abr 01

Vaia termo se sacaron da manga os “neoecoloxistas”. Veñen reclamando que os espacios urbanos sexan máis abertos con zonas verdes e con pequenas hortas. Incluso se está a pensar en instalar as hortas na cima dos edificios como si tales xardins de babilonia se tratara. Eu podo chegar a valorar a idea como positiva, pero que non veñan a decir das hortas novas pois aínda quedan vellas que moito lles poden ensinar. Interior de cidades, Fontiñas en Lugo,Ronda de Brais en A Coruña…mostran aínda unha paisaxe rural. Esa xente que non quere renunciar o seu traballo a súa forma de vida e que invadidos polo formigón non esquecen aquelas primaveras gloriosas do seu trinco de terra.

O vídeo corresponde as hortas urbanas en Lugo, as beiras do río rato. Para pasar as horas... Pincha na imaxe da galega para velo video.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG
Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
mar 25

Gracias a "Undetordea" por este novo artigo sobre emprendemento. Como ben me dixo, o futbol esta a ocupar demasiado espacio, polo que ahí vai unha nova entrega de "O emprendedor".

Traballas para vivir ou vives para traballar?

Respostas rotundas a de moita xente. A maioría da xente afirma que só traballa para poder vivir, que senón non o faría. Pero digo eu, si realmente o pensamos así e afirmamos que traballamos para vivir, logo vivimos, e si vivimos temos que traballar, entón vivimos para traballar, ou non?. É unha encrucillada como o propio traballo.

Hoxe o traballo está como está, e secadra é o momento de porse a mandar un nun mesmo, ser o xefe e empregado. Ter ansia por algo, aquelo que te das conta que non che custa nada facer e que gustas de facelo. Pos moito da túa parte, a pouca recompensa que as veces recibes sábeche a gloria. Non che importa gañar máis ou menos o principio, só solucionar os problemas que se che plantexan, ai! que ben sabe o traballado ben feito por un. Eses agradecementos esas mencions especiais, si, sempre buscamos o fin lucrativo nos nosos actos, pero estes non son os que mellor nos saben.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
xan 27

Pódese definir como aquela persoa que comeza unha actividade nova ou cando menos orixinal. Tamén pode ser aquel que aínda que non comeza con algo novedoso si o deixa todo un bo día, e decídese cambiar totalmente a súa actividade. Emprende unha nova vida se di, é un emprendedor.

Penso nesa persoa que atoallado pola vida monótona que leva, seguramente urbana, renuncia a falsas comodidades e decide voltar a casa que algún día foi da súa avoa, comeza unha actividade nova, busca relaxación, saborear máis a vida, como o que gusta dun bo wiskey, lentamente, a groliños, na busca de matices.

Penso tamén nese que cambia a súa vida laboral arrastrada, de pelele e seguidor de doutrinas impostas por tempos pasados, xa case levando a súa labor de maneira desinteresada...para cumprir un soño. Ese soño que todos temos, o noso soño, ou o soño de nosas nais, ou o de un amigo. Ese “personaxe”que volve ás raíces da industria, se dedica a artesanía, é debuxante, non hippie, pero si traballador, de saber profundo e herdable, carpinteiro, restaurador, silleiro, zoqueiro, cesterio...porque el prefire vivir o ancho e non o longo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
nov 06

Cando se fai a pregunta de o porque cambia a hora todo o mundo di que é para aforrar enerxía, está claro…pero en que medida, quen aforra, lle totalmente certo esa afirmación?. Din que se aforra porque se aproveitan máis horas de luz, pero digo eu para que queremos horas de luz si sexa de día ou sexa de noite, sexa un día escuro ou claro as luces por exemplo, nas oficinas están sempre acesas. Vas entrar nunha cidade grande e a altas horas de madrugada ves os edificios enormes de oficinas todos iluminados, parecen todos hoteis. E o alumeado público non creo que apague antes ou despois, incluso se ven acesas de día.

Malgastes como o de ter en días de calor a calefacción funcionando e pasar de repente poñer o aire acondicionado a todo gas é moi común nos edificios públicos.

Pero realmente quen sufre as consecuencias do cambio horario?

Esas señoriñas que se atopan un domingo pola mañá co cambio horario feito…xa o día antes preguntaran a que hora era a misa e lles dixeron que as 10 coma sempre, pero elas dixeron , pola hora nova ou pola vella?…a pos non che sei..e aló vai a ansiosa da muller unha hora antes, ás 9 a porta da igrexa.. non vaia ser que vella pola hora vella, ou a nova.

Igual pasa co bus, esperar o bus, certamente dos que están a esperar ninguén ten a seguranza de que vai pasar á hora de sempre, bueno de sempre si, pero pola nova ou pola vella?

E o máis importante, cal é a verdadeira hora, a nova ou a vella.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
set 25

Adicado o Enxeñeiro Agrícola que envio esta adiña o meu correo. Felicidades, ou como che gusta a ti... parabens¡¡¡¡ Xa estás capacitado para subir o precio dos creditos de novo, e chupar subvencions a mansalva¡¡ A celebralo¡¡¡¡

Vamos coa adiviña... e antes de nada lee esta advertencia moi importante;
Advertencia: Ten en conta que non hai trampas, non hai cousas escondidas,
todo está á vista.

Algo máis: se non coñeces o exemplo, permíteme unha suxestión. Trata de pensalo só porque vale a pena. En particular, porque demostra que o que cres sobre ti mesmo ao mellor non é tan certo. Ou, en todo caso, é incompleto.

Antonio, pai de Roberto, un neno de 8 anos, sae conducindo desde a súa casa en Santiago diríxese rumbo a Viña del Mar.

Roberto, vai con el.

No camiño prodúcese un terríbel accidente. Un camión, que viña de fronte, sáse da autopista e embiste ao auto de Antonio

O impacto mata instantáneamente a Antonio, pero Roberto segue con vida.

Unha ambulancia de Viña del Mar chega case de inmediato, advertida polas testemuñas, e o neno é trasladado ao hospital.

Nada máis chegar, os médicos de garda comezan a tratar ao neno con moita dedicación pero, despois de intercambiar opinións e estabilizalo, deciden que non poden resolver o problema de Roberto. Necesitan consultar. Ademáis, advirten o risco de trasladar ao neno e, por iso, deciden deixalo internado alí, en Viña del Mar. Despois das consultas pertinentes, comunícanse co Hospital de Nenos de Santiago e finalmente conversan cunha eminencia no tema, a quen poñen en coñecemento do ocurrido. Como todos concordan en que o mellor é deixar a Roberto en Viña del Mar, a eminencia decide viaxar directamente desde Santiago cara alá.

Os médicos do lugar preséntanlle o caso e esperan ansiosos a súa opinión .
Finalmente, un deles é o primeiro en falar: 'Está vostede en condicións de tratar ao neno?', pregunta cun fío de voz.

E obtén a seguinte resposta: - 'Como non o vou tratar se é o meu fillo!'.

Ben, ata aquí, a historia. Está en ti o tratar de pensar unha maneira de que teña sentido. Como non compartimos a habitación, ou onde sexa que esteas, insisto en que non hai trampas, non hai nada oculto. E antes de que leas a solución, quero agregar algúns datos:

Antonio non é o padrastro.

Antonio non é cura.

Agora sí, déixote na compaña da túa imaxinación. Iso sí, suxíroche que leas outra vez a descrición do problema e, creme, é moi, moi sinxelo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google