Nokia puxo a disposición dos seus clientes un buscador que permite saber exactamente se unha batería está afectada polo posible sobrequecemento, do que alertou a compañía fai unhos días. No centro de soporte da filial española tamén darán esta información os seus clientes a través do teléfono 902 40 44 14Nokia insiste en resaltar que só as baterías do tipo BL-5C, fabricada por Matsushita Battery entre Decembro do 2005 e Novembro do 2006, poden sufrir éste tipo de problema. “De los 46 millones de baterías de este tipo que hay en el mercado, sólo se han dado 100 casos de sobrecalentamiento“, insisten dende a filial, onde queren matizar que o número de erros é “ridículo“.
Os problemas de sobrequecemento detectados déronse sempre mentras o móvil estabase cargando. Nese momento producíase un cortocircuito que provocaba que se quentara en exceso a batería e facía saltar a súa tapa protectora. A multinacional insiste en que os usuarios afectados por éste problema no sufriron ningún dano físico.
Fonte orixe: zoomagazine.org