‘Cruce de caminos‘ é un programa de TVE que recorre sete rutas do Camiño de Santiago coa axuda de peregrinos de diferentes procedencias que van expresando os seus sentimintos falando ao espectador da súa experiencia vital, con información sobre o arte, costumes e paisexes dos diferentes lugares visitados.
No seguinte vídeo deixo o paso de Jorge, que aínda que atribue vilabade a baleira, o programa non ten desperdicio:
Xa pasou máis dun ano cando se anunciou a creación dun albergue en Tarrío.Desde aquela ningunha noticia máis. Pero esta pasada semana vense de conceder a licencia definitiva.
Do que nada se comenta, é que no seu día se fixo xunto co albergue, foi da actuación prevista en Soutomerille.
A rehabilitación deste núcleo terá que esperar a mellores tampos para coller de novo vida e romper o silencio.
|
|
De cara ao Xacobeo 2010, Castroverde por fin disporá de dous albergues(Un en Tarrío, e outro as aforas da vila) para os peregrinos que recorran o camiño primitivo. Será a través da concellería de Innovación e Industria de cara a potenciar os diferentes camiños. Están previstas arredor de 50 intervencións de variada tipoloxía, dende dotacións de albergues e servizos até melloras no patrimonio histórico e artístico, pasando por actuacións nas propias trazas das rutas e espazos públicos.

Tamén cómpre salientar un conxunto de actuacións especiais pola súa singularidade, tal e como é a rehabilitación do núcleo protexido de Soutomerille (en Castroverde).
Soutomerille, quizais a parroquia máis popular do concello, e non pola súa xente, senón polo silencio. Ten o triste honor de ser a primeira parroquia do concello(espero non estar equivocado) de estar deshabitada. En tempos atrás importante núcleo, contou incluso cun mosteiro, hoxe en día só se conservan as ruinas das casas, e parte das ruinas da súa igrexa prerrománica ou mozárabe (os entendidos non se poñen de acordo), con reformas do S. XVII grabadas na pedra. Hoxe só é silencio, nin San Salvador(o seu patrón) a puido recuperar. Con esta reforma, desaparecerá o silencio?
O rexedor explicou que para dar o visto e prace á obra restaba por obter a autorización da Confederación Hidrográfica, necesaria xa que as instalacións construiranse preto dun arroio. Arias sinalou que, tras superarse este trámite, a S.A. de Xestión do Xacobeo xa pode sacar a licitación a obra, proceso que espera que non se demore para que o local poida estar rematado para o verán, cando se espera unha maior afluencia de peregrinos.
construción e contará con 30 prazas. Disporá de dous dormitorios con sete literas cada un, dúas habitacións adaptadas para persoas con discapacidade e aseos tamén adaptados, ademais doutros espazos comúns como cociña, comedor e sala de estar.
O listado de deficiencias e descoidos que sofre o Camiño Primitivo é intermináble.
Castroverde, a Casa-Torre, a igrexa, o Hospital de Gondar ou toda a contorna do pobo de Soutomerille.
Replicantes…