Xa fai unhos días que non estou a actulizar a fiestra. O san froilán, tamén coñecido como San Pailán, e algo de lectura
xurídica, etc, etc estanme a roubar todo o tempo. A lectura destas leis débese a que estou a punto de presentarme a unhas oposicions (quén o diría). O certo é que son tempos de paro, xa estamos en máis de 3.500.000 de personas (A noticia é deste días) .
Con este panorama a xente non invirte, non invirte porque os bancos no dan facilidades. Se a esto lle sumas que a capacidade emprendedora dos españois está a altura, polo menos polo menos, do betún...
En tódolos lugares hai carteis que din "se vende" ou "se alquila" e moito máis nos baixos comerciais polo que todos buscan(mos) un empleo en empresas públicas que aseguren o futuro. Unhos con bolsas nas universidades, aínda que o traballo sexa ordenar
alfabeticamente unhas credencias para un congreso da supervivencia do caracol común, outros nos corpos e forzas de seguridade do estado, e os demáis na administración, nalgunha das múltiples existentes, eso é o de menos.
O certo é que buscar academia está complicado(non fun quen de atopar unha), e chegas a pensar... "se tivera catro pesos montaría unha academia para enseñarlle a xente como estudiar". Non parece tan complicado, pero claro despois ven a segunda parte, aínda máis complexa. Moverse nas oscuras alcantarillas de mil administracions públicas que temos. Concellos, comarcas, provincias, deputacions, ... mil organismos. Mil exámenes, mil oposicions, mil posibles enchufes, mil rumores, mil excusas. Realmente non andas,
nin estás para historias. Tampouco buscas grandes proxectos. Queres estar tranquilo e sobre todo baixo a seta e o paraguas de papá/mamá Estado.
As prazas son escasas, 10 - 20 plazas, duás para minusválidos, tema a discutir sobre o que non consigo facerme unha oponión clara, sinceramente. Con este rebumbio, súmalle unha manchea de opositores no marco inconfundible de Silleda, ese gran centro de oposicions que cambiou, cambia e cambiará a vida de muit@s por un empleo sobre todo seguro, que non mellor. Seguro que haberá nervios pero non queda outra que intentalo.

Replicantes…