abr 22

Hoxe é o día da terra. Seguro que durante todo o día encuitamos as boas promesas de cara a proteger e reservar o noso planeta, o noso futuro, pero ¿Non deberían ser todos os días, día da terra?

Na época na que vivimos ¿necesitamos fechas concretas para non olvidar cousas que debieramos recordar sempre?. ¿Subestimamos a nosa capacidade de valorar o que é realmente valioso para nós?

¿Canto tempo máis nos levará ter conciencia total do que ven pasando?
Pode que nunca o logremos, pero si debera ser unha tarea irrenunciable camiñar cara a completa sostenibilidade, as xeracios que veñen tras de nos primeiramente. As formas son muitas. Sianalemos un camiño.

Se ben, nos nunca logremos amencer nun mundo sostible, procuremos construir ese futuro.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

abr 02

Últimamente cheganme correos (non deseados) co mesmo mensaxe e foto; a remitente: unha tal Luzmila, que di:

Ludmila

Hola.
A mi queria conocera mucho.
Utilizaba nunca el Internet para la comunicacion. Pero he decidido probar este modo. Mucho me incomodo fuerte, pero le he escrito con todo. Me llamo Ludmila. Pienso que debo enviarle la fotografia que podriais verme. Bien? Espero que le gustara mi fotografia, y recibire su respuesta. Quiero conocerle. Probablemente seremos amigos? Espero. Espero realmente en aquello que seremos amigos, conoceremos uno a otro, y cambiar las fotografias.

Ahora utilizo estimare los trabajos, y por eso le pido escribir a mi direccion personal:  ludmilafatt2007@yahoo.com

Esperare su respuesta con la impaciencia. Bien?
Con la esperanza Ludmila

As direccións cambian e xa teño catro sitios onde contactar con ela:

remitente:  atreus at atozasia.com. Contacto: ludmilafatt2007@yahoo.com

remitente:  cheslak at internationalsos.com. Contacto: ludmilafa2007@yahoo.com

remitente:  van at aia.com.sg. Contacto: ludmilafa2006@yahoo.com

remitente:  adowning at sunjapan.com. Contacto: ludmilafa2007@yahoo.com

Ademais da inconexión do texto (producto dun mal traductor?), é evidente que se trata dun correo non desexado, o famoso spam vamos. Seguramente quería a miña dirección para darme de alta ou rexistrarme nalgúnha web de dudosa procedencia, ou me pida diñeiro para algún negocio aínda máis dudoso, ou algo aínda máis sospeitoso.

Unha pena para a pobre Ludmila, non poderá coñecerme!

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
mar 26

Desde fai uns pouco días temos un novo veciño que nunca vin por alí, pero eso non é todo, trouxo unha nova casa con él…

A casa de Fraga

- A casa de quén? - Vive Fraga dentro? - Somos todos os veciños a casa de fraga?

Pois mira que debe ser incómodo vivir dentro dun contenedor… por certo, con número e todo para recibir o correo! XDD

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
mar 18

Reproduzco o artigo de homenaxe de sabela corbelle, presidenta da asociación de prensa de lugo, cara un bo amigo, que sempre que podía axudaba. Sempre con ideas na cachola, e como non, xuntazas, a súa verdadeira debilidade. Nada mellor que este artigo para facerlle ese pequeno homenaxe que nunca será dabondo.
Facer xornalismo supón vivir ó pé da noticia pero poucas veces somos nós os que protagonizamos os distintos acontecementos. O noso compañeiro José Alonso converteuse onte, por unha mala pasada do destino, no protagonista dunha triste noticia: a do seu pasamento repentino, no centro de Madrid, a onde viaxara para impartir unha conferencia nunha universidade. Xornalista de nacemento e de vocación, Alonso era todo un referente entre o colectivo de profesionais que nos adicamos a este noble e duro oficio de contar o día a día. Ós seus 60 anos, cumpridos o día de San Martiño, viña de prexubilarse despois de catro décadas adicado por enteiro á súa profesión, a de xornalista, que antepuxo á súa outra vocación inicial, a de mestre. Xefe, nalgúns casos, e compañeiro, noutros, Alonso —como lle chamabamos todos— estaba sempre aí, lembrándonos ás outras xeracións os corenta anos de profesión testemuñas da historia máis recente de Lugo. Catro décadas de crónicas políticas, locais ou sociais labradas primeiro a golpe de máquina de escribir e, nos últimos anos, de ordenador.

Alonso deixounos, pero se algún privilexio ten esta profesión é a de poder seguir vivo, a través do tempo, no papel impreso. O que queda aí, nas hemerotecas. O que forma parte da historia cotiá de Lugo. Unha historia que el contou, día a día, desde o seu posto de traballo, cumprindo coa súa paixón: a de ser cronista da vida mesma.

O colectivo de xornalistas de Lugo queremos facer público o noso pesar polo seu pasamento e solidarizámonos, cunha forte aperta, coa súa dona, Ester, e os seus fillos, Martín e Enma, tamén compañeira nosa de profesión.

Alonso, para nós, non morreu. Seguirá aí. Por iso mesmo, vénme agora á cabeza as súas palabras de despedida cando remataba a súa xornada laboral: “Deica mañá”. Si, deica mañá, compañeiro.

Pola miña banda, so queda decirche, deica mañá, e gracias, moitas gracias.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
mar 02

Pepe Rubianes, actor de teatro, cine e televisión ademáis de director de escena, morreu onte os 61 anos en Barcelona. Naceu en 1947 en Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, aínda que residía en Barcelona. Comenzou no teatro con grupos como Dagoll Dagom e Teatre Lliure, a súa fama debese os seus espectáculos en solitario ("Lorca eran todos" era a súa mellor obra), nos que daba renda solta ao seu sardónico sentido do humor.
Aínda que saltou a fama pola súa celebre cita: «a mí, la unidad de España me suda la polla por delante y por detrás, que se metan a España en el puto culo, a ver si les explota dentro y les quedan los huevos colgando del campanario»

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google