Outro día máis co resumo do Eurobasket

2007
09.10

Outra xornada máis, e nesta españa venceu a Rusia por 81-69, que estaba imbatida, ademais de meterse primeira de grupo e estar clasificados para os cuartos de final.

Mal empezou o partido no primeiro cuarto, cando ao finalizar os primeiros 10 minutos a diferenza era de tres puntos abaixo(20-23), pero unha canastra e unha tripla de Juan Carlos Navarro fixeron recobrar o mando no segundo cuarto, coincidindo cunha mala serie de xogo ruso(parcial de 10-0), que estivo catro minutos( aprox.) sen marcar, chegando a escaparse de sete puntos. (23-30)

Rusia ‘espertou’ no terceiro cuarto e volveron a un marcador igualado, aínda que os triplos de España, Navarro, Alex Mumbrú e Garbajosa, ademais dos rebotes ofensivos de ‘*picapiedra’ reyes deron á selección cinco puntos de vantaxe ao descanso (40-35).

No terceiro cuarto , calderón tomou o mando e puxo un 63-51, aínda que se tirase unha pedra bastante considerable; a pesar de todo continuou dominando no cuarto definitivo para adxudicarse o partido por 81-69.

Calderón 17 pnts, Navarro 15 e Gasol 13 foron os máximos anotadores de España, mentres que no equipo ruso descatou (outra vez) Andrei Kirilenko con 21 puntos.

VITORIA DE GRECIA. Antes deste partido, grecia cun triplo no último segundo de Vasileios Spanoulis, gañou a Croacia, cun marcador final de 81-78.(mesma moeda que contra españa, pero ao revés).
Nun encontro mui igualado, Grecia remontou da man de Dimitrios Diamantidis e Lazaros Papadopoulos(Real Madrid), máximos anotadores gregos con 23 e 22 puntos, respectivamente.
Nun final interesantisimo, Grecia gañaba de catro puntos a falta de 14 segundos para que soase a bocina.Tras un tempo morto de Croacia, Zoran Planinic(TAU) cun triplo situou o marcador 77-76 a favor grego con só 12 segundos por xogar.
Diamantidis só converteu un tiro libre e Marko Popovic empatou o partido para Croacia, pero un triplazo de Spanoulis deu a vitoria ao combinado grego.
Mentres, no primeiro partido da xornada, Portugal, unha selección que sorprendeu ao pasar á segunda fase, impúxose a Israel por 94-85. Portugal aínda pode disputar os cuartos de final do Europeo, é unha posibilidade remota, aínda que posible.
Israel só ten por diante un partido máis, contra España, e depende de terceiros. Agora, os lusos gozan dun panorama difícil, moi difícil, pero afrontan o choque da terceira fronte a Grecia con portas abertas para dar o que sería unha auténtica badalada.
Italia e Turquía, enfrontaranse hoxe no primeiro partido da segunda xornada do grupo F, o que perda quedará fóra de cuartos e o que gañe seguirá pelexando.
Lituania e Eslovenia, mediranse a Francia (19.00 horas) e a Alemaña (21.30 horas), respectivamente . Nos partidos máis interesantes do día de hoxe

Comments are closed.