mar 10

Podedes ver máis fotos de Baldomero Pestana neste enlace. Nesta imaxe Gabriel García Márquez correxindo a traducción fancesa de "Cien años de soledad".

García Márquez corrigiendo la traducción francesa de 'Cien años de soledad'

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
feb 22

Paco Pestana

Son muitas as cousas que se poden contar e sobre todo ver do gran Paco Pestana. Xa fai ven tempo queintento seguir que fai, ou en que anda metido. Este extenso artículo sacado do xornal el País, pero obra de Xoán Abelaira, fai un interesante repaso pola súa obra e vida.

Publicado por Xoán Abeleira en Fotografías de meu, da serie "O creador no seu obradoiro" (El País) .
De raparigo, en Peredo, parroquia da Frairía, Paco Pestana endexamais saía da casa sen unha aguillada de abeleira. “Coma os zahorís que embalsaman pozos coas súas mans, agochando das fontes o seu rumor”. Alí, entre os penedos da montaña, “a miña mai aprendeume o xeito de tratar coas cobras. Cando batía cunha, tocáballe a cabeza coa galla, e a becha ficaba paralizada un intre. Asegúrocho! Non sei qué carallo terá esa arbore mais o certo é que funciona.” O seu outro pasatempo preferido era cazar mouchos. E dos mouchos -cousa lóxica- pasou ás tebras. “Deume por persegui-la miña sombra, si, pero endexamais a apresaba! Supoño que por iso, co tempo, devín neste cazador de sombras…
...continua lendo Paco Pestana: o Cazador de Sombras

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
nov 30

Hoxe é un día triste. Un suceso como o que contan centos de páxinas web e medios de comunicación dun sábado que ademáis de chuvioso foi negro, e que aínda non se acaba de creer. Deixa un oco difícil de cubrir.

Nalgún momento das nosas vidas (antes ou despois) planteamonos e preguntamonos qué será das nosas cousas, as que acumulamos ao largo dunha vida. Quén as recollerá, gardará ou tirará. Quén... pero sobre todo o PORQUÉ desas cousas.

Non ten fácil resposta, é sinteste como unha ferida na que estiveras vertendo sal e limón... Carlos xa non estará aquí pero todos recordaremos unha parte del.

E sobre todo temos que recordar, os accidentes de tráfico non dan unha segunda oportunidade.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
mai 28

Desde o pasado 26 de maio Jesús García Juanes ten ante sí outro dos seus retos, aínda que este sin reinvindicación explícita, a Transpirenaica. Desta volta consiste en cruzar os Pireneos desde a costa mediterránea ata a cantábrica en patinete, especialmente diseñado para a ocasión en Finlandia, e no que levará todo o material que precise para poder levar o mellor posible o seu traxecto.

Terá que cubrir uns 1.000 quilómetros de distancia, con varias ascensións a portos de máis de 2.000 metros de altitude, como o de Fuente Dé (un dos máis emblemáticos e turísticos portos de Cantabria), polo que ao final do traxecto terase enfrentado a preto de 23.000 "metros de desnivel acumulado".

Todo esto é muito máis contao no seu blog, día a día, e detalle a detalle; tamén escribe sobre como foi o preparación, os  'apaños' do seu patinete, e como non poder repasar todalas súas aventuras.

Moita Sorte!

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
xan 15

A cega de peredo na feira en pargaDolores Gómez Lage, "A Cega de Miranda ", tamén coñecida como "A Cega de Peredo " ou tamén "A Pereda", nacida no lugar de Peredo, Castroverde (Lugo), en 1.874, foi moi célebre en boa parte da provincia de Lugo (en Castroverde, Baleira, O corgo, Baralla e Becerreá sobre todo). Aprende a tocar o violín, conta a lenda, pode que con un violinista do lugar de San Cosme (ou barreiros) que se supón fixera fortuna en Arxentina con dito instrumento.
Casou con Antonio Rivera, veciño de Agustín e xuntos foron vivir a Miranda, razón pola que casi toda a xente a identificaba como a Cega de Miranda. Emparellouse unha segunda vez con Antonio -"Cachorro" de mal nome- que a acompañaba tocando no papel de bombo. A cega de peredo, a cega de mirandaDolores traballaba como instrumentista, era solicitada para facer bailes e festas, ainda que tamén se viu obligada a ir de casa en casa pedindo. Como é habitual nos cegos acudía con frecuencia ás feiras e romarías, facéndose coñecer, para que a xente lle pedira que tocara, ou pasaba ela polas mesas interpretando cousas, polo que lle daban un diñeiro.
Na súa vida errática, tiña determinadas casas de especial confianza en varios lugares que cumplían o papel de fogar cando estaba de viaxe, o que non é de extrañar, pois era moi querida aló por onde iba, xa que facía o que podía pola xente.
Conta Jesús "O Moreno" de O Cebreiro (Pedrafita do Cebreiro), que nunha ocasión estaba Dolores tocando na Romería do Cebreiro. Entre a xente había un rapaz que estaba cunha moza á que pretendía, e cantoulle unha copla para a ocasión. Tal vez eran cousas que xa tiña ela preparadas para casos así pero a xente quedaba impresionada coa súa capacidade de improvisación:
Aquel que está de aquel lado
xa lle estudiéin os modelos
cando vai ve-la rapaza
A cega e o seu segundo marido, cachorrodeixa adormece-los vellos
E outra cántiga que ela fixo famosa na súa zona e que coñecen varios veciños é:
Son a cega de Peredo
todos me mandan tocar
pero non hai un que diga
cega, voute convidar

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google