xan 25
Lonxe de entrar a valorar si na manifestación do 21 de xaneiro había máis ou menos xente, si afirmo que alí había Eu amo o galegomoita xente moza, e non tan moza, que sin ser radical vive na nosa fala, a fala dos nosos avós. Parece unha afirmación de esperanza pero eu mesmo me valoro a miña percepción e síntome mal o saber que o apoio que recibe a nosa lingua en realidade é pouco. Tamén escapo de valoracións políticas e do que recolle a proposta de tal “decretazo”, simplemente fun apoiar unha lingua que, encima é a miña, que non está a ser apoiada nin respectada como se debe facer con calquera signo de cultura, sexa cal sexa a súa orixe .Non sei de estatísticas nin nada, pero o que si que sei é que está en perigo. Chego a esta conclusión cun raciocinio simple:

Si en outras épocas de intentos de unificar territorios a base de impoñer unha cultura por riba da outra local (reis Galego outra forma de ver o mundocatólicos, séculos escuros) foi a poboación labrega, mariñeira, proletaria a que mantivo a fala, aínda que con mesturas que hoxe padecemos, o máis semellante á orixinal, en quen recae agora esa labor? . Destaca daqueles tempos, que a maioría da poboación era desa boa caste. Hoxe en día, mantense esa caste, so que con moitos menos efectivos (son especies en perigo de extinción) e manteñen a lingua nai, si pero ca redución das poboacións rurais, o éxodo cara a cidades, e non só iso, ese éxodo podía manter a lingua, pero aínda preparados con niveis de formación superior, parece que non queda ben neses niveis falar na lingua na que os criaron. Unha alternativa a esto sería pensar que vale, pasa eso, pero tamén hai “transfugas” doutras linguas a nosa...poucos coñezo, repito, sen datos estatísticos atrévome a dicir que case ninguén, pero claro está, aplaudo o esforzo e o bo gusto daqueles que o fan.

Non entendo a exaltación dalgún grupo negándose en que seus fillos aprendan en galego, nin que as matemáticas se Amo o galegoentenderan peor na nosa lingua!!, ou sairamos máis burros os que a falamos. Non me sinto radical por expresar o que sinto, e dar o apoio o que me parece xusto, é máis, tomo como miña a frase que moitas veces escoitei, “señor perdóaos, pois non saben o que fan”. Exactamente, non saben o que fan aqueles que esquecen as súas raíces e “maman” doutras axenas, non saben o que fan, pois seguramente a calquera deles lles pareza unha barbaridade a destrución (por poñer un exemplo) de “patrimonio da humanidade” nalgún lugar da China, e sen embargo o seu patrimonio deixan arquivar. Con esto non digo que non se deba estudar outras linguas, o que implica outras culturas, non, todo o contrario, pero non a costa da nosa.

Só unha reflexión máis; con este sistema pasará o que estaba a pasar ate de agora: non saberemos a lingua estranxeira, seguiremos cun nivel baixísimo, perderemos a nosa fala e cultura, e expresámonos mal nunha lingua que tomamos como nosa é que falamos como o carallo.

E outra máis, fixarse nos alumnos de Erasmus que caen na nosa terra, valoran eles mais a nosa lingua, intentando aprendela, cousa contraria que si imos nos alá, que nin intentamos aprender algunha das linguas comunicativas.

Así de listos somos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google -->

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
nov 12

Outro mundo é posibleUnha  noite, vendo en “informe semanal” un reportaxe sobre voluntarios dinme de conta a cantidade de xentiña que o deixa todo, tódalas suas comodidades para axudar os demais. Eses si son heroes.

Axudan, organizan, traballan con teimosía para que aquel mundo sexa un pouco mellor para os que nel viven. Só por un intre e digo só un intre porque se o fixéramos moito de seguro que estaríamos en depresión emocional, deberíamos pensar na posibilidade de que eso cambiase, si, de que en lugar de ser o norte rico fora o sur e de que en lugar de ser eles os que andan descalzos e famentos fósemos nos. O mellor non está tan lonxe, ou secadra o mereceríamos.

cambio climáticoQue os nosos bosques foses deles, que os nosos ríos os explotaran as súas multinacionais, que nos venderan armas, que o noso goberno se vendera o seu por nada. Unha cousa ai que ter clara, que si nos estamos así de ben, porque a pesar de todo estamos moi ben, é porque eles están mal, e non hai mais voltas que darlle, e o igual que pasa cos días de Navidade, data na que nos acordamos mais deso, ou días nos que sae algo nas noticias, este relato servirá para eso, como moito lelo, e dicir, pois si que é certo, e nada máis , e non se faga nada.

E como o imos facer!!! Si somos uns comodóns...nos que nos agobiamos por nada, por problemas de si saco a carreira, de si merco coche, que si facemos uns panteóns caros de non sei que pedra, a lámpada da casa de non sei cantos euros, pero que puta merda é esa en comparanza co que morre un neno non mundo cada non sei cantos segundos de fame!!!

Pero que puta merda de mundo é naqel no que se gasta máis unha nación en armas que o que custa darlles de comer a todos eles. Pero digo eu, seguramente estea barrenado o pensar esto, e esto pasarame, e seguirei coa miña vida, as presas, “paquí, palá”, conseguir isto, aquelo, e de todo esto nacen os nosos problemas, da abundancia (obesos, depresión, xente histérica, codiza, malhumorados sempre, viciosos, arrogantes, obsesivos, hipócritas, soberbios, Comunicacion no mundoprepotentes...) todo isto, penso, desaparecería no momento no que se equilibrara a balanza. É moi sinxelo de facer, eles co seu mais básico, e nos co nosos tamén máis básico, ah!!!! Pero non!!, como vamos ser tan básicos!!!, eles si deben ser, e máis agora que con “eso” do rollito do cambio climático está ben que sexan así que non contaminen, e así ademais comen a nosa merda... pero que noxo teño de todos nos hoxe!!!.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
out 27

Eso é o que lle parecería a calquera que parase o seu ritmo de vida durante un par de minutos e reparara no que acontece o noso redor.

mundo o revésMultinacionais que poñen en xaque a gobernos, protagonismo esaxerado de relixións, desastres naturais, invasión de zonas únicas, sometemento das poucas tribus illadas que quedan, i é que da a impresión de que o mundo que coñecemos estea dirixido por algo, como unha man negra, que intenta levalo a deriba.

E que se pode esperar dun mundo no que en lugar de crear cousas para cubrir as nosas necesidades, dende sempre se fixo ó revés, creanse cousas, e logo créase  a necesidade para ter que empregalas, ainda que a súa utilización non sexa para nada lóxica nin racional, e secadra de aquí veña o que moitos científicos digan que somos o animal menos racional que existe.

Terase que facer un maior esforzo na integración de compoñentes, na facilidade do seu uso, na mellora da súa

O mundo o revés

fiabilidade e sobre todo na axuda cara á interpretación das necesidades reais. Así por exemplo, a un agricultor de nada lle serve ter moita información se non se emprega, polo tanto o reto futuro será o de xeralizar cada vez máis o emprego de dispositivos que grandes multinacionais crean para satisfacer necesidades posteriores, pero facelo de maneira útil e sinxela e non como unha moda que o único que fai é crear incertidume nos agricultores. Así por exemplo uns investigadores (Lamb et al. 2008) observan que a adopción das tecnoloxías da “agricultura de precisión” é menor do esperado polo feito de que existe unha diferencia entre oque desenvolven os investigadores e o que precisan os agricultores.

E falo dos agricultores por citar un exemplo, pero o consumidor común temos ese mesmo problema, gastamos cada vez mais no que non tería que ser necesario, pero que outra xente nos fai creer que si é.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
xun 25

Na compaña duns amigos visitei outros amigos que se atopaban no terreo de Hércules, disfrutando da noite de Lume Novo. Moita festa e troula se vivía, e nese momento foi no que cavilei nas lembranzas desa noite nos pobos.

Aquela ansia que tiñamos de celebrar ese día, xuntarnos os raparigos e ir buscar leña o monte nas carretas, coller da nosa propia caseta, ou dunha caseta allea unha cantas estelas, loita para levar aquela cepa enorme de tódolos anos e que nunca a dabas levado, procura de latas vellas de gasolina para tirar o lume e esperar o seu estoupido,..que vivencias esas. E esa noite, facer o lume máis alto posible, que fora máis alto cos do resto do pobo, pois en moitos, coma no meu, facíase por lugares, os do “corral de arriba e os de baixo”. Falo de daquela, cando se vían alumear os lumes doutros pobos “os de Vilaboa xa acenderon o seu”. Atábamos na bicicleta latas e facíamos ruído, moito ruído, saltábamos a fogueira...e logo uns días despois de novo o Lume Vello. Xa creo que en moitos lugares se esquecen dil. Eu vivíao dunha maneira como máis íntima, os da casa un pouco de leña e nada máis.

Hoxe en día, coma ocorre con moitas cousas, está a desaparecer todo. Seica xa poñen trabas para facelo, que ten que facerse un responsable, pedir permiso, ter auga preto...e xa só se aproveita para queimar basura ou restos de rozas. Si o lume se fixo toda a vida e nada pasou. Arde monte por outras causas pero non por facer o Lume novo ou o Lume vello, que culpa teñen as nosas tradicións.

xun 01

Ai que vida esa, canto te das conta xa pasaron os mellores anos.

Dura como ningunha, e sacrificada, que vos vou contar, ese sacrificio que se fai á hora de mercar a comida, como aqueles compañeiros que compraban a comida para o mes, ían a “Continente” enchían un carrito de latas de cervexa e outro de salchichas cocidas marca “continente”, e así pasaban o mes!...

A vida da semana; tardes dos luns que quedas, martes ceas na casa dun colega e vas pro karaoque, mércores viñote de batalla e licor café se sobremesa, saída de última hora pra o garito coñecido, xoves a tope e venres cun careto...si si que, vida sacrificada.

Pero non tes nada, nin un duro, todo che chega a nada, alargas a pasta o máis posible pero nada, sácaslle á comida para saír... deberíamos facer unha sección de cociña par estudantes (aí vai unha suxerencia para este blog), pasta con atún (nunca queda o gusto de todos), arroz pasado con ovos, tortilla con ou sen cebola?, bocadillo para ver o televexo e non ter que cociñar, e incluso xexún para o venres.

Aínda que sexa con xexún contamos ás túas peripecias e calamidades! Comparte a túa opinión, interésanos!