Resumo da xornada. Eurobasket 07

2007
09.11

– Alemaña fixo un completo ridículo ante Eslovenia,que segue invicta, e impúxose por un claro 77-47. Ao final do primeiro cuarto eslovenia cun partidazo, puxo un resultado parcial de 30-9, contra o que non puideron facer nada os alemáns. Dirk Nowitzki fixo todo o que puido, sendo o único xogador capaz de marcar máis de dez puntos(16 puntos.). Matjaz Smodis máximo anotador do partido con 22 puntos e cinco rebotes.– Lituania gañou a Francia por 88-73 e xa é a súa quinta vitoria consecutiva no Eurobasket. Destacaron Ramunas Siskauskas, con 19 puntos e cinco rebotes, e Darius Songaila, con 17 tantos e sete rebotes. Sarunas Jasikevicius, que xogou a pesar dunha lesión nun abductor, deu sete asistencias. Francia, foi por debaixo desde o inicio do segundo cuarto, e o seu máximo anotador foi o pivote Florent Pietrus con 13 puntos e seis rebotes.
– Noutro partido da xornada, a vida ou morte, Italia necesitou a prórroga para gañar a Turquía por 84-75. Turkia tuvoo nas súas maos, xa que logrou ir 12 arriba, pero a precipitación nos momentos decisivos fai que quede eliminada do torneo.

Neste grupo están decididos os tres primeiros postos con Eslovenia, Lituania e Francia (primeira, segunda e terceira) en cuartos de final, mentres que Italia, cuarta, loitará para clasificarse con Alemaña, quinta. Turkía xa eliminada loitará por un posto do 9 ao 16.

Mañá, Alemaña xogará contra Italia, Francia contra Turquía, e Lituania contra Eslovenia.

Comments are closed.