mai 14

Sí, masoucos é lugar de culto ancestral. É o ejemplo máis claro e sinxelo segundo camino de piedra, Blog adicado a todo tipo de construccións de pedra que se poden atopar a súa historia e o seu entorno.

Como norma xeral, todo templo adicado a un santo que viviu nos primeiros anos do cristianismo, está situado nun lugar de culto ancestral. Así o estilo máis nestos templos é o románico ou prerrománico, algúns incluso foron tan varias veces restaurados e reformados, polo que o edificio que actualmente podemos ver, non ten máis de 300 anos, aínda que queden abundantes restos das edificacions anteriores, sobre todo pedras que foron reutilizadas, pero hai máis.

Ésta é a razón pola que o cristianismo levantou templos en lugares de culto. Antes xa existía algún outro tipo de culto ‘precristiano’

E de entres destacan os levantados nas croas dos crastros, como é o caso de Masoucos, no que se levantou o templo parroquial, con adro e cemiterio en torno.

Coñeces algún outro caso deste tipo? Comparteo

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
xan 21

Unión Fenosa, a que foi unha das grandes derrotadas do concurso eólico da Consellería de Innovación e Industria, fíxose cos 41 megawatts do parque eólico de Monciro e Meda, asignados nun principio a Total Eólica. Total Eólica S.A., con sede na Coruña, pertencía ao xigante petroquímico europeo Total-Fina-Elf. Así os parques de Monciro e Meda, que abarcan os concellos de Castroverde, Pol, Lugo e Castro de Rei quedan en mans da división de renovables de Unión Fenosa.

Segundo Javier Crooke, responsable de Iberdrola en Galicia, afirmou: "O Territorio galego sóbralle enerxía" Esto so é unha mostra máis douso indebido das fontes de enerxía que temos ao lado da casa, na leira, na carballeira, na veiga, etc.

Poñendo un exemplo gráfico, sería como os contenedores da basura. Todo o mundo non dubida de que sexan necesarios, pero naide os quere diante das súas casas (sobre todo no vrao). Os parques eólicos ademáis, tamén afectan a paisaxe e a especies protexidas. Na súa contra tamén teñen a súa escasa eficiencia enerxética, os poucos beneficios sociais que aporta, e as sospeitosas e elevadas subvencions estatais recibidas.

¿Pero que podemos facer entonces? ¿Poñemolos na casa do veciño e olvidamonos deles? O debate segue aberto e servido.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
dec 01

E o domingo levantouse peor aínda que osábado, a neve do día anterior había que sumar a que caera pola noite. Un paisaxe blanco… que deixou fotos coma estas...

PaisaxeO que aguantan os cables da luz...carretera con obstaculosdesfeita arboles e camiñosan cosme nevado

Chegou a quitaneves con retraso... e algunhos marchamos con máis problemas dos esperados...

Dous días case completos sen luz, sen cobertura e sen teléfonos. Quizais alguén se debería acordar de que hai moitos pequenos sitios e lugares donde se necesitan igual que noutros lados, servicios tan básicos coma a luz e o teléfono.

E alí seguirán os veciños... sen luz e esperando pacientemente entre o frío e a neve, e por suposto sen poder ler este texto. Unhas reinvindicacions que farían súas. Estou seguro.

Masoucos desde abaixo e nevado

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
nov 11

O proxecto que modificará ás nosas paisaxes con novos parques eólicos continúa o seu curso. Así antes de que o decreto da Xunta para regular os parques eólicos saia a luz, duas empresas van contar con novos parques a marxe dos que se adxudiquen por parte da Consellería de Innovación e Industria. Unha delas é Endesa, a través da súa filial de enerxías renovables e a outra firma é Estela Eólica, que xa só están a espera das declaracions de impacto ambiental por parte do Ministerio de Medio Ambiente para obter o permiso de instalación nas provincias da Coruña e Lugo.

Xa pasaron incluso a fase de exposición pública e de alegacions, e unha vez aprobada as declaracions de impacto ambiental, serán devoltas para proceder a súa autorización administrativa polo minesterio de Industria.

Os promotores, que levantarán unhos dez parques o longo duns vinte concellos galegos, non so apuraron os tempos, senón que utilizaron todos os seus recursos para non estar baixo o decreto galego da Xunta.

Endesa ten solicitado uns 236 megavatios, mentras que Estela Eólica suma 104(so na provincia de lugo) a repartir en dous parques cunha potencia instalada de 52 megavatios cada un. Outra das pegas que se poñen a estes parques, son as súas dimensions, moito maiores que os proxectados para os futuros, ademais de non dispoñer de axuda ou subvención algunha. Aínda así os promotores saenlles os números, segundo din, por exemplo, dende Estela Eólica.

Todos os proxectos solicitados polas compañías oscilan entre os 80 e os 164 megavatios por parque. E precisamente o proxecto de Becerreá, que afecta a terreos dos municipios de A Fonsagrada, Becerreá e Baleira, multiplicará por tres a potencia e as dimensions de cualquera parque proxectado para os próximos anos.

Os proxectos

- Endesa en Lugo: parques San Sebastián, Punago Sur(nos montes de Masoucos e Puñago), Becerreá e Penas Altas, cunha potencia conxunta de 384 megavatios. Estes parques están nos municipios de: Carballedo, Chantada, Castroverde, Baralla, Baleira, Becerreá, A Fonsagrada, Paradela e O Saviñao.

- Estela Eólica en Lugo: parques Chao do Carmelo e O Acevedal, cunha potencia conxunta de 104 megavatios.

Despois da instalación do parque eólico do mirador, na serra de pradairo e o mirador, que opinión tes sobre os parques eólicos? cres que favorecen para o desenvolvemento do concello, crees que esa é a desculpa para a súa instalación, ou pensas que son monstruos que fan que a paisaxe e o habitat queda estropeado? E ti, non pensas decir nada a todo esto?

P.D. A quen pertence a xestión dos beneficios deses parques?

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

mai 08

I am sorry, this option is not yet available. If you are interested, you can try this one: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google