Costou encontrar o dichoso calendario, que parece mentira... pero ahí vai por fin o calendario da copa diputación 2008/2009 para equipos da segunda e terceira Autonómica.
A Sociedade Deportiva Castroverde enfrentarase ao Becerreá que actualmente está luitando por conseguir o ascenso a Primeira Autonómica.O que gañe esta eliminatoria enfrentarase ao gañador do Residencia - Garabolos.
Para todos os partidos desta primeira eliminatoria, o primeiro cruce será no campo do equipo de superior categoría. Sorte a todos.
P.D. Podedes ver a imaxe ampliada facendo click aquí.
Esta foi a primeira visita ao campo do guntín despois do descenso masivo anos atrás para crear a terceira rexional. E ese precisamente é o primeiro pensamento que se lle ven os seguidores do castroverde nesta visita. Pero a historia cambiou ben desde aquela. Un partido importantísimo, no que desta volta era o Castroverde o que non podía fallar se quería seguir na pelea por unha das plazas de ascenso, e máis aínda coa victoria dos seus inmediatos perseguidores (Oural e Muralla) o día anterior.
Cedo comenzaron as primeiras ocasións para os visitantes, aínda que non era a tarde, unhas veces os dianteiros, coa mirada desviada, e outras o acerto do porteiro, o mellor con muito dos locais, facían que o resultado se mantuvera boa parte da primeira metade. Un pase de Gelo o espacio, que recolle Carlos superando cun regate o porteiro. Así marcaba a portería vacía o primeiro, que xa sería o definitivo.
O Guntín pouco inquietou a portería de Marcos ao largo dos 90 minutos, so unha falta na frontal que pasou rozando o poste, e un remate fallido do dianteiro foi o balance ofensivo dos locais en todo o partido.
A S.D. non xogou un bo partido nun campo en magníficas condicións, pero sumou os tres puntos, con unha chea de ocasions fallidas, recordo as ocasions francas para empuxar de Marcos Veiga, Gelo, Carlos, Albino e Manual no último minuto.
O peor do partido e acumulación de outra baixa máis, desta volta manolo, que se suma as da pasada xornada, aínda que volve Juan. Próxima estación Pradeda, ocasión para confirmar un pouco máis a segunda plaza nun campo complicadísimo.
O árbitro un desastre. Dúas espulsions, e varias tarxetas para xogadores de ambos equipos. Unha pena que un partido sen entradas duras, e sen lances do xogo acabe así.
| Equipo | X. | G. | E. | P. | G.F. | G.C. | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1. Calasancio | 26 | 19 | 5 | 2 | 72 | 20 | 62 |
| 2. Castroverde | 26 | 17 | 4 | 5 | 61 | 30 | 55 |
| 3. Oural | 26 | 15 | 8 | 3 | 62 | 30 | 55 |
| 4. Muralla | 26 | 16 | 6 | 4 | 53 | 18 | 54 |
| 5. Sagrado Cor. | 26 | 16 | 5 | 5 | 41 | 20 | 53 |
| 6. Comercial | 27 | 13 | 8 | 6 | 53 | 39 | 47 |
| 7. Friol | 25 | 10 | 7 | 8 | 48 | 33 | 37 |
| 8. Portomarín | 26 | 10 | 4 | 12 | 42 | 42 | 34 |
| 9. Rubián | 26 | 8 | 8 | 10 | 43 | 54 | 32 |
| 10. Río Sil | 26 | 8 | 5 | 13 | 23 | 43 | 29 |
| 11. Antas | 26 | 8 | 4 | 14 | 40 | 66 | 28 |
| 12. Garabolos | 27 | 7 | 5 | 15 | 36 | 48 | 26 |
| 13. Guntín | 25 | 5 | 9 | 11 | 29 | 41 | 24 |
| 14. Lugo | 27 | 6 | 2 | 19 | 38 | 76 | 20 |
| 15. Pradeda | 26 | 3 | 6 | 17 | 30 | 54 | 15 |
| 16. Lucense | 27 | 3 | 4 | 20 | 23 | 80 | 13 |
-->
Os resultados desta xornada 27 son:
| Resultados | |
|---|---|
| Guntín - Castroverde | 0 - 1 |
| Muralla - Pradeda | 2 - 0 |
| Lugo - Oural | 1 - 4 |
| Sagrado Cor. - Comercial | 2 - 1 |
| Río Sil - Garabolos | 1 - 3 |
| Antas - Calasancio | 2 - 9 |
| Lucense - Rubián | 1 - 0 |
| Portomarín - Friol | 0 - 1 |
A próxima xornada terá os seguintes encontros:


| Próxima Xornada | |
|---|---|
| Pradeda-Castroverde | |
| Oural-Muralla | |
| Comercial-Lugo | |
| Garabolos-Sagrado Cor. | |
| Calasancio-Río Sil | |
| Rubián-Antas | |
| Friol-Lucense | |
| Portomarín-Guntín | |
S.D CASTROVERDE: Marcos- Óscar - Manolo - Toño - Javi - Gelo - Albino - Carlos - Marcos gemelo - Richard - Marcos Veiga. 12 - Iván 13 - Chino 14 - Manu 15 - Bruno 16 - Rafa.
Esta foi a primeira visita ao campo do guntín despois do descenso masivo anos atrás para crear a terceira rexional. E ese precisamente é o primeiro pensamento que se lle ven os seguidores do castroverde nesta visita. Pero a historia cambiou ben desde aquela. Un partido importantísimo, no que desta volta era o Castroverde o que non podía fallar se quería seguir na pelea por unha das plazas de ascenso, e máis aínda coa victoria dos seus inmediatos perseguidores (Oural e Muralla) o día anterior.
Cedo comenzaron as primeiras ocasións para os visitantes, aínda que non era a tarde, unhas veces os dianteiros, coa mirada desviada, e outras o acerto do porteiro, o mellor con muito dos locais, facían que o resultado se mantuvera boa parte da primeira metade. Un pase de Gelo o espacio, que recolle Carlos superando cun regate o porteiro. Así marcaba a portería vacía o primeiro, que xa sería o definitivo.
O Guntín pouco inquietou a portería de Marcos ao largo dos 90 minutos, so unha falta na frontal que pasou rozando o poste, e un remate fallido do dianteiro foi o balance ofensivo dos locais en todo o partido.
A S.D. non xogou un bo partido nun campo en magníficas condicións, pero sumou os tres puntos, con unha chea de ocasions fallidas, recordo as ocasions francas para empuxar de Marcos Veiga, Gelo, Carlos, Albino e Manual no último minuto.
O peor do partido e acumulación de outra baixa máis, desta volta manolo, que se suma as da pasada xornada, aínda que volve Juan. Próxima estación Pradeda, ocasión para confirmar un pouco máis a segunda plaza nun campo complicadísimo.
O árbitro un desastre. Dúas espulsions, e varias tarxetas para xogadores de ambos equipos. Unha pena que un partido sen entradas duras, e sen lances do xogo acabe así.
| Equipo | X. | G. | E. | P. | G.F. | G.C. | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1. Calasancio | 26 | 19 | 5 | 2 | 72 | 20 | 62 |
| 2. Castroverde | 26 | 17 | 4 | 5 | 61 | 30 | 55 |
| 3. Oural | 26 | 15 | 8 | 3 | 62 | 30 | 55 |
| 4. Muralla | 26 | 16 | 6 | 4 | 53 | 18 | 54 |
| 5. Sagrado Cor. | 26 | 16 | 5 | 5 | 41 | 20 | 53 |
| 6. Comercial | 27 | 13 | 8 | 6 | 53 | 39 | 47 |
| 7. Friol | 25 | 10 | 7 | 8 | 48 | 33 | 37 |
| 8. Portomarín | 26 | 10 | 4 | 12 | 42 | 42 | 34 |
| 9. Rubián | 26 | 8 | 8 | 10 | 43 | 54 | 32 |
| 10. Río Sil | 26 | 8 | 5 | 13 | 23 | 43 | 29 |
| 11. Antas | 26 | 8 | 4 | 14 | 40 | 66 | 28 |
| 12. Garabolos | 27 | 7 | 5 | 15 | 36 | 48 | 26 |
| 13. Guntín | 25 | 5 | 9 | 11 | 29 | 41 | 24 |
| 14. Lugo | 27 | 6 | 2 | 19 | 38 | 76 | 20 |
| 15. Pradeda | 26 | 3 | 6 | 17 | 30 | 54 | 15 |
| 16. Lucense | 27 | 3 | 4 | 20 | 23 | 80 | 13 |
Reproduzco o artigo de homenaxe de sabela corbelle, presidenta da asociación de prensa de lugo, cara un bo amigo, que sempre que podía axudaba. Sempre con ideas na cachola, e como non, xuntazas, a súa verdadeira debilidade. Nada mellor que este artigo para facerlle ese pequeno homenaxe que nunca será dabondo.
Facer xornalismo supón vivir ó pé da noticia pero poucas veces somos nós os que protagonizamos os distintos acontecementos. O noso compañeiro José Alonso converteuse onte, por unha mala pasada do destino, no protagonista dunha triste noticia: a do seu pasamento repentino, no centro de Madrid, a onde viaxara para impartir unha conferencia nunha universidade. Xornalista de nacemento e de vocación, Alonso era todo un referente entre o colectivo de profesionais que nos adicamos a este noble e duro oficio de contar o día a día. Ós seus 60 anos, cumpridos o día de San Martiño, viña de prexubilarse despois de catro décadas adicado por enteiro á súa profesión, a de xornalista, que antepuxo á súa outra vocación inicial, a de mestre. Xefe, nalgúns casos, e compañeiro, noutros, Alonso —como lle chamabamos todos— estaba sempre aí, lembrándonos ás outras xeracións os corenta anos de profesión testemuñas da historia máis recente de Lugo. Catro décadas de crónicas políticas, locais ou sociais labradas primeiro a golpe de máquina de escribir e, nos últimos anos, de ordenador.
Alonso deixounos, pero se algún privilexio ten esta profesión é a de poder seguir vivo, a través do tempo, no papel impreso. O que queda aí, nas hemerotecas. O que forma parte da historia cotiá de Lugo. Unha historia que el contou, día a día, desde o seu posto de traballo, cumprindo coa súa paixón: a de ser cronista da vida mesma.
O colectivo de xornalistas de Lugo queremos facer público o noso pesar polo seu pasamento e solidarizámonos, cunha forte aperta, coa súa dona, Ester, e os seus fillos, Martín e Enma, tamén compañeira nosa de profesión.
Alonso, para nós, non morreu. Seguirá aí. Por iso mesmo, vénme agora á cabeza as súas palabras de despedida cando remataba a súa xornada laboral: “Deica mañá”. Si, deica mañá, compañeiro.
Pola miña banda, so queda decirche, deica mañá, e gracias, moitas gracias.
| Resultados | |
|---|---|
| Muralla - Lugo | 5 - 0 |
| Castroverde - Sagrado Cor. | 1 - 1 |
| Pradeda - Río Sil | 3 - 0 |
| Oural - Antas | 2 - 1 |
| Comercial - Lucense | 5 - 0 |
| Garabolos - Portomarín | 1 - 2 |
| Calasancio - Friol | 1 - 0 |
| Rubián - Guntín | 1 - 4 |
A próxima xornada queda:
| Próxima xornada | |
|---|---|
| Guntín-Muralla | |
| Lugo-Castroverde | |
| Sagrado Cor.-Pradeda | |
| Río Sil-Oural | |
| Antas-Comercial | |
| Lucense-Garabolos | |
| Portomarín-Calasancio | |
| Friol-Rubián | |
S.D. Castroverde: 1-CHINO 2-JUÁN 3-ÓSCAR 4-PEREIRA 5-JAVI 6-HÉCTOR 7-ALBINO 8-CARLOS 9-MARCOS GEMELO 10-RICHARD 11-GELO. Tamén xogaron 14-MANU 15-MARCOS (Toño, Marcos F. e Tino).
Outra nova colaboración de Arsenio Iglesias. Da gusto ver que o fútbol en castroverde segue con via, incluso se podería falar de unha páxina web propia... e ahí queda eso... por se alguén quere recoller o guante! GRACIAS a moita afición!! que fixo un gran ambiente nas gradas, e apoiou en todo momento o equipo!
A CRÓNICA:
Partido decepcionante, polos méritos dos locais, o visto na Veiga do Olmo a tarde do domingo, non polo acontecido no terreo de xogo, pero sí polo resultado final, xa que a victoria da SD era o que todos agardábamos.
O Castroverde saiu decididamente polos tres puntos en xogo nunha tarde moi agradable, cun gran ambiente no campo, pero atopouse enfrente a un equipo ben colocado no campo, e que se lle notaba un traballo táctico que non tiñan os locais, dominando estes por impulsos pero sen ter todo o control do partido que este merecía.
As primeiras ocasións non se facían esperar e todas chegaban por parte dos locais, que desarbolaban por bandas os visitantes que non eran capaces de frear a dianteira local, moi desafortunada, cousa pouco habitual xa que é a máis goleadora da categoría.
O Sagrado que xogou todo o partido, o que se conoce como "patadón", aínda que moi ordenados atrás e certa rigurosidade a hora de despexar o balón, tivo duas ocasións en todo opartido, unha meteuna e a outra, ao borde do área pequena, fallaron no remate final.
O Castroverde que saiu a por todas e con un equipo moi superior os rivais, non foi quen de reflexalo dunha forma clara no campo, a pesar de ter moitísimas e claras ocasións, sendo Edu o porteiro visitante o mellor do partido con diferencia.
O gol local chegou nunha gran xogada de Gelo pola banda, un dos mellores do Castroverde, xunto con Marcos Gemelo, que centrou, e remate de Albino a gol, nunha acción de garra da que nos acostuma todos os domingos.
A saida de Manu e Marcos faltando quince minutos, e co marcador de empate, voltaba a facer que a aficción collese folgos de novo, pois saben do potencial de estes dous xogadores, pero non poido ser, a pesar de ter Marcos unha ocasión das que non suele fallar, 8 goles en catro partidos, sendo o primeiro dia que xoga algún minuto e non marca, pero desta volta (San) Edu evitouno no man a man.
A pensar no próximo partido, no que esperemos que a sorte desta vez esté o noso favor, porque non é normal o pouco acerto diante do sagrado corazón do pasado domingo, na que o resulto xusto sería un cinco a dous.
A clasificación queda como:
| Equipo(Clasificación) | X. | G. | E. | P. | G.F. | G.C. | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1. Calasancio | 22 | 15 | 5 | 2 | 51 | 18 | 50 |
| 2. Sagrado Corazón | 23 | 15 | 4 | 4 | 38 | 17 | 49 |
| 3. Muralla | 23 | 14 | 5 | 4 | 48 | 17 | 47 |
| 4. Castroverde | 22 | 14 | 4 | 4 | 53 | 25 | 46 |
| 5. Oural | 23 | 12 | 8 | 3 | 52 | 28 | 46 |
| 6. Comercial | 23 | 11 | 7 | 5 | 47 | 35 | 40 |
| 7. Portomarín | 23 | 10 | 3 | 10 | 39 | 36 | 33 |
| 8. Friol | 23 | 8 | 7 | 8 | 41 | 32 | 31 |
| 9. Rubián | 22 | 8 | 7 | 7 | 38 | 41 | 31 |
| 10. Río Sil | 23 | 8 | 5 | 10 | 21 | 33 | 29 |
| 11. Antas | 23 | 8 | 4 | 11 | 36 | 51 | 28 |
| 12. Guntín | 23 | 5 | 8 | 10 | 29 | 40 | 23 |
| 13. Lugo | 23 | 5 | 2 | 16 | 30 | 63 | 17 |
| 14. Garabolos | 23 | 4 | 4 | 15 | 25 | 45 | 16 |
| 15. Pradeda | 22 | 2 | 5 | 15 | 25 | 45 | 11 |
| 16. Lucense | 23 | 2 | 4 | 17 | 20 | 67 | 10 |
E coma na semana predominaron os vídeos, que mellor que terminala con outro vídeo. Este que atopei polo You tube, do 'rali' de coches clásicos no seu paso por Castroverde.




Replicantes…