mai 20

A última proba da Copa de España de Duatlon Cros, que se iba a celebrar este próximo sábado 23 de maio no noso concello, queda suspendida.

Segundo a Fetri hai varias causas para que se producira esta suspensión. Entre elas a baixa participación, aínda que deixa aberto o abanico de posibilidades para outras razons que a expliquen.

De todolos xeitos a clasificaión final, que se decidiría este próximo sábado xa é definitiva, e na que contarán as tres mellores posicions clasificatorias das catro pobras disputadas hasta o momento.

Todo un mazazo para a promoción do deporte no concello. Esperemos que se poida recuperar esta proba en próximos anos.

P.D.1 – Na páxina do concello, un clásico. A portada sen actualizar é para a celebración da copa de España de Duatlon Cross.

P.D.2 – Cal será o destino da subvención que ia recibir o concello por tal evento de parte da diputación de Lugo? Irá de volta? Utilizarase para a promoción de outros deportes? E senón, que poderíamos facer con esa axuda de 1182€?

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
mai 08

Volve de novo o campeonato de España de Duatlon Cros a Castroverde.

Este ano será o 23 de Maio, coma sempre en Vilabade, na ermita e arredores.
O percorrido será o seguinte:
1 segmento: 6 km de carreira a pé; 4 voltas a un circuíto de 1,5 km.
2 segmento:
20 km de bicicleta; 3 voltas a un circuíto de 6,7 km.
3 segmento:
3 km de carreira a pé: 2 voltas a un circuíto de 1,5 km


A carreira a pé discorre por un prado situado ao lado, desde o que se pode ver toda a carreira a pé.
O tramo de ciclismo realízase pola monte situado por detrás da Ermida, pasando en cada volta polas inmediacións da Área de Transicións.

Os tramos de subida e de baixada discorren por pistas forestais amplas.

Así na zona alta da monte o trazado ten características máis técnicas. A zona baixa chega ata as proximidades de vilalle, cruzando un pequeno rego. Todo un reto este circuito, pola súa dura esixencia!

Os premios serán o seguintes, tanto para categoría femenina como masculina:

Premios Individuales
1º y 1ª
367 €
2º y 2ª
262 €
3º y 3ª
198 €
4º y 4ª
145 €
5º y 5ª
104 €
6º y 6ª
93 €
7º y 7ª
78 €
8º y 8ª
67 €
Premios Clubes
1º y 1ª
218 €
2º y 2ª
130 €
3º y 3ª
88 €


Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
set 11

Non é a primeira vez que Xesús García Juanes comeza unha aventura así de atrevida. Eso foi o que comezou o 20 de agosto, unha travesía de 3000 quilómetros nun patín adaptado especialmente para poder levar comida, roupa e outros elementos necesarios para esta viaxe. Así pretende chegar a Barcelona o día 22 de septembro, e poder participar no día sen coches. Quere "poñerse guapo"(Podes escoitar as súas declaracions facendo click aquí). Antes pasará por Friburgo(Alemania) e París. Ahhh¡¡ e todo esto para reclamar máis carris bici. Un bo motivo para facer estas 'tolerias'.

Veremos como vai esta nova aventura, desta volta vestido, e se é capaz de chegar ata o centro de Europa, co patín de fabricación Finlandesa.

As súas protestas máis coñecidas foron algunhas como...
as 200 voltas á muralla de Lugo cando esta aínda non era Patrimonio da Humanidade, para reivindicar a concesión de este status. Máis tarde camiñou entre as catro capitais galegas, como protesta contra as minas antipersoas, e fixo tamén o Camiño de Santiago en sentido inverso, até Roncesvalles, coa ilusión de obter tantas novas doazóns de sangue como quilómetros percorridos.

Esas e outras aventuras empezaron a seguidas os medios de comunicación despois de decidir facelas cun novo elemento moi atrainte: o nudismo. Subiu cun taparrabos ao Pico Cuíña para reclamar a construción de un novo pavillón en Castroverde. Este éxito fixo que decidira repetir e incluso ampliar horizontes, polo que subiu escaso de roupa picos como o Aconcagua ou Kilimanxaro.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
mai 06

Cartel da Copa I am sorry, still this option is not available. If you are interested, this proof: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
mai 02

Duatlon 2007 Vilabade

Este próximo domingo, día 4 de maio, Castroverde acolle a quinta e última proba do campeonato de España Duatlón Cros.

Esta carreira está organizada pola FETRI (Federación Española de Triatlón) , http://www.triatlon.org/, e FEFEME Triatlon Miño.
A proba constará de 6 km de carreira a pe ao redor da Ermida do Carme, 20 km de bicicleta e para finalizar, de novo 3 km máis a pe.

A saída será para as 10.45, a categoría femenina, e para as 11.30 a masculina. Os favoritos en cada unha das categorías son: a boliviana Agnes Kay Eppers (Cidade de Lugo Fluvial) e a aragonesa Yolanda Magallón (C.P. Mayencos); o barcelonés Victor Manuel del Corral (Inverse Ditec T. Vilanova), actual campeón de España, e o manchego Santiago Arnés (BH Axarquía-Colegio Añoreta).

A Copa de España Sport Life de Duatlón Cros 2008 é unha competición por puntos, na que o Campeonato de España puntúa máis co resto de probas. Farase unha clasificaión individual en cada unha das categorías, e outra por clubes.
Coma sempre as revistas Sport Life, Runner’s World e Bike estarán no evento para levar unha cobertura especial da proba. Ademáis publicarei en directo os tres primeiros clasificados de cada unha das categoría neste mismo blog. E para a semana que ven, tamén estarán dispoñibles as fotos do evento.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google