6ª Xornada. 3ª Rexional; S.D. Castroverde – Cazás

2007
10.14

Castroverde 2 – Cazas 2

Empate a dous goles nun partido onde calquera se puido levar a victoria. O empate é un resultado engañoso, xa que foi un partido mui disputado, no que a sociedade deportiva castroverde tivo que remontar dous goles en contra.

1-Chino, 2-Raúl, 3-Iván’Patadón’, 4-Pere, 5-Edu, 6-Manu, 7-Albino, 8-Toño, 9-Juán,   10-Gelo, 11-Héctor. Tamén xogaron: 12-Iván, 14-Tacho, 15-Javi, 16-Pablo.

Comezou o partido cunha primeira parte muy intensa, con ocasións clarísimas, na que calquera dos dous equipos se puido ir con ventaxa o descanso. Non foi así, en parte polas paradas dos porteiros, en parte polo desacerto dos dianteiros, co que se chegou o descanso, empate a cero goles.

Xa no descanso sae Javi por Juán, pero este cambio non fai que melloremos, e o cazás ponse por diante nun fallo da defensa local. Dous minutos máis tarde, pola pouca fe do castroverde, o cazás vólvese adiantar. Eses minutos malos terminan co acertado cambio de sistema, e coincide ca salida de Iván o campo. Ca nova estratexia, o equipo vaise arriba, e dispón de muitas máis ocasions, co que non tarda en chegar o primeiro, un golazo de volea ca zurda de hector.

Pouco despois, e polo absoluto dominio, lógrase o empate, tamén de hector, que nun bon desmarque bate por baixo o porteiro visitante.

Xa co empate logrado, cambio de sistema novamente, co que o partido volve o ritmo incial, e o cazás confórmase con non perder, un partido que tivo nas mans, e que puido levarse o castroverde no tramo final.

O mellor do castroverde: Héctor

O próximo partido xa será novamente fora da casa, contra o Folgueiro. O máis destacado do resto da xornda, foron o empate a tres goles do san román, fóra da casa. O outro resultado sorprendente, foi a victoria por tres goles a un, do sacido diante do celta, equipo menos batido da categoria ata ésta xornada. Os demais resultado da terceira rexional, grupo XII, foron:

Resultados

Momán – Meira 4 – 0
T. Miño – S. Román 3 – 3
Sacido – Celta 3 – 1
S. Ciprián – Abadín 4 – 0
Catro Roldas – Folgueiro 0 – 2
Candelaira – Matela 1 – 1
Castroverde – Cazas 2 – 2

Próxima Xornada

Codesido-Momán  
Meira-T. Miño  
S. Román-Sacido  
Celta-S. Ciprián  
Abadín-Catro Roldas  
Folgueiro-Candelaira  
Matela-Castroverde  
Cazas- Descansa  

Clasificacion(Equipo)

X

G

E

P

GF

GC

Ptos

1. S. Ciprián 6 6 0 0 26 7 18
2. Sacido 6 5 0 1 17 5 15
3. S. Román 5 4 1 0 13 8 13
4. Celta 6 4 0 2 16 5 12
5. Folgueiro 6 3 1 2 11 5 10
6. Castroverde 5 3 1 1 8 12 10
7. Cazas 6 3 1 2 10 16 10
8. Momán 6 2 1 3 7 6 7
9. Matela 6 2 1 3 9 12 7
10. T. Miño 6 2 1 3 11 15 7
11. Meira 5 2 0 3 7 16 6
12. Candelaira 5 1 1 3 8 10 4
13. Codesido 5 1 0 4 8 7 3
14. Catro Roldas 5 0 0 5 4 11 0
15. Abadín 6 0 0 6 4 24 0

Comments are closed.