Fai 50 anos, é de forma accidental, descubriuse en Bolaño o primeiro xacemento paleolíco de galicia, a cova da valiña. Aínda que non foi explorada ata máis tarde, hoxe en día e descoñecida pola gran maioría. Este descubrimento supuxo un impulso para os estudos paleontolóxicos e arqueolóxicos doutras covas lucenses.
A pesar diso, 50 anos despois todo o concello lle sigue dando a espalda a un dos seus monumentos máis importantes.
Hai cincuenta anos, en 1962, unha voadura con dinamita nunha canteira de pedra calcaria do municipio de Castroverde puxo ao descuberto o primeiro xacemento paleolítico galego situado nunha cova que foi obxecto dunha investigación sistemática. O achado, xa que logo, é o precedente máis destacado das escavacións que se realizan actualmente en diversas cavidades das serras orientais lucenses, que supuxeron un avance importante no coñecemento da prehistoria remota do noroeste.
As escavacións neste xacemento non levarían a cabo ata moito máis tarde, na segunda metade dos anos oitenta. Pero os primeiros materiais arqueolóxicos que proporcionou foron recollidos pouco despois do descubrimento da cova polo entón director do Museo Provincial de Lugo, Manuel Vázquez Seijas, quen foi avisado polos propietarios da canteira, que era explotada con procedementos case artesanais. As pezas consistían en varias azagayas talladas en hastas de cérvidos e un bo número de fragmentos de fósiles de diversas especies animais: oso das cavernas, oso pardo, hiena, reno, raposo, cervo, corzo, xabaril, cabalo… Estes materiais foron depositados no museo lucense e os máis importantes de entre eles están expostos ao público desde hai bastantes anos.
Estudo interdisciplinar
A partir de 1987 levaron a cabo tres campañas de escavación que supuxeron o primeiro estudo interdisciplinar realizado en Galicia dun xacemento prehistórico situado nunha cova. Nestas intervencións utilizáronse á vez métodos de investigación arqueolóxica, paleontológica e edafológica.
Aínda que o xacemento quedara moi danado pola propia explosión que o puxo ao descuberto, os traballos deron como resultado a recuperación de preto dun centenar de artefactos líticos -depositados e expostos no Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba- e de numerosos fósiles animais. Os datos obtidos nestas investigacións foron difundidos en publicacións científicas e axudaron en gran medida a incrementar o interese polo potencial arqueolóxico e paleontológico das covas lucenses, cuxa exploración se intensificou nas dúas seguintes décadas.
“Camiñando con Xoán” é unha colección de cortes tomados en distintos lugares da provincia de Lugo, pola fundación TIC.
O pasado día 16, Xoan visitou o Concello de Castroverde. Concretamente Bolaño, Castroverde e Montecubeiro, dos que como non, deixou boas palabras, é un dato practicamente descoñecido. “Montecubeiro é a parroquia máis grande de Galicia”
O listado de deficiencias e descoidos que sofre o Camiño Primitivo é intermináble. Así o denuncia o colectivo ecoloxista Adega, quen fala de “ausencia de sensibilidade cultural por parte da Administración” cara a esta histórica ruta. Falta de sinalización, descontrol das actividades económicas situadas ao longo do camiño ou falta de conservación son algunhas destas eivas, achacábeis aos poderes tanto autonómico como locais.
Da conservación á desvalorización
Dende Castroverde até Lugo, o camiño ofrece un amplo abano de vestixios históricos e de elementos paisaxísticos e culturais de elevado interese de conservación. Porén, Adega denuncia que non estar a ser atendidos. Así enumera entre os monumentos descoidados: a fortaleza de Castroverde, a Casa-Torre, a igrexa, o Hospital de Gondar ou toda a contorna do pobo de Soutomerille.
No apartado do entorno ambiental, falan do impacto que sobre a paisaxe teñen as canteiras e areeiras que están en funcionamento na zona, como a de San Paio, A Pallota e Bascuas. A asociación ecoloxista pide ás autoridades competentes que “se rexenere e se corrixa o impacto desta industria e que se exixa ao sector o cumprimento estrito das leis para evitar a usurpación descontrolada e irregular do terreo”.
Foron moitas as noticias, algunhas moi alarmantes pero finalmente todo quedou nun susto. Finalmente non foron tres os feridos, senón catro dos 14 (Pombo, Desi, Guti e Michy) todos de Castroverde. O bus no que viaxaban da empresa Hervei caeu riba dos arboles nun pequeno desnivel en Romeán. Foi na antigua Lu – 630 na parroquia de Romeán, en sentido Lugo, sobre as 08:00.
Foron eles mesmos quen avisaron ao 112. Foi un de masoucos, o Rufo (o de baixo) o que pudio romper un dos cristales da minibus para sair todos polo seu propio pe. O lugar do accidente acudiron desde a Gardia Civil, ambulancias…
Xa están todos máis que recuperados aínda que o susto seguro que lles dura: «Pasamos moito medo porque víamos vir a morte enriba de nós. Non sabiamos se ou autobús ía seguir dando voltas polo barranco. Grazas a Deus estamos todos vivos»
Replicantes…