xun 11

Onte confirmaronse os investimentos da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil no noso concello. Serán unhos 180.000 € en obras en Castroverde con cargo ao Plan E. Así o confirmou o presidente da confederación, Francisco Un regato calqueraFernández Liñares, co alcalde, Xosé María Arias Fernández.

Serán actuacións no río Chamoso, tamén coñecido como Recesende, e outra no Rego da Feira. Segundo aclara o progreso e a voz de Galicia, a Confederación procederá á recuperación e acondicionamento deste caudal situado nas inmediacións do campo da festa(aínda que xa non se celebra alí) e das piscinas municipais(aínda sin terminar). As obras consistirán no acondicionamento das marxes e na suxeción da ribeira con mantas de coco (mantas de fibra de coco para envolvelo solo contra a erosión do chan). Esta actuación suporá un investimento que pode variar entre os 60.000 e 80.000 €.

Nas inmediacións do Camiño Primitivo de Santiago, o obxectivo e a creaciçon dunha área de descanso, a beira do río Chamoso. Será un investimento de arredor dos 100.000 €.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
xun 10


Probando shozu¡¡

Aquí tedes, o resultado. Gracias a Pedro, a cara visible da blogaliza, que deu con shozu, e podemos publicar as nosas fotos, textos, vídeos,  ou o que sexa a través do móvil. Felicidades por este novo avance.

Na imaxe podedes ver a captura da pantalla na páxina de shozu, e ademais a sorpresa para a festa da sd castroverde!!

P.D. O texto foi editado desde o panel de control!!!

Posted by ShoZu

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
xun 09

Hoxe emitirase o moi comentado documental 'Caixa Negra' . Fálase incluso dun acto de censura na TVG, aínda que non todos os contidos que compra a TVG son finalmente publicados, parece que tan so demoraron a emisión.
Por se queredes ver o vídeo(esta noite na TVG, ou aquí o vídeo completo), para despois opinar con propiedade da Crise das Vacas Tolas, velaquí tedes a reportaxe completa, que subiron a YouTube (aínda que non sei se aguantará moito, pois supoño que os dereitos de emisión pertencen á TVG):

Un moi bon documental, no que un xenial 'Gonzo' danos as claves da crise das vacas tolas, os erros, os acertos, personalismos... moi recomendable!

Seguro que recordades algunhas cousas... a vosa visión...

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
xun 08

Publico este vídeo da concelleira de Santa Cruz de Tenerife (desconozco a que grupo político pertenece cada un dos que interveñen, se alguén se anima a investigar...), afirmando que para ela non constaba ningunha relación de locales cedidos a organizacions coas siglas “ONG” con estas palabras:  “La relación de locales que solicita con las siglas ONG no figura ninguna”. "Si figura uno a nombre de Cruz Roja...". A resposta que da doña Esther Sarraute. Despois interveñen o alcalde, que comprende o enfado do grupo opositor  que fixo a pregunta, e incluso medianamente avergonzado  sae o corte decindo que é unha concanetación de errores”.

Máis tarde a concelleira intenta solucionalo botando a culpa os funcionarios, e na seguinte intervención quitandolla e asumindo un pouco de responsabilidade(quizais) para terminar decindo que  "quizá deberían ser os polítcos quen revisaran os documentos" pero solo quizais. Afirma tan tranquila que está reproducindo unhos documentos que nin sequera foi capaz de mirar(quizais). O alcalde o señor Zerolo dice en relación o erro de bulto da súa concelleira que non é máis que “un gazapo” e todo finiquitado.

Deixo o vídeo que non ten desperdicio(aínda que un pouco largo de máis):

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
xun 04

Segundo publica a Voz de Galicia, o portavoz do BNG de Castroverde, Paulo Ferreiro, ven de presentar unha proposta para que o polideportivo municipal permanezca aberto durante máis tempo. Sigue a voz, Ferreiro pretende que as instalacións estean abertas ás horas nas que os mozos aproveitan para facer deporte, sobre todo agora que se aproximan as vacacións.

E tamén se podería ampliar as instalacion do campo de fútbol, a organización de máis eventos deportivos... hai moito por facer.  Aproveitar este texto para convocar a todos os rapaces en idade xuvenil que visiten este link.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google