O CPI, Centro Público Integrado, de Castroverde, para a maioría de nós o ‘Colexio’, está a acoller unha exposición da ONG, implicadas no desenvolvemento, que segúndo se definen na propia páxina di que é ‘unha ONG galega que leva dez anos cambiando o mundo dende Galicia’.Esta exposición poderase ver dende o venres 4 ata o lúns 21 de abril, e en horario lectivo. Esta exposición é "un xeito de transmitir a voz das persoas que non a teñen" e fanno a través dun libro solidario, "O son das buguinas". Anímovos a visitar a exposición, que de seguro conta con fotos tan interesantes como a que podes ver o final do terto.O colexio público de castroverde, inaugurado a primeiros dos oitenta, conta cada vez, coma todos los colexios de interior, con menos alumnos. Alí comecei eu os meus estudios, bueno, o que se di estudiar, estudiabamos pouco, e mal, e os profesores tampouco axudaban(Aínda quedará algún, seguro). Alí ainda quedan, e por pouco tempo, os tres últimos rapaces, polo de agora, de Masoucos, Michi, Rubén e o meu querido Noel. Agora ca disculpa da exposición de implicadas.org, vou agregar unha entrada que xa fai tempo tiña no aleiro.
Os colexios, en xeral, teñen unha oportunidade única para adaptar os seus modelos educativos ás novas tecnoloxías. Así o uso de internet na sociedade está xa xeralizado, pero non así nas aulas, e digo esto, porque me da pena ver ideas coma éstas, moi boa, por certo, están abandonadas a súa sorte pola internet.Por qué non se continuou so proxecto? Qué pasou co proxecto de tecnoloxía do colexio de Castroverde? (Collín prestadas algunhas das fotos da páxina, espero que non sexa ningún inconvinte, doutra maneira, eliminareinas).Quero pensar que este proxecto, se deixou debido a aparición da primeira web ‘oficial’, que despois sustituiría esta outra. Non sería interesante recoller todalas páxinas o máis posible? É dicir, intentar integralas, para a súa xestión eficaz? Recordo que tiven esta conversa coa miña colega Iosef, que está a estudiar as buscas dos alumnos nos centros de educación, e contabame que moitos deses centros non teñen persoal cualificado para facer estas tarefas. Unha pena non aproveitar este teórico potencial, a favor, sempre, dos alumnos, que é probable que se sintan atraídos por elas.O colexio tamén contén unha
galería fotográfica, infrautilizada, polo menos dende o exterior da rede, e tamén o máis sorprendente de todo, un Moodle, que non é máis que un sistema de xestión de cursos que axuda os educadores, neste caso , so profesores, a crear comunidades de aprendizaxe en liña. Un idea impresionante ata aquí ,claro¡. Gustaríame saber se alguén dos que me lee xa probou a plataforma, e se realmente se utiliza ou é outra das cousas que se fixeron no seu momento e non voltaron a ser usadas? A verdade é que unha ferramente excelente para a comunicación profresor-alumno, pero como ben di Iosef, O coñecemento non é nada nas nosas sociedades de cambio vertixinoso, é só un producto perecedeiro. O que aprendemos hoxe queda obsoleto ou é superfluo mañán.Ideas coma as dos ‘Amigos do patrimonio de Castroverde’, que organizan periodicamente actividades no colexio, non deberían perderse, e si potenciarse. Desde aquí ofrezo toda a miña axuda tanto para unha conferencia sobre Internet, web 2.0, etc. ou tamén soporte para a realización das distintas ferramentas, e como non para a creación, integración, ou axudas puntuais nas páxinas web utilizadas.






Replicantes...