de antes de Lady Gaga”.

Son muitos os adxetivos que se lle poden dar a este polifacético home, que obtivo outro éxito máis neste reapertura de Citania. Todo un personaxe

 

Chuzame! A Facebook A Twitter
Dec 19
-->

‘Cruce de caminos‘ é un programa de TVE que recorre sete rutas do Camiño de Santiago coa axuda de peregrinos de diferentes procedencias que van expresando os seus sentimintos falando ao espectador da súa experiencia vital, con información sobre o arte, costumes e paisexes dos diferentes lugares visitados.

No seguinte vídeo deixo o paso de Jorge, que aínda que atribue vilabade a baleira, o programa non ten desperdicio:

Chuzame! A Facebook A Twitter
Xuñ 13
-->

indignados resumen

A maioría de ‘indignados’ da porta do sol en Madrid levantaron o seu campamento. Cumpriron a promesa, limpouse a zona e instalouse alí un punto único de información, mentras o movemento continuará de forma descentralizada.

Aínda que os indginados das principais cidades galegas que permanecen acampados dende o pasado día 17 de maio  ”non levantarán” as acampadas ao “non cumprir aínda” os seus obxectivos como “conseguir unha democracia máis real”.   Os campamentos seguirán nas prazas e centrarán o seu traballo na preparación da marcha que terá lugar o próximo día 19 de xuño en todo o resto de cidades.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Xuñ 02

Chuzame! A Facebook A Twitter -->

Españistan non é o novo estado que está chegando, é un comic de Hipotecas, corrupción, resaca de ladrillos e “soldos de merda”. Aleix Saló acompañou o seu libro cun pequeno corto que está a ter un gran éxito na rede, superando o millón de visitas en menos de cinco días, doble trend topic en twtitter, máis de 1.600.000 visitas en menos de 7 días, canal de you tube más visitado o 27 de mayo… ahí vai:

Chuzame! A Facebook A Twitter
Abr 28
-->

Existen múltiples modos de facer feismo. Ésta é unha delas:

O garañón lugo

A pesar de que se anulou a polémica lincencia, quen pode crer que se vai a demoler este xigante de cemento.

o garañón rosalía de castro

O mellor será disfrutar da retranca de ‘untalmarra‘.

o garañón. retranca por un tal marra

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp