Mai 05
-->

Unha xogada, un gol e catro (4) expulsados.

Un partido raro, moi raro. Nos primeiros minutos un gol de Tino, no saque dun corner perfecto o centro do área fai que a SD Castroverde se adiante no marcador. O partido parecía que ía tranquilo, con ataques para os dous lados, pero pouca pegada.

O partido esmorecía e o colexiado colle o protagonismo. Así comeza expulsando o adestrador visitante por decirlle, según consta en acta ‘Non sei que carallo ves pitar aquí’.

O baleira seguía o seu, e conseguei demasiado premio nunha falta lateral sin aparente perigo, que non logra despexar ningún defensa nin o porteiro, e entra directa na portería local. Empate a un tanto e moito partido por diante.

Na segunda metade o mesmo guión, pouco perigo en ambas áreas e pouco demostrado por ambos conxuntos. O colexiado recobra o protagonismo, nunha xogada clarísima e pouco compresible, na que o balón sae totalmente da raia de fondo. Todolos xogadores se quedan parados, ata os rivais, ata que o xogador rival, volta a coller o balón de fora do campo, e cun pase atrás marca o segundo. Inexplicable a decisión, que costa ademáis tres xogadores o equipo local, polas diversas protestas. Primeiro do capitán, Pereira, e logo de Albino, e máis de Héctor. Tamén mostrou a segunda cartulina a Richard, máis non anotou nin mostrou a tarxeta vermella. Ante esto os xogadores rivais, incrédulos pola sangría feita.

Con oito xogadores, o máis probable era unha derrota abultada, pero contrariamente non sucedeu esto. O Baleira foi un equipo vulgar, que non creou máis perigo. Incluso se puido ir con un empate, xa ue javi tivo nas súas botas o empate logo dun man a man co porteiro que se lle foi demasiado escorado.

A eliminatoria sigue viva. Para a volta, máis emoción.

Castroverde: 1.-Chino, 2.-Manolo, 3.-Óscar, 4.-Pereira, 5.-Edu, 6.-Héctor, 7.-Albino, 8.-Tino, 9.-Gelo, 10.-Richard, 11.-Javi. Tamén xugou co César.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Abr 08
-->

  Non, non vou falar do xa mítico Rock In Rio, senón do seu homólogo lucense que argalla Eladio, esa cuariosa Entrada a Rock in Rio en Lisboa.persoa que teño por amigo.

Unha adaptación do xa mítico Rock in Rio, o maior festival de música e ocio que se realizou en Brasil e Portugal.Este ano terá lugar en Arganda del Rey(Madrid) os días 27 e 28 de Xuño e tamén os dáis 4, 5 e 6 de Xullo.

A festa comezará o xoves ás 11 da noite, e será no pub BB+, na rúa Salvador de Madariaga e non rematará ata altas horas… mellor dito, ata que o corpo aguante.

Contará ca presencia de DJ Keepwalking, residente na súa casa, que nos amosará ás suas mellores sesións de Rock de todolos tempos.

Non podes perdela¡¡¡¡e tampouco as copas; 3×2

Chuzame! A Facebook A Twitter
Mar 14
-->

Este pasado mércores estiven na festa da Carballeira, alí tiven a ocasión de probar o filloce(dulce de sangre), que foi unha achega a festa por parte do sempre orixinal Rubén(ese pontevedrés tan peculiar).

Por outra banda, dende os comites abertos denunciase a conversión da festa nun macrobotellón sen control, con estas palabras:comites abertos

Os Comités Abertos de Escola e Faculdade co Campus do Campus de Lugo culpan ao Concello de convertir a Festa da Carballeira nun “Macrobotellón” sen sentido nen control ningún. O Concello de Lugo non quere que os CAF organicemos a Carballeira, e lembrade que fumos nós quen hai xa 17 anos a creamos.

Pola súa banda medios como a voz destacan que:

A esperada e á vez temida Festa dá Carballeira 2008 foi «a máis tranquila dos últimos anos», segundo destacaron onte tanto responsables de colectivos veciñais como as forzas policiais que controlaron a seguridade durante unha celebración que, de novo, careceu de autorización.

E dende o concello esaxérase o número de toneladas de lixo(si xa sei, depende quen sexa o especialista):

…fontes municipais aseguraron a axénciaa Efe que o macrobotellón universitario deixou na carballeira do campus 15.000 quilos de residuos. Unha cifra que especialistas na materia cualificaron de «excesiva», tendo en conta que no robledal lucense concentráronse uns 3.000 estudantes, polo que sae unha media de 5 quilos de desperdicios por persoa.

E vos, que opinades? son festas o uso? debería volver a concederselle autorización? Habería que suspendela?

    DSC04337DSC04333DSC04341DSC04313DSC04321 DSC04338

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp