Podedes ver máis fotos de Baldomero Pestana neste enlace. Nesta imaxe Gabriel García Márquez correxindo a traducción fancesa de “Cien años de soledad”.


Son muitas as cousas que se poden contar e sobre todo ver do gran Paco Pestana. Xa fai ven tempo queintento seguir que fai, ou en que anda metido. Este extenso artículo sacado do xornal el País, pero obra de Xoán Abelaira, fai un interesante repaso pola súa obra e vida.
Publicado por Xoán Abeleira en Fotografías de meu, da serie “O creador no seu obradoiro” (El País) .
De raparigo, en Peredo, parroquia da Frairía, Paco Pestana endexamais saía da casa sen unha aguillada de abeleira. “Coma os zahorís que embalsaman pozos coas súas mans, agochando das fontes o seu rumor”. Alí, entre os penedos da montaña, “a miña mai aprendeume o xeito de tratar coas cobras. Cando batía cunha, tocáballe a cabeza coa galla, e a becha ficaba paralizada un intre. Asegúrocho! Non sei qué carallo terá esa arbore mais o certo é que funciona.” O seu outro pasatempo preferido era cazar mouchos. E dos mouchos -cousa lóxica- pasou ás tebras. “Deume por persegui-la miña sombra, si, pero endexamais a apresaba! Supoño que por iso, co tempo, devín neste cazador de sombras…”
…continua lendo Paco Pestana: o Cazador de Sombras
Hoxe é un día triste. Un suceso como o que contan centos de páxinas web e medios de comunicación dun sábado que ademáis de chuvioso foi negro, e que aínda non se acaba de creer. Deixa un oco difícil de cubrir.
Nalgún momento das nosas vidas (antes ou despois) planteamonos e preguntamonos qué será das nosas cousas, as que acumulamos ao largo dunha vida. Quén as recollerá, gardará ou tirará. Quén… pero sobre todo o PORQUÉ desas cousas.
Non ten fácil resposta, é sinteste como unha ferida na que estiveras vertendo sal e limón… Carlos xa non estará aquí pero todos recordaremos unha parte del.
E sobre todo temos que recordar, os accidentes de tráfico non dan unha segunda oportunidade.
Desde o pasado 26 de maio Jesús García Juanes ten ante sí outro dos seus retos, aínda que este sin reinvindicación explícita, a Transpirenaica. Desta volta consiste en cruzar os Pireneos desde a costa mediterránea ata a cantábrica en patinete, especialmente diseñado para a ocasión en Finlandia, e no que levará todo o material que precise para poder levar o mellor posible o seu traxecto.
Terá que cubrir uns 1.000 quilómetros de distancia, con varias ascensións a portos de máis de 2.000 metros de altitude, como o de Fuente Dé (un dos máis emblemáticos e turísticos portos de Cantabria), polo que ao final do traxecto terase enfrentado a preto de 23.000 “metros de desnivel acumulado”.
Todo esto é muito máis contao no seu blog, día a día, e detalle a detalle; tamén escribe sobre como foi o preparación, os ‘apaños’ do seu patinete, e como non poder repasar todalas súas aventuras.
Moita Sorte!



Replicantes…