dec 29

Camiño primitivoO listado de deficiencias e descoidos que sofre o Camiño Primitivo é intermináble. Así o denuncia o colectivo ecoloxista Adega, quen fala de "ausencia de sensibilidade cultural por parte da Administración" cara a esta histórica ruta. Falta de sinalización, descontrol das actividades económicas situadas ao longo do camiño ou falta de conservación son algunhas destas eivas, achacábeis aos poderes tanto autonómico como locais.

Da conservación á desvalorización
Dende Castroverde até Lugo, o camiño ofrece un amplo abano de vestixios históricos e de elementos paisaxísticos e culturais de elevado interese de conservación. Porén, Adega denuncia que non estar a ser atendidos. Así enumera entre os monumentos descoidados: a fortaleza de Soutomerille, CastroverdeCastroverde, a Casa-Torre, a igrexa, o Hospital de Gondar ou toda a contorna do pobo de Soutomerille.

No apartado do entorno ambiental, falan do impacto que sobre a paisaxe teñen as canteiras e areeiras que están en funcionamento na zona, como a de San Paio, A Pallota e Bascuas. A asociación ecoloxista pide ás autoridades competentes que "se rexenere e se corrixa o impacto desta industria e que se exixa ao sector o cumprimento estrito das leis para evitar a usurpación descontrolada e irregular do terreo".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
dec 15

Excelente foto a tomada por Guillermo Pazos nas próximidades de Castroverde.

A niebla que acompaña dalle ese toque especial aos cabalos e a paisaxe.

O dueño pode reclamar dereitos de imaxe que creo que lee o blog.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
out 21

Foron moitas as noticias, algunhas moi alarmantes pero finalmente todo quedou nun susto. Finalmente non foron tres os feridos, senón catro dos 14 (Pombo, Desi, Guti  e Michy) todos de Castroverde. O bus no que viaxaban da empresa Hervei caeu riba dos arboles nun pequeno desnivel en Romeán. Foi na antigua Lu - 630 na parroquia de Romeán, en sentido Lugo, sobre as 08:00.

Foron eles mesmos quen avisaron ao 112. Foi un de masoucos, o Rufo (o de baixo) o que pudio romper un dos cristales da minibus para sair todos polo seu propio pe. O lugar do accidente acudiron desde a Gardia Civil, ambulancias...

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Xa están todos máis que recuperados aínda que o susto seguro que lles dura: «Pasamos moito medo porque víamos vir a morte enriba de nós. Non sabiamos se ou autobús ía seguir dando voltas polo barranco. Grazas a Deus estamos todos vivos»

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
xull 22

Foto presentaciónO presidente da Diputación, José Ramón Gómez Besteiro, o alcalde de Castroverde, José María Arias, a presidenta da Sociedad Española de Cardiología, María Jesús Salvador Taboada, o presidente da Fundación Española del Corazón, Leandro Plaza Celemín, entre outros, presentaron hoxe a nova oferta do programa “Km0. Deputación de Lugo”, denominado “Km0 a Compostela”. O programa de visitas guiadas ofrece 25 rutas cardiosaudables, totalmente gratuitas.

Fonte da BicaPero non so presentaron este acto, senón que tamén se pasaron por Vilabade, donde Gómez Besteiro foi beber «dá mellor auga do mundo», a dá fonte dá Bica.

Alí tamén recordou como en agosto a praza se convertía nun estadio de fútbol, ademais de visitar o pazo e a iglesia da parroquia.

Tamén en Soutomerille visitaron o Castiñeiro da Corredoira, ademáis da iglesia visigótica de Soutomerille.

Xa en castroverde visitaron a Torre do Homenaxe; pero mellor velos vídeos (sacados de blogs la voz de galicia do verano móvil)

1- Castiñeiro da Corredoira

2- Guía explicando o conxunto da Torre da Homenaxe.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
xull 15

Tras 22 anos sen que soase a música durante as festas patronais da parroquia de Vilalle, no municipio de Castroverde, este ano volverá haber festexos grazas á decisión de tres mozos do municipio, algún dos cales ten varios menos que os transcorridos desde a última romaría.

rameiro vilalle

Serán uns festexos modestos porque, precisamente, a pouca poboación foi a causa de que non se celebrasen desde fai máis de dúas décadas. Serán este sábado, día 18, e comezarán co disparo de lumes, misa solemne e sesión vermú con orquéstra Verán Azul, que tamén será a encargada de amenizar a verbena.

Segundo sinala Rubén López Eiras, reuniron 4.200 euros e necesitan 4.300. Pero venden rifas para sortear un televisor e o día da festa durante a verbena tamén haberá outro sorteo dun cabrito, polo que esperan que lles sobre diñeiro co fin de volver celebrar as patronais o próximo ano. Son no lugar ao redor de 20 casas habitadas, que achegaron 200 euros cada unha, ademais de 50 do Concello e donativos de varios bares de Castroverde.

Xunto con Rubén, organízanas Pablo e José Antonio , que se comprometeron a facelo no transcurso dunha conversación informal nunha comida comunitaria.

Boa nova para a xente de Vialle, que volve a poder disfrutar da súa festa, na honra a San Pedro, 22 anos despois.

Todo un record de anos, e todo un reto para os rameiros para conseguir de novo recuperar este evento.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google