Mai 06
-->

Cartel da Copa

Decidiuse este domingo a Copa de España de Duatlon Cros, foi en Vilabade, nun entorno inmellorable, a ermida do Carme.

A victoria foi para Yolanda Magallón (C.P. Mayencos) e pouco tempo despois, na categoríaAs gañadoras na roda de prensa masculina para Santi Arnés (BH Axarquía-Colegio Añoreta). Ademais da victoria parcial, adxudicáronse o campionato de España de Duatlon cros 2008.

Non fallaron os favoritos, que coparon as tres primerias prazas no podio nas dúas categorías absolutas. Xunto ca aragonesa Yolanda Magallón estiveron no podio, Agnes Kay Eppers (Cidade de Lugo Fluvial), medalla de plata, e Helena Herrero (Bricoblock-Esproten-Tritoledo), bronce. Xunto ao puertollanero Santiago Arnés (BH Axarquía-Colegio Añoreta)Santi arnes estiveron Víctor Manuel del Corral (Triatló Vilanova), que defendía o título conquistado o ano pasado, e Agustí Roc (Triatló Vilanova) que foron ouro, plata e bronce respectivamente.

O circuito deste ano era moito menos esixente na carreira a pe, con menos rampas, e máis na de bici, na que o trazado foi durísimo, baixando casi ata vilalle, cunha subida inicial de 1,5 km. Con estes alicientes convértese nunha das probas espectaculares, senón a que máis, do campionato.

A IV Copa Sport Life de Duatlón Cros, deixou, ademáis dos titulos inviduais, os seguintes campions por equipos: Bricoblock-Esproten-Tritoledo en clubes femininos e Triatló Vilanova en categoría masculina.

P.D. Podes ver máis fotos da copa en flickr.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Mai 02
-->

Duatlon 2007 Vilabade

Este próximo domingo, día 4 de maio, Castroverde acolle a quinta e última proba do campeonato de España Duatlón Cros.

Esta carreira está organizada pola FETRI (Federación Española de Triatlón) , http://www.triatlon.org/, e FEFEME Triatlon Miño.
A proba constará de 6 km de carreira a pe ao redor da Ermida do Carme, 20 km de bicicleta e para finalizar, de novo 3 km máis a pe.

A saída será para as 10.45, a categoría femenina, e para as 11.30 a masculina. Os favoritos en cada unha das categorías son: a boliviana Agnes Kay Eppers (Cidade de Lugo Fluvial) e a aragonesa Yolanda Magallón (C.P. Mayencos); o barcelonés Victor Manuel del Corral (Inverse Ditec T. Vilanova), actual campeón de España, e o manchego Santiago Arnés (BH Axarquía-Colegio Añoreta).

A Copa de España Sport Life de Duatlón Cros 2008 é unha competición por puntos, na que o Campeonato de España puntúa máis co resto de probas. Farase unha clasificaión individual en cada unha das categorías, e outra por clubes.
Coma sempre as revistas Sport Life, Runner’s World e Bike estarán no evento para levar unha cobertura especial da proba. Ademáis publicarei en directo os tres primeiros clasificados de cada unha das categoría neste mismo blog. E para a semana que ven, tamén estarán dispoñibles as fotos do evento.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp