Que é technorati

2007
10.09

Actualmente, unha ferramenta moi útil para buscar blog, e para que te busquen.

Comezamos cun pouco de historia: Technorati foi fundada por Dave Sifry e a súa sé(sede) principal está en San Francisco, California, Estados Unidos. Tantek Çelik é o Xefe Tecnolóxico da web.

   1.- Que é Technorati?: É un servizo de procura para blogs que os categoriza e colócaos nun ranking baseado no número de enlaces e que tan popular son.

2.- Como axuda iso ao meu blog?: O estar indexado en Technorati permíteche que outras persoas interesadas no teu contido te atopen e te enlacen. Mais enlaces, mais popular, mais visitas.

3.- Como agrego o meu blog aí?: Tes que rexistrarche. Se gustas segue este link para facelo, só enchendo os teus datos. Posteriormente é convinte “reclamar” (claim) o teu blog.

4.- Que facer despois?: Despois vén algo que é importante, que é o usar “tags”. Estas son etiquetas que dalgún xeito resumen a temática do teu blog. Así se este blog fala de “blogs”, a etiqueta que usaremos é “blogs”, así alguén que busque cousas sobre do tema localizános, e tamén nós ao momento de buscar información buscaremos quen comparte a mesma etiqueta ou “tag”.

nube palabras masoucos

Esta é a forma en que os “tags” aparecen en Technorati. Como unha nube. As mais populares están mais resaltadas, as menos non. Agora no momento de escoller os teus “tags” non penses que ao escoller as mais populares, terás mais tráfico. Isto daríache mais blogs que falan do mesmo, ou sexa maior competencia, e non mais novidade do tema. Polo que se existe o tag “blog”, o teu poderías poñer “novato” ou “newbie”, do cal non fala moita xente e o teu blog destacase mais.

5.- Como sabe Technorati que actualizache o teu blog?: O sistema manexa un sistema de “pings”. Se utilizas estas plataformas: Blogger, Moveable Type, Typepad ou WordPress, este “ping” é automático. Se non é así, terás que facelo manualmente mediante esta páxina.

6.- Os favoritos de Technorati: Unha vez subscrito en Technorati, podes buscar blogs e convertelos nos teus favoritos. Podes facelo polo seu ranking, polo número dos seus enlaces, etc. Aqui esta a lista dos mais favoritos de technorati.

Se queres que os teus usuarios te marquen a ti como os teus favoritos desde o teu blog, Technorati ofrece botóns e/ou enlaces para facelo, vai a esa páxina. Podes saber quen te marcou como favorito.

7.- Pode Technorati darche mais información do teu blog?: Claro. Facendo click neste enlace podes ver mais información deste blog.

Aí atoparás cal é o teu ranking, cantos blogs te enlazan, o teu url, cando foi a última vez que actualizache e cantos che teñen nos seus favoritos.

Fonte orixe adapatada(en inglés): “Blogging 101: Ten Technorati Tips “, e tamén http://www.mi1erblog.com/

One Response to “Que é technorati”

  1. […] Este artigo é unha adaptación, e continuación doutro anterior, do que se publicou fai un tempo en Lifehacker chamado Ten ways to search with Technorati. […]