nov 30

Hoxe é un día triste. Un suceso como o que contan centos de páxinas web e medios de comunicación dun sábado que ademáis de chuvioso foi negro, e que aínda non se acaba de creer. Deixa un oco difícil de cubrir.

Nalgún momento das nosas vidas (antes ou despois) planteamonos e preguntamonos qué será das nosas cousas, as que acumulamos ao largo dunha vida. Quén as recollerá, gardará ou tirará. Quén... pero sobre todo o PORQUÉ desas cousas.

Non ten fácil resposta, é sinteste como unha ferida na que estiveras vertendo sal e limón... Carlos xa non estará aquí pero todos recordaremos unha parte del.

E sobre todo temos que recordar, os accidentes de tráfico non dan unha segunda oportunidade.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
out 21

Foron moitas as noticias, algunhas moi alarmantes pero finalmente todo quedou nun susto. Finalmente non foron tres os feridos, senón catro dos 14 (Pombo, Desi, Guti  e Michy) todos de Castroverde. O bus no que viaxaban da empresa Hervei caeu riba dos arboles nun pequeno desnivel en Romeán. Foi na antigua Lu - 630 na parroquia de Romeán, en sentido Lugo, sobre as 08:00.

Foron eles mesmos quen avisaron ao 112. Foi un de masoucos, o Rufo (o de baixo) o que pudio romper un dos cristales da minibus para sair todos polo seu propio pe. O lugar do accidente acudiron desde a Gardia Civil, ambulancias...

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Xa están todos máis que recuperados aínda que o susto seguro que lles dura: «Pasamos moito medo porque víamos vir a morte enriba de nós. Non sabiamos se ou autobús ía seguir dando voltas polo barranco. Grazas a Deus estamos todos vivos»

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
set 25

Adicado o Enxeñeiro Agrícola que envio esta adiña o meu correo. Felicidades, ou como che gusta a ti... parabens¡¡¡¡ Xa estás capacitado para subir o precio dos creditos de novo, e chupar subvencions a mansalva¡¡ A celebralo¡¡¡¡

Vamos coa adiviña... e antes de nada lee esta advertencia moi importante;
Advertencia: Ten en conta que non hai trampas, non hai cousas escondidas,
todo está á vista.

Algo máis: se non coñeces o exemplo, permíteme unha suxestión. Trata de pensalo só porque vale a pena. En particular, porque demostra que o que cres sobre ti mesmo ao mellor non é tan certo. Ou, en todo caso, é incompleto.

Antonio, pai de Roberto, un neno de 8 anos, sae conducindo desde a súa casa en Santiago diríxese rumbo a Viña del Mar.

Roberto, vai con el.

No camiño prodúcese un terríbel accidente. Un camión, que viña de fronte, sáse da autopista e embiste ao auto de Antonio

O impacto mata instantáneamente a Antonio, pero Roberto segue con vida.

Unha ambulancia de Viña del Mar chega case de inmediato, advertida polas testemuñas, e o neno é trasladado ao hospital.

Nada máis chegar, os médicos de garda comezan a tratar ao neno con moita dedicación pero, despois de intercambiar opinións e estabilizalo, deciden que non poden resolver o problema de Roberto. Necesitan consultar. Ademáis, advirten o risco de trasladar ao neno e, por iso, deciden deixalo internado alí, en Viña del Mar. Despois das consultas pertinentes, comunícanse co Hospital de Nenos de Santiago e finalmente conversan cunha eminencia no tema, a quen poñen en coñecemento do ocurrido. Como todos concordan en que o mellor é deixar a Roberto en Viña del Mar, a eminencia decide viaxar directamente desde Santiago cara alá.

Os médicos do lugar preséntanlle o caso e esperan ansiosos a súa opinión .
Finalmente, un deles é o primeiro en falar: 'Está vostede en condicións de tratar ao neno?', pregunta cun fío de voz.

E obtén a seguinte resposta: - 'Como non o vou tratar se é o meu fillo!'.

Ben, ata aquí, a historia. Está en ti o tratar de pensar unha maneira de que teña sentido. Como non compartimos a habitación, ou onde sexa que esteas, insisto en que non hai trampas, non hai nada oculto. E antes de que leas a solución, quero agregar algúns datos:

Antonio non é o padrastro.

Antonio non é cura.

Agora sí, déixote na compaña da túa imaxinación. Iso sí, suxíroche que leas outra vez a descrición do problema e, creme, é moi, moi sinxelo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
xull 02

I am sorry, this option is not yet available. If you are interested, you can try this one: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google