Mai 15
-->

Internet representa un desafío para los periodistas [que] cada vez se ven obligados a ofrecer más información en menos tiempo, por lo que la calidad de las informaciones puede ser superada por la que ofrece un blog especializado” (conclusiones del I Congreso Blogs y Periodismo en la Red…”

Moito se fala actualemente da intrusión dos blogueiros como fontes de información(fiables ou non), pero o caso e que eles tamén se realimentan co que os blogs e distintas páxinas publican(publicamos) na rede. E digo esto, xa que como se pode ver no progreso, el correo gallego, a voz de galicia, etc; de días pasados, fan noticia dunha nova xa aparecida neste e outros blog días antes sobre o curso que está a dar Carmen de Foz, (esoterista), para o Concello de Lugo.

Cando menos curioso este comportamento, xa que os periodistas nunca citarán a orixe das súas novas, e tendo en conta que a publicación de blog supera xa os 112 millons ao redor de todo o mundo… cada quen que saque as súas propias conclusions. 

Chuzame! A Facebook A Twitter
Mar 07
-->

O engadido de Snap Shots ‘Serve’ para previsualizar unha ventaniña ca vista preliminar dun enlace. Poucas páxinas e/ou blogs están a favor de utilizar Snap, aínda que de todas formas muitos o utilicen, e a única ventaxa que parece ter é a de poder previsualizar o enlace, e se non é do teu agrado, ou xa o viches, pois aforras a visita.

  1. Cando estás desplazándote a través dunha páxina ou movéndote un elemento dun lado para outro, e pasar o rato por riba dun enlace que activa Snap de forma accidental, soe ser bastante molesto. Nalgunhos caso, raro é, distraeste do que estás a facer e tamén perdese a concentración.
  2. Algunha veces, cando intentas facer click nun enlace aparece Snap, e o enlace non funciona, ou tarda en abrise, ou…, eso mosquea.
  3. Aínda que todo o mundo esté ocupado, eu estou no teu blog, e so quero seguilo maldito enlace. Non se precisa nada para ‘vender’ un enlace, so deixame saber que é un enlace, e eu fago o resto, eu decido que facer con él, se accedo ou non. Non teño ningún interes en saber cómo se ve o sitio o que vou, se o enlazas xa é máis ca suficiente para min.

Creo que Snap , popups da web 2.0, é unha mala idea, que si, vese bonito,  pero non agrega ningún valor real  a un blog ou a un sitio web. Ou si? Ti que cres? 

Fonte orixe(en inglés) : Nick Wilson: Snap está arruinando o teu blog

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp