Canto se gana cos anuncios de google?

2007
09.25

Primeiro de todo e antes de ver canto podríamos gañar con Google Adsense, vamos a ver que é todo esto.

¿Qué é Google Adsense?

Unha gran pregunta que moita xente se fai. Google Adsense é un dos moitos programas de publicidade en línea que hai actualmente. Para o gusto de moitos o mellor sen dúbida, xa que ata aqueles que se inician adoitan verse rápidamente sorprendidos polos alcances do programa de Google. Pero é importante non quedarse nese punto, pois aos Anuncios de adsense, como aos cítricos hai que extraerlle ata a última pinga, e para iso hai que poñerse a estudiar un pouco máis a fondo.

Basta dicir que para empezar, o programa axúdache a pagar as contas dos teus dominios, o cal permíteche concentrarche máis nos teus contidos e menos nos pagos.

Pero, ¿Canto Diñeiro Gañarei con Adsense?

En verdade, non se sabe. Podes gañar dun ou dous euros ao día ata varios miles, ou moito máis.

Con todo, os que saben un pouco desto conclúen que os exemplos dados palidecen ante moitas grandes comunidades que hai en internet, unha delas é youtube.com, adquirida polo mesmo Google, (curiosamente, jajaja), con total e absoluto coñecemento de causa, pois os mozos de youtube levaban en adsense a súa principal fonte de ingresos e o sitio ten publicidade en cada unha dos seus varios de millóns de páxinas.

Non é posible predecir canto gañará unha web, pero poderiamos exemplificar con algúns datos mais ou menos estándar: Manexaremos un CTR (Porcentaxe de Clics sobre impresións) do 1.5 %, que dito sexa de paso non é moi bo por cento, pero en portais enormes con iso basta para lograr unha carretada(como me gusta esta palabra) de euros ao día, e tamén manexaremos unha ganancia promedio por cada clic de .065 euros que tamén é baixo, pero moi bo. Agora Fagamos contas, (como diría manolín de anxel; números):

Con 600 impresións daríanos 9 clics e isto significa .45 euros aprox. nun día.

Impresions Clics Euros Diarios Euros Mensuais Euros Anuais

600

9

0.58

17.55

210.60

6000

90

5.80

170.55

2,046.60

60,000

900

58.00

1,705.50

20,466.00

600,000

9,000

580.00

17,055.00

204,660.00

Creo que alcanzar 60,000 impresións ao día esta fora do alcance de case todos(e menos de nos, claro está), pero iso non impede que moitos o logren, e xa nin falamos das 600,000, iso si que é un mundo aparte. Con todo, se é moi posible alcanzar e pasar de 600 impresións, se nos poñemos a traballar e temos algo de paciencia.

Pero que pasa se dobramos os números, o cal lógrase optimizando os teus anuncios e paxinas, é dicir, alcanzar un CTR do 3.0 %. Vexamos o que sucede.

Impresions Clics Euros Diarios EurosMensuais EurosAnuais

600

18

1.17

35.10

421.32

6000

180

11.70

351.00

4,212.00

60,000

1800

117.00

3,510.00

42,120.00

Opps, así ata lle dá ganas a un de traballar jejeje, bueno non tanto. Hai que recordar que os números de adsense son ‘altamente’ variables entre un tema e outro, entre unha tempada e outra. É dicir, podes gañar unha media de .065 euros por clic como o exemplo ou podería ser 0.2, pero tamén pode ser de .1 e ata .5 euros por clic(bueno esto é a teoría, que despois…). Isto mesmo levou a moitos á procura do tema máis beneficioso, con todo, case no 100% dos casos a súa procura é infrutuosa. O mellor é manexar os temas que mais nos gústan, e dos que coñecemos aínda que gañemos menos cartos por clic.

Con todo xa temos unha algunhas certezas.
– Conforme aumentan as visitas aos teus sitios aumentan as ganancias
– Os visitantes novos dan un pouco mais de clics que os visitantes continuos
– Os sitios en inglés xeran máis ganancias que os sitios en español, quizais ata o dobre. Non se sabe para os sitios en galego, ou non hai datos. manuelgago.org ten adsense e escribe en galego.
– Optimizando as tuas paxinas e anuncios de adsense aumentan os clics e con iso as ganancias.
– Nos foros a ganancia baixa un pouco polos poucos clics dos usuarios continuos.
– E finalmente; canto mais te esfórzas e segues a vía correcta mais grande é o teu cheque, pero iso si, hai que ser pacientes e estudar o tema.

Adsense xérache un cheque cando alcanzas como mínimo 100 dólares ao mes. Se non chegas a esa cantidade acumúlase coa do seguinte mes.

Todo isto esta Moi ben, pero ¿Como Funciona?

Primeiro hai que solicitar que che acepten no programa, envías o teu sitio web e un axente de Google a visita para ver se cumpre coas normas que se establecen para os sitios que publican adsense. Isto pode tardar unhas cantas horas, ata dous días(por norma).
Logo de que che aceptan podes agregar outros sitios sen que sexan revisados como o primeiro. Unha vez dado de alta podes tomar os códigos para a publicidade adsense e pegalos no teu sitio web. Google encárgase dos demais detalles. Adsense é capaz de identificar case ao instante as palabras chave das distintas paxinas do teu sitio e mostra a publicidade relacionada co contido da tua web, o que volve á publicidade adsense moi atractiva para o visitante. Por exemplo se unha das túas paxinas fala de Tours a Finlandia, o mais probable é que a publicidade adsense será tamén de Tours a Finlandia. E é esa unha das principais claves do éxito que ten este sistema de publicidade.
Ganar Dinero en Internet con Adsense
Os anuncios Adsense son relativos os temas da web onde se mostran.

¿E eso é todo? ¿Con eso xa está?

Si, con facelo básico podría chegar, ainda que hai múltiples técnicas que che permitirán sacarlle todo o posible a fruta de Google, chamada Adsense. Imaxina que xa estás gañando 150 euros ao mes, pero que con algunhas optimizacions poderías estar chegando a 300, o doble¡¡¡¡
Pregunta aberta: Que vos parece? estades a favor da publicidade nos blogs?

 Fonte orixe: http://www.tallerwebmaster.com

Comments are closed.