‘Cruce de caminos‘ é un programa de TVE que recorre sete rutas do Camiño de Santiago coa axuda de peregrinos de diferentes procedencias que van expresando os seus sentimintos falando ao espectador da súa experiencia vital, con información sobre o arte, costumes e paisexes dos diferentes lugares visitados.
No seguinte vídeo deixo o paso de Jorge, que aínda que atribue vilabade a baleira, o programa non ten desperdicio:
Segundo a Fetri hai varias causas para que se producira esta suspensión. Entre elas a baixa participación, aínda que deixa aberto o abanico de posibilidades para outras razons que a expliquen.
De todolos xeitos a clasificaión final, que se decidiría este próximo sábado xa é definitiva, e na que contarán as tres mellores posicions clasificatorias das catro pobras disputadas hasta o momento.
Todo un mazazo para a promoción do deporte no concello. Esperemos que se poida recuperar esta proba en próximos anos.
P.D.1 – Na páxina do concello, un clásico. A portada sen actualizar é para a celebración da copa de España de Duatlon Cross.
P.D.2 – Cal será o destino da subvención que ia recibir o concello por tal evento de parte da diputación de Lugo? Irá de volta? Utilizarase para a promoción de outros deportes? E senón, que poderíamos facer con esa axuda de 1182€?
A última proba da Copa de España de Duatlon Cros, que se iba a celebrar este próximo sábado 23 de maio no noso concello, queda suspendida.
Segundo a Fetri hai varias causas para que se producira esta suspensión. Entre elas a baixa participación, aínda que deixa aberto o abanico de posibilidades para outras razons que a expliquen.
De todolos xeitos a clasificaión final, que se decidiría este próximo sábado xa é definitiva, e na que contarán as tres mellores posicions clasificatorias das catro pobras disputadas hasta o momento.
Todo un mazazo para a promoción do deporte no concello. Esperemos que se poida recuperar esta proba en próximos anos.
P.D.1 – Na páxina do concello, un clásico. A portada sen actualizar é para a celebración da copa de España de Duatlon Cross.
P.D.2 – Cal será o destino da subvención que ia recibir o concello por tal evento de parte da diputación de Lugo? Irá de volta? Utilizarase para a promoción de outros deportes? E senón, que poderíamos facer con esa axuda de 1182€?
Volve de novo o campeonato de España de Duatlon Cros a Castroverde.
Este ano será o 23 de Maio, coma sempre en Vilabade, na ermita e arredores.
O percorrido será o seguinte:
1 segmento: 6 km de carreira a pé; 4 voltas a un circuíto de 1,5 km.
2 segmento: 20 km de bicicleta; 3 voltas a un circuíto de 6,7 km.
3 segmento: 3 km de carreira a pé: 2 voltas a un circuíto de 1,5 km
A carreira a pé discorre por un prado situado ao lado, desde o que se pode ver toda a carreira a pé.
O tramo de ciclismo realízase pola monte situado por detrás da Ermida, pasando en cada volta polas inmediacións da Área de Transicións.
Os tramos de subida e de baixada discorren por pistas forestais amplas.
Así na zona alta da monte o trazado ten características máis técnicas. A zona baixa chega ata as proximidades de vilalle, cruzando un pequeno rego. Todo un reto este circuito, pola súa dura esixencia!
Os premios serán o seguintes, tanto para categoría femenina como masculina:
|
|
|
|
1º y 1ª
|
367 €
|
|
2º y 2ª
|
262 €
|
|
3º y 3ª
|
198 €
|
|
4º y 4ª
|
145 €
|
|
5º y 5ª
|
104 €
|
|
6º y 6ª
|
93 €
|
|
7º y 7ª
|
78 €
|
|
8º y 8ª
|
67 €
|
|
|
|
|
1º y 1ª
|
218 €
|
|
2º y 2ª
|
130 €
|
|
3º y 3ª
|
88 €
|
Non é a primeira vez que Xesús García Juanes comeza unha aventura así de atrevida. Eso foi o que comezou o 20 de agosto, unha travesía de 3000 quilómetros nun patín adaptado especialmente para poder levar comida, roupa e
outros elementos necesarios para esta viaxe. Así pretende chegar a Barcelona o día 22 de septembro, e poder participar no día sen coches. Quere “poñerse guapo”(Podes escoitar as súas declaracions facendo click aquí). Antes pasará por Friburgo(Alemania) e París. Ahhh¡¡ e todo esto para reclamar máis carris bici. Un bo motivo para facer estas ‘tolerias’.
Veremos como vai esta nova aventura, desta volta vestido, e se é capaz de chegar ata o centro de Europa, co patín de fabricación Finlandesa.
As súas protestas máis coñecidas foron algunhas como…
as 200 voltas á muralla de Lugo cando esta aínda non era Patrimonio da Humanidade, para reivindicar a concesión de este status. Máis tarde camiñou entre as catro capitais galegas, como protesta contra as minas antipersoas, e fixo tamén o Camiño de Santiago en sentido inverso, até Roncesvalles, coa ilusión de obter tantas novas doazóns de sangue como quilómetros percorridos.
Esas e outras aventuras empezaron a seguidas os medios de comunicación despois de decidir facelas cun novo elemento moi atrainte: o nudismo. Subiu cun taparrabos ao Pico Cuíña para reclamar a construción de un novo pavillón en Castroverde. Este éxito fixo que decidira repetir e incluso ampliar horizontes, polo que subiu escaso de roupa picos como o Aconcagua ou Kilimanxaro.

Replicantes…