A traducción do conselleiro de cultura, Roberto Varela, e tan pouco afortunada coma a do título deste texto. Pero así foi como en Fitur (Feira Internacional de turismo) publicitou “Desván de los monjes” en alusión a Sobrado dos Monxes. E ademais Toro(non, o de zamora non), o de coruña, máis coñecido como Touro, sufriu tamén unha transformación curiosa.
Xa pediu perdón… eso sí botandolle a culpa ao traductor informático… que por sorte non sabe de toponimia.
Recollo este interesante montaxe de fotos no vídeo “Castroverde en fotos”, desde o blogue de Jose Pereira Miranda, “Cosas de Pepe”; outro blogue que comezou falando de Castroverde, do seu medio natural, demografía, etc, aínda que moi parecidos os que se poden atopar na web esgalicia.com.
Ademais agrego tamén estoutra composición de fotos, subida o YouTube por Pilladooo.
Puiden ver este vídeo recentemente. É a presentación de Galinux, un completo sistema operativo de fontes abertas que vén configurado para poder empregar calquera computador. Este tipo de iniciativa ten un precendente no coñecido Linex(Linux Extremadura), famoso pola súa luita con microsoft. Agora chega Galinux. As súas caracteríticas de estabilidade, facil instalación, libre distribución e utilización, coste nulo por pago por licencias, deberían pesar máis que os problemas que conleva a compra dun ordenador, e que non veña xa preinstalado no equipo.
Veremos o recorrido do Galinux, se as actualizacions están ao día, se realmente chega a consolidarse e facerse un oco nos pc’s de escritorio das nosas casas e da administración… etc, etc
Replicantes…