xun 16

Tractorada Virtual

Actualización(17-06-09): Gracias a 'UndeTordea' por completar a entrada...

Foto (Ano 1997, Lugo) que representa perfectamente o espíritu daquela tractorada(veciño do Concello), e a canción con todo o espírito do rock bravú e do xabarín, que nacera pola mesma temática...

Ferro, barullo, caucho, remolques
Mil tractores baixan do monte
Pan, lacon e viño, paus e marras
Ferve o sangue, barricada agraria
Se non razoan levamos a Armando
Que armando unha boa van razoando
Sete chavellas, sete estadullos
Dalle no lombo, dalle nas ventas!
Arde o ferro do motor
Ei Kubota ei Motransa
Fume negro do tractor
Galicia tomada pola tractorada!
NON PASARÁN, TRATORADA!
NON PASARÁN, DALLE FERRO!
NON PASARÁN, TRATORADA!
NON PASARÁN!
Co terceiro punto en alto
Dilles que se acheguen, Dilles que discutan
Rodas de corenta lonas
Gasolina dalles lume!
Un remolque cheo de pedras
E unha vella cun fouciño
Hai machadas, hai galletas
Corre o sangue polas veas!
NON PASARAN...
E se non se pode vivir
Pola culpa do progreso
A próxima tractorada
Hache de ser no Congreso.
Fabricantes de iogures
Leite en polvo e desnatada
Din que hai demasiado leite
E agora chamanlle excedentes
Din que hai demasiado leite
E a algún macho xa lle ferve
Baixan as vacas doentes
Baixan ensinando os dentes!
Arde o ferro do motor
Ei Kubota, ei Motransa
Fume negro de tractor
Galicia tomada pola tractorada!
NON PASARAN...



Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
xun 10


Probando shozu¡¡

Aquí tedes, o resultado. Gracias a Pedro, a cara visible da blogaliza, que deu con shozu, e podemos publicar as nosas fotos, textos, vídeos,  ou o que sexa a través do móvil. Felicidades por este novo avance.

Na imaxe podedes ver a captura da pantalla na páxina de shozu, e ademais a sorpresa para a festa da sd castroverde!!

P.D. O texto foi editado desde o panel de control!!!

Posted by ShoZu

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
mai 06

Xa se prevía o peche, pero non deixa de sorprender que Leche Pascual deixe de recoller leite en Galicia. Primeiro foi prescindindo de parte da produción das cooperativas, Terra Cha e Melisanto, e hoxe remata o traballo para 150 persoas da fábrica de Outeiro de Rei. Unha fábrica que en 1998 abordou un importante investimento para incrementar a súa capacidade de producción que hoxe remata, deixando de recoller leite de concellos como o noso, Castroverde, Ordes ou Santa Comba.

O que non se acaba de entender é como se chegou a esta situación. O sector lácteo galego progresou de forma ineficiente, houbo unha recorvensión increible, pero insuficente? é o mundo, cambiou muito?.

Un sector que acumula a tantas familias non é posible que esté tan desorganizado. Xa hai tempo (máis de 20 anos) que moitas multinacionais francesas puxeron o pé na pénínsula ibérica, concentrando profundamente o negocio da venda de productos agrogandeiros. Eso xa era un síntoma de que o seu sector estaba en mudanza. Máis recentemente introduciron productos chamados de marca branca que ainda dan unha volta máis na situación. Qué fai mentres o sector....NADA??.

Por outra banda entran en xogo as subvencions. Durante moitos anos chegaron subvencions, pero aínda así  non chegan a ser nin a metade de productivos que os franceses(estes ademais apoiados polo estado), por exemplo. Salvo algunhas excepcions o que se fai cos cartos das subvencions e metelos no peto en vez de invertir na SÚA EMPRESA. Chega con darse unha volta polo rural...  na maioría dos casos pouco cambiou coas subvencions. Si, o que quedou ten máis vacas, pero a maioría emigraron; e o máis habitual e comprarse un tractor último modelo, así trabállase máis cómodo e a vez temos un tractor máis grande que o do veciño, quen o pode negar!.

O leite vale o que vale, gastos de producción aparte, pero cal é o precio xusto? A que empresario,ou a que traballador lle aseguran un prezo minimo por algo? A ningun?.  A administracion pouco fixo tanto polos productores de leite como polos gandeiros e agricultores, e nada por modernizar e facer rendible o rural galego.

O peixe que se morde a cola, no que todos somos responsables en maior ou menor medida. Sabremos saír?

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
mai 05

Onde hai Estrella (http://ondehaiestrella.com) é unha iniciativa para divulgar aqueles locais do mundo que sirven a cervexa "Estrella Galicia".
Pois si, xa está inventado, a través dun mapa google, podes engadir o teu local preferido para tomar unha estrella, en calque parte do mundo!  Polo de agora está comenzando, faltan moitos locales en todas as cidades e vilas. Segundo ese mapa e a túa situación( datos facilitados polo proveedor de internet) calculan a distancia ao local máis próximo para tomar a túa estrella.
Contanos se o probas, e os lugares que recomendas... por certo, tamén teñen grupo en facebook!
Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
abr 24

As empresas privadas debería reflexionar sobre o tipo de cursos que necesitan os seus profesionais. Ademais de saber as súas inquietudes. Bueno, o caso e que teño que facer de forma unilateral por parte da empresa un curso, dentro do programa que eles chaman “consolídate”. A tarea final deste curso di algo como:

Juan comezou a traballar con 23 anos e dende aquela ata agora aforra para comprar un piso. Abriu unha conta vivenda pero os pisos alcanzaron precios tan prohibitivos que despois de 4 anos decidiu recuperar o seu diñiero e traspasalo a un fondo de pensions.

Fai dous anos podría dala entrada para un adosado pero estaba nas aforas e decidiu esperar a ter máis aforros para poder acceder a un piso máis céntrico.

Agora xa non se pode permitir nin o adosado nas aforas. Seguirá vivindo de alquiler........

Está claro que Juan non podía prever o aumento desorbitado dos precios que se produxo na actualidade, pero:

1. ¿Crees que Juan podría tomar outra decisión máis adecuada?

2. ¿Por qué fracasou a súa primeira intención de compra?

3. Conocendo os datos, ¿crees que podría adoptar outra decisión?

4. ¿Que crees que fallou neste caso durante a toma de decisions de Juan?

5. ¿Cómo podría manifestar unha conducta/actitud proactiva?

Vendo a situación planteome varias dudas, que como non é ético responder nas tareas do curso, contoas aquí. Aparte de que me ven a mente unha entrada anterior de, “Somos convencionais”, tamén me pregunto:

Canto cobraba Juan? Xa era o xefe da empresa, non? Non saía da casa para poder aforrar? Vivía de alquiler e tiña para a entrada dun adosado?

Con 25 anos podía dar a entrada dun adosado nas aforas? En que cidade vivía? Cando empezou a traballar xa fixo un conta vivenda… porque xa quería vivir no centro (eso si é ter as cousas claras, chico).

Apasanionante curso e apasionante caso práctico.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google