Inviavilidade do PXOM de Castroverde.

2007
09.07

Copio no blog, a modo informativo, a resolución da inviabilidade do PXOM(Plan Xeral de Ordenación Municiapl) do Concello de Castroverde. Se alguén está interesado en velo completo, pode facelo pinchando aquí en formato PDF ou aquí en versión HTML. Se non tes claro a diferencia, pincha enriba deste link.

 A verdade e que hai cousas mui interesantes que se poden ver. Non volo perdades.

4. RESOLUCIÓN                                                                                                                           Resolvo declarar a inviabilidade do sometemento do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Castroverde, aprobado provisionalmente o 30 de novembro de 2006 no Pleno do Concello e cunha posterior modificación aprobada no Pleno do 28 de abril de 2007, ós tramites previstos no artigo 7 da Lei 9/2006, do 28 de abril, sen que isto exima ó concello de cumpri-los requisitos legais xa indicados na presente resolución e nos informes sectoriais recibidos.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2007

O Director Xeral de Desenvolvemento Sostible

Asdo.: Emilio Manuel Fernández Suárez

Xosé María Arias defendeu o texto e dixo: «Imos demostrar -argumentou- que ou noso plan pretende un urbanismo razoable. Isto non é A Mariña nin as Rías Baixas. Estamos na área metropolitana de Lugo e ou concello ten que ter posibilidades de futuro».

Pola súa banda, o portavoz do BNG, Pablo Ferreiro Tallón, preguntouse polos «intereses ocultos» do rexedor ao insistir en manter os chans urbanizables do PXOM pese ao informe negativo da Xunta. Tamén podes ver a resolucion no diario oficial de galicia.

Comments are closed.