mar 23

Resultados
Castroverde - Muralla 1 - 3
Pradeda - Lugo 4 - 2
Oural - Sagrado Cor. 1 - 0
Comercial - Río Sil 2 - 0
Garabolos - Antas 4 - 1
Calasancio - Lucense 6 - 0
Rubián - Portomarín 3 - 3
Friol - Guntín (Susp)

A próxima xornada será a seguinte, co desplazamento crucial o campo do Guntín:

Próxima Xornada
Guntín-Castroverde
Muralla-Pradeda
Lugo-Oural
Sagrado Cor.-Comercial
Río Sil-Garabolos
Antas-Calasancio
Lucense-Rubián
Portomarín-Friol

S.D CASTROVERDE: 1-Marcos 2-Manolo-Manolo 3-Óscar 4-Iván 5-Javi 6-Toño 7-Albino 8-Marcos geme 9- Carlos 10-Richard 11-Bruno;  12-Tino 13-Chino 14-Rafa 15-Marcos Veiga 16- Pereira

Gracias de novo a Arsenio Iglesias por unha nova crónica:

Partido importante para os dous equipos o disputado o domingo na Veiga do Olmo; os nosos desperdiciaron un partido que de gañar nos situaría destacados na segunda posición, pero non puido ser, un Muralla ben plantado no campo e cas cousas claras, soupo sacar tallada dun Castroverde que fixo o peor partido da segunda volta, sen asomar en ningún intre ese fútbol combinativo e con rápidos contragolpes que nos acostumou na segunda volta.

O Muralla acadaba cedo o primeiro gol, unha falta ben sacada por Bruno colábase na portería de Marcos, sin que este poidera facer nada por evitalo.

A pesar de ser un partido de escasa calidade, e onde o único que primou foi a forza e a loita dos xogadores poideronse ver catro goles; O Castroverde chegaba a empatar por mediación de Javi na sua especialidade de cabeza tras un córner botado por Richard; este tamén sería protagonista un minuto despoís, balón que perde o borde da área dous rexeites e para dentro, un a dous para o Muralla o descanso.

A segunda parte o Castroverde sae a por o empate, ocasións falladas e o Muralla sentencia con un gol máis a contra. Una boa ocasión desperdiciada para a SD de alonxar a un rival directo, que aínda queda un punto por baixo, despois da victoria  por 3-1 dos locais e diante do rubián , no partido aprazado no seu día.

Esperemos que se recupere o rumbo de xogo e resultados nas vindeiras xornadas, cruciais para obter o premio do ascenso, así como recuperar algunha das seis baixas tan significativas que tivo o Castroverde esta xornada.

Equipo X. G. E. P. G.F. G.C. Puntos
1. Calasancio 25 18 5 2 63 18 59
2. Castroverde 25 16 4 5 60 30 52
3. Oural 25 14 8 3 58 29 52
4. Muralla 25 15 6 4 51 18 51
5. Sagrado Cor. 25 15 5 5 39 19 50
6. Comercial 26 13 8 5 52 37 47
7. Friol 24 9 7 8 47 33 34
8. Portomarín 25 10 4 11 42 41 34
9. Rubián 25 8 8 9 43 53 32
10. Río Sil 25 8 5 12 22 40 29
11. Antas 25 8 4 13 38 57 28
12. Guntín 24 5 9 10 29 40 24
13. Garabolos 26 6 5 15 33 47 23
14. Lugo 26 6 2 18 37 72 20
15. Pradeda 25 3 6 16 30 52 15
16. Lucense 26 2 4 20 22 80 10
Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
nov 14

CCD13112007Pois sí, foi alí onde puiden facer estas fotos indicativas, cando estábamos CCD13112007 CCD13112007 preparando unha boa churrascada, de que ainda queda xente que non ten muito que facer e se adica a pintar e sobre todo danar as Penas de Rodas, coma xa pasou fai pouco máis dun ano. Desta volta posiblemente fóron menos os destrozos pero seguro que non menos importantes. Ata alí se achegaron ata tres patrullas da Garda Civil, pra intentar identificar os autores.

CCD13112007CCD13112007CCD13112007 (Grafiti nas Penas de Rodas)

Se queres saber máis sobre as Penas de Rodas, sigue lendo unha pequena escolla sacada en internet da asociación que leva o mesmo nome.

As Penas de Rodas están situadas en Santiago de Gaioso, unha parroquia do concello de Outeiro de Rei, a 18 km. de Lugo, capital da provincia, e asentada "alí onde nace ou morre a Terra Chá", como deixou escrito o grande poeta chairego Manuel María.
Cruzando o antigo campo da Feira de Gaioso, onde se pode ver un belido cruceiro de 1900, obra dos canteiros vilalbeses de Román, e subindo ata os 484 m., están AS PENAS DE RODAS, dous enormes penedos de forma case esférica, apoiados noutras rochas nun punto tan mínimo que fai que a súa estabilidade resulte case inverosímil.

Este monumento natural, un singular capricho xeolóxico froito da erosión sufrida durante millós de anos, preside toda unha paraxe de penedos e dende el pode ollarse unha boa parte da Terra Chá, vista panorámica que se amplía cando se sobe ó cume da Cruz do Quinto ou de Paraños, vértice xeodésico situado a 614 m. de altura, dende o que podemos ver tamén o val de Candai e as terras de Francos, Vicinte e de Santo Tomé de Gaioso.
A orixe deste tipo de formacións baséase na acción da auga sobre da pedra e é típica de Galicia e o norte de Italia.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
xull 30

Gracias Jose¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡

Incrible¡¡¡ Unha pasada ese viaxe por riba de masoucos, e como nos quedaba todo perfecto pra ver o que fora. Sin palabras. Pronto chegarán esas fotos, e sindo dandolle os brazos¡¡¡

 Hasta salimos na Voz de Galicia por dúas veces, aínda que solo pon que fomos a castroverde, e non a Masoucos.

 Hai que repetir¡¡¡¡

 P.D. Aínda non teño as fotos, se alguen as pode pasar... :(

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google