Segunda xornada do Eurobasket

2007
09.05

Vibrante partido o de onte(93-77) no que os letons puxéronnos as
cousas un pouco mais complicadas que a débil Portugal. Hai que ver como as
enchufaban de tres!!! e que defensa mais dura. Pero pronto Pau(26) botouse o
equipo ao lombo e tirou para arriba . Fáltalle a este equipo ás veces
un pouco de Bomba(navarro) e iso que onte Rudy(20) fíxoo francamente ben.
Pola súa banda Garbajosa(10) vai collendo minutos e aínda que segue tendo a
clase de sempre fáltalle algo de ritmo. A destacar tamen a boa actuación de Marc Gasol que bregou moi ben
dentro da pintura.
Por parte letona a destacar as actuacións de Valters (12) con moi bo
tiro, e Biedrins (17) un pivot interesantísimo. Como curiosidade, Kaspar Cipruss, ex – xogador do breogán, non puido en ningún momento cos pivots españois, e como xa o coñeciamos por aquí, tampouco tivo nada destacable en ataque.
Comezamos o resumo dos demais partidos de onte con Anthony Parker, que anotou 36 puntos contra Italia, pero é que o partido acabou cun tenteador (69-62) que, por outra banda e moi baixo, e pon aos italianos en moi mala posicion para clasificarse pra segunda fase, enfróntase a Polonia. Este encontro vai ser definitivo o que gañe seguirá e o que perda marcharase á súa casa(ou de vacacións).
A seleccion de Rusia, xa está clasificada para os oitavos de final, que superou a Israel (90-56) con bastante flacilidade despregando un bo xogo e colándose entra as favoritas.
Por outra banda, Grecia, que é o actual campeon, pasouno moi mal para terminar gañado a Serbia (68-67). A correúda Grecia, que non adoita afectarlle a presión, viuse sorprendida por un extratosferico tripla de Gurovic (14 puntos) sobre a bocina que forzou a prórroga. De todos os xeitos os gregos non cometeron dúas veces o mesmo erro, e Papadopoulus na última posesión do tempo da prórroga colocoulle unha ‘chapa’ a Marco Jaric. Unha pena o dos serbios, que aínda non gañaron, e teñen que facelo esta tarde, israel, para clasificarse para oitavos de final. O que gañe clasifícase.
Croacia, rival de españa esta noite, 21.30, a secta¡¡ tivo que xogar forte despois do descanso para poder gañar a Portugal (90- 6 8) que sempre aguanta ata o final do segundo cuarto, pero que despois se desinfla. A segunda xornada tamen deixou estes resultados para os que se lean todo o tocho. Lituania está forte, gañou á República Checa por 20 (95-75). Alemaña engrasou a maquina e deulle un repaso a Turquía (79-49), supostamente unha das favoritas, que xa non o é tanto. Eslovenia quizáis si poida ser a sorpresa verdadeira, despois do fracaso de israel, os eslovenos están en forma, e gañaron a Polonia (70-52).
Os líderes estatísticos son os mesmos que na xornada de onte, dominan, dirk en puntos, kirilenko en rebotes, e jasikevicius en asistencias.

Comments are closed.