feb 24

Ese é o sentimento que teño ao oír a unha persoa da vida pública como Rosa Díez usar estereotipos e malas prácticas. Saca a lengua a pacer e metese nun xardín a conta de todos nos. Ex do PNV, ex do PSOE fai ven pouco funda UPyD, para quen sabe, intentar chegar ao poder. Pero non é a única, fai un ano foi Jorge Moragas e os seus «gallegos profundos».

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
feb 19

Para os que temos algunhas inquietudes nos temas de seguridade, xa sexa por curiosidade ou por temas profesionais é unha pena que se produzan noticias deste tipo. O certo é que pechou o portal Alerta-Antivirus este pasado mes de xaneiro.

Este portal convertirase, Alerta-Antivirus, en páxina de referencia para dar resposta a problemas de seguridade, virus, malware, etc. donde sempre se atopaba ferramentas e información sobre como actuar en caso dalgún problema.

Alerta-Antivirus

A posición oficial di que en realidade tratase de ofrecer un mellor servicio, xa que a información que antes se concentraba no portal Alerta-Antivirus ahora se diversifica diversificou a súa oferta entre usuarios técnicos e máis divulgativa para o público en xeral.

INTECO-CERT asumirá a parte máis técnica e os avisos de problemas que antes ofrecía Alerta-Antivirus. Para o público en xeral crease a oficina de seguridade do internauta que ofrece consellos sobre seguridade, información e software necesario para navegar e traballar cos nosos equipos de forma segura.

Máis Información | Alerta-Antivirus
Páxina Oficial | INTECO-CERT | Oficina de Seguridad del Internauta

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
dec 14

Google Goggles [2 min.]

O vídeo de arriba, con subtítulos en inglés, –que se pode traducir ao español desde o menú Acciones de subtítulos– explica qué é e cómo funciona Google Goggles, a aplicación para teléfonos Android que realiza búsquedas en Google a partir do contido dunha fotografía tomada co móvil.

Increible avance, pero será capaz de reconocer calquera paisaxe, lugar, tenda...

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
set 01

Fai xa dúa horas desde que o correo de Google, Gmail, non funciona. o sistema(servidor) está caído e é imposible acceder ás contas de correo. o mensaxe que aparece os usuarios que intentamos acceder é: "Server Error The server encountered a temporary error and could not complete your request. Please try again in 30 seconds". (Error do sistema. O servidor encontrou un erro temporal e non pode completar a súa petición. Inténtao de novo en trinta segundos).
Neste ano está non é a primeira caída do correo do xigante google, e concretamente do seu sistema de correo 'Gmail' (que por certo deixou de estar en Beta fai poucos meses).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
mai 25

Leite Pascual, ven de adicar un anuncio enteiro a demostrar que o precio do leite o vale, e non lle falta razón. Co que xa non podemos estar de acordo e co precio que estas e outras marcas pagan en orixe, pero aquí está o anuncio:

Despois de anunciar esta mesma semana pasada a presentación dun expediente de regulación de emprego, con extinción de contrato, que afectará a 155 traballadores da fábrica de Outeiro de Rei e a máis de 400 gandeiros,  agora saca un anuncio ¿criticando? as marcas blancas.

Este anuncio  'xustifica' o  SUPERIOR precio dos seus productos frente ás marcas brancas con motivos como "recollida de leite a diario", "mellores equipos de veterinarios" e "maiores controis de calidade". Discutibles todas Muxidoraelas.

Ata fai ben pouco, non máis de dous anos, Central Lechera Asturiana, Pascual e Puleva controlaban un 40% das vendas de leite envasada en Galicia. Hoxe, a tarta reduciuse para estas tres empresas ata un escaso 25%. Pero que fan? aumentar en publicidade? Canta máis publicidade fai a marca, máis caro é o litro de leite. Para baixar os precios deberían empezar por reducir en publicidade e en intermediarios!.

O gandeiro recibe, hoxe por hoxe, uns 17-20 céntimos por litro. Se logo de todo o proceso o venden por 97 (por exemplo)céntimos ou incluso máis, onde van eses aproximadamente 80 céntimos?.

80 céntimos de diferencia nos supostos  'controis de calidade extra' da marca? Increible.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google