Xuñ 01
-->

Ai que vida esa, canto te das conta xa pasaron os mellores anos.

Dura como ningunha, e sacrificada, que vos vou contar, ese sacrificio que se fai á hora de mercar a comida, como aqueles compañeiros que compraban a comida para o mes, ían a “Continente” enchían un carrito de latas de cervexa e outro de salchichas cocidas marca “continente”, e así pasaban o mes!…

A vida da semana; tardes dos luns que quedas, martes ceas na casa dun colega e vas pro karaoque, mércores viñote de batalla e licor café se sobremesa, saída de última hora pra o garito coñecido, xoves a tope e venres cun careto…si si que, vida sacrificada.


Pero non tes nada, nin un duro, todo che chega a nada, alargas a pasta o máis posible pero nada, sácaslle á comida para saír… deberíamos facer unha sección de cociña par estudantes (aí vai unha suxerencia para este blog), pasta con atún (nunca queda o gusto de todos), arroz pasado con ovos, tortilla con ou sen cebola?, bocadillo para ver o televexo e non ter que cociñar, e incluso xexún para o venres.

Aínda que sexa con xexún contamos ás túas peripecias e calamidades! Comparte a túa opinión, interésanos!

Chuzame! A Facebook A Twitter
Abr 01
-->

Vaia termo se sacaron da manga os “neoecoloxistas”. Veñen reclamando que os espacios urbanos sexan máis abertos con zonas verdes e con pequenas hortas. Incluso se está a pensar en instalar as hortas na cima dos edificios como si tales xardins de babilonia se tratara. Eu podo chegar a valorar a idea como positiva, pero que non veñan a decir das hortas novas pois aínda quedan vellas que moito lles poden ensinar. Interior de cidades, Fontiñas en Lugo,Ronda de Brais en A Coruña…mostran aínda unha paisaxe rural. Esa xente que non quere renunciar o seu traballo a súa forma de vida e que invadidos polo formigón non esquecen aquelas primaveras gloriosas do seu trinco de terra.

O vídeo corresponde as hortas urbanas en Lugo, as beiras do río rato. Para pasar as horas… Pincha na imaxe da galega para velo video.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG
Chuzame! A Facebook A Twitter
Mar 25
-->

Gracias a “Undetordea” por este novo artigo sobre emprendemento. Como ben me dixo, o futbol esta a ocupar demasiado espacio, polo que ahí vai unha nova entrega de “O emprendedor”.

Traballas para vivir ou vives para traballar?

Respostas rotundas a de moita xente. A maioría da xente afirma que só traballa para poder vivir, que senón non o faría. Pero digo eu, si realmente o pensamos así e afirmamos que traballamos para vivir, logo vivimos, e si vivimos temos que traballar, entón vivimos para traballar, ou non?. É unha encrucillada como o propio traballo.

Hoxe o traballo está como está, e secadra é o momento de porse a mandar un nun mesmo, ser o xefe e empregado. Ter ansia por algo, aquelo que te das conta que non che custa nada facer e que gustas de facelo. Pos moito da túa parte, a pouca recompensa que as veces recibes sábeche a gloria. Non che importa gañar máis ou menos o principio, só solucionar os problemas que se che plantexan, ai! que ben sabe o traballado ben feito por un. Eses agradecementos esas mencions especiais, si, sempre buscamos o fin lucrativo nos nosos actos, pero estes non son os que mellor nos saben.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Xan 27
-->

Pódese definir como aquela persoa que comeza unha actividade nova ou cando menos orixinal. Tamén pode ser aquel que aínda que non comeza con algo novedoso si o deixa todo un bo día, e decídese cambiar totalmente a súa actividade. Emprende unha nova vida se di, é un emprendedor.

Penso nesa persoa que atoallado pola vida monótona que leva, seguramente urbana, renuncia a falsas comodidades e decide voltar a casa que algún día foi da súa avoa, comeza unha actividade nova, busca relaxación, saborear máis a vida, como o que gusta dun bo wiskey, lentamente, a groliños, na busca de matices.

Penso tamén nese que cambia a súa vida laboral arrastrada, de pelele e seguidor de doutrinas impostas por tempos pasados, xa case levando a súa labor de maneira desinteresada…para cumprir un soño. Ese soño que todos temos, o noso soño, ou o soño de nosas nais, ou o de un amigo. Ese “personaxe”que volve ás raíces da industria, se dedica a artesanía, é debuxante, non hippie, pero si traballador, de saber profundo e herdable, carpinteiro, restaurador, silleiro, zoqueiro, cesterio…porque el prefire vivir o ancho e non o longo.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Nov 06
-->

Cando se fai a pregunta de o porque cambia a hora todo o mundo di que é para aforrar enerxía, está claro…pero en que medida, quen aforra, lle totalmente certo esa afirmación?. Din que se aforra porque se aproveitan máis horas de luz, pero digo eu para que queremos horas de luz si sexa de día ou sexa de noite, sexa un día escuro ou claro as luces por exemplo, nas oficinas están sempre acesas. Vas entrar nunha cidade grande e a altas horas de madrugada ves os edificios enormes de oficinas todos iluminados, parecen todos hoteis. E o alumeado público non creo que apague antes ou despois, incluso se ven acesas de día.

Malgastes como o de ter en días de calor a calefacción funcionando e pasar de repente poñer o aire acondicionado a todo gas é moi común nos edificios públicos.

Pero realmente quen sufre as consecuencias do cambio horario?

Esas señoriñas que se atopan un domingo pola mañá co cambio horario feito…xa o día antes preguntaran a que hora era a misa e lles dixeron que as 10 coma sempre, pero elas dixeron , pola hora nova ou pola vella?…a pos non che sei..e aló vai a ansiosa da muller unha hora antes, ás 9 a porta da igrexa.. non vaia ser que vella pola hora vella, ou a nova.

Igual pasa co bus, esperar o bus, certamente dos que están a esperar ninguén ten a seguranza de que vai pasar á hora de sempre, bueno de sempre si, pero pola nova ou pola vella?

E o máis importante, cal é a verdadeira hora, a nova ou a vella.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp