feb 12

Esta é a historia dunha curiosa curiosa vida política, a que se leva dando desde fai anos en Castroverde. "O que é non parece, e o que parece non é".

A historia de nunca acabar, no que sempre saimos perdendo todos e que reflexa neste bon artifculo Pablo Rodriguez no Progreso.

As vitorias folgadas do PSOE nas dúas últimas eleccións municipais, con sendas maiorías absolutas, fixeron que a calma sexa a tónica dominante no Concello de Castroverde nos últimos anos, unha tranquilidade que se rompeu coa actual disputa no seo do grupo socialista.

Curiosamente, o máximo responsable de levar a estabilidade ao goberno local, Xosé María Arias, foi no seu día un dos protagonistas dunha serie de axitados capítulos na vida política local que arrincaron en 1997 cunha moción de censura.

PoliticaEse primeiro episodio tivo como primeiro protagonista, paradoxalmente, a outro tenente de alcalde, o nacionalista Arximiro Fernández, cuxa dimisión por discrepancias co entón rexedor, o tamén frontista Miguel Rodríguez, derivou na presentación dunha moción de censura de tres edís do BNG —entre eles, Arias—, concelleiros independentes e membros do PSOE. A moción prosperou —nunha polémica sesión na que foi precisa a presenza dos antidisturbios—, e supuxo a chegada á alcaldía de Xosé María Arias, que non abandonou o bastón de mando. Os argumentos esgrimidos por este grupo contra Miguel Rodríguez centrábanse no carácter autoritario do alcalde, queixas que agora se repiten no seo do PSOE.

A axustada vitoria nos seguintes comicios locais, sen maioría absoluta, dun PSOE con Arias xa á fronte non axudou a pacificar a vida política. En abril de 2002, só cinco anos logo da anterior moción de censura, fraguouse outra promovida polos concelleiros do PP —con Carlos Santalla como alcaldable—, co apoio de dous ex edís do BNG e un independente, que denunciaban desgoberno e incumprimentos de acordos plenarios adoptados por unha oposición en maioría.

Cando todo parecía apuntar a unha nova substitución na alcaldía, a intervención das direccións autonómicas e nacionais de PP e PSOE, coa ameaza de ruptura do pacto antitransfuguismo como pano de fondo, frustrou esta iniciativa. A retirada da moción e o paso ao ostracismo dos seus promotores reforzou a Arias, que desde entón encadeou cómodas vitorias electorais, aínda que agora topouse coas críticas no seu propio partido.

Mentras Ricardo Varela mediará no conflicto, no que Pillado solicitou a presencia de todos os concelleiros.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
out 03


Gracias a Jose por enviarme este documental de como se crea o diñeiro.
Está dividido en 5 partes de unhos 10 minutos cada unha, pero para non facelo tan pesado vamos a ver o extracto-resumen desde documental titulado:
El Dinero es Deuda"
Algunhas das frases que forman parte deste documental son:

- El proceso a través del cual los bancos crean dinero es tan simple que la mente lo rechaza. John Kenneth Galbraith

- Algo de lo que hay que darse cuenta sobre nuestro sistema bancario es que, como en el juego de la silla, que jugábamos en la infancia, mientras la música suene no hay perdedores. Andrew Gause, historiador monetario.

- Quien crea que el crecimiento exponencial puede continuar para siempre en un mundo finito es o un loco o un economista. Kenneth Boulding, economista.

- Quien controle el volumen de dinero en nuestro país es el amo absoluto de toda la industria y comercio... y cuando te das cuenta que el sistema entero es tan fácil de controlar de una u otra manera por unos pocos hombres poderosos en la cima, no necesitarás que te expliquen cómo se originan los períodos de inflación y depresión. James Garfield.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
mai 07

Lo siento, no es posible ver el blog en español. Puedes colaborar en su traducción si lo deseas.También puedes ver el blog, en versión original haciendo clic: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google