‘Conxunto de berros dun porco cando o van matar’

2007
12.29

…(I)Será a primeira vez que critique a presente administración galega que leva o medio rural, ou secadra tamén lle atane algo a de cultura, pero na miña opinión están a cometer un grave erro o permitir á xa vixente lei 32/2007 a que regula as matanzas tradicionais.

Normalmente cando se aproba unha lei é porque con ela se pretende mellorar algún aspecto na sociedade, ou polo menos que teña máis puntos positivos que negativos. Sobre esta lei de benestar animal din “expertos” que todas son vantaxes. Algún de vós viu matar un porco con eses métodos ?? (o que máis se vai a estender será o do estilete percutor que se crava na testa do porco, principalmente por ser o máis coñecido). Obrígase por temas de benestar animal principalmente… e digo eu, o benestar animal está moi ben, pero compartiredes comigo que normalmente nunha matanza nunha casa o porco trátaselle ben, simplemente se lle priva dos seus movementos, o gandeiro é o principal interesado no bo trato pois deso dependerá que non haxa desgarres musculares e non se perda carne. Este tema do maltrato dos animais sería un tema interesante a tratar pois é curioso que a xente que leva toda a vida co bo facer se lle impoña e se lle persiga coma delincuentes cando por todos é coñecido os últimos casos de “maltratos” animais nos matadoiros, ¿quén os vixía a eles? Ou é que o ter un selo na entrada da porta da xunta xa lles permiten facer de todo portas adentro?. Outro punto positivo que se nos vende é a seguridade do traballador, do matachín, para evitar cortes ou magulladuras. Falso. No método tradicional e actuando con oficio o cocho é inmobilizado completamente antes de ser sangrado, neste novo o cocho debe ser cravado antes de botarlle a man, e logo quen é o gracioso que se acerca pois nun sitio aberto cos tics nerviosos que lle produce a parálise é imposible e moi perigoso. Dinnos que a carne se curará mellor o non estar en tensión os músculos á hora de ser sangrados. Non digo que non sexa certo pois existen estados que coñezo que así o confirman, pero tamén existe o mellor estado, o de miles de cochos matados o longo da vida e xamóns curados. Eu sosteño que a perda de moita da carne non é por como fose matado o porco, e si máis no tipo de condicións onde se curan, a salmoira a ventilación, sen esquecer que os cochos cada vez teñen máis volume de magro sen vetas de graxa, así nesas condicións é moi difícil curar un xamón.

Xunto con todo esto, non esquecer que forma parte da nosa cultura, pois o igual que os españois teñen a súa cultura de matar un touro bravo nos temos a nosa de matar o porco. Eles teñen cantos exaltando a figura do “mataor”, grandes literarios rescaldan coas súas obras mestras esta “cultura do pobo” ¡¡ ate se identifica por completo a un país con esas imaxes!!!, atrévense a meternos a todos no seu saco. Pois ben, nos tamén temos cantares e refráns para o día de San Martiño, temos grandes figuras nadas no país e elas tamén falaron dela na súa narrativa e dende tempos anteriores a que se metese un estado nun circo, cebábanse porcos na terra céltiga. Pero diferenciámonos nunha cousa moi importante: eles pican e repican “o bravo” para que perda forza pois non poderían con el. Eles fanlle burla durante o tempo que aguante para acabar sendo matado e nos bos dos casos cunha estocada senón vóltase a repetir que ben o aguanta. Ah!!! E todo elo diante de milleiros de persoas, que ademais teñen a peculariedade de ser a maioría xente adiñeirada que disfruta co panorama o igual que nunha zarzuela.

[gv data=”SMbWJqHxCAQ” width=”425″ height=”350″][/gv]

Nós temos unha loita man a man co porco. Nos facemos para que sexa limpo e rápido, sen vaciles. Xúntanse veciños e familiares, e sempre co ánimo de encher a despensa, seguir cun traballo que servía como pretexto para festa e sustento.

– Continuará…(un de tordea)…

2 Responses to “‘Conxunto de berros dun porco cando o van matar’”

  1. Cuartos di:

    Estou de acordo contigo
    hai cousas mellores que facer que
    mirar como matan os porcos.

    Matar un porco pra autoconsumo é delito,,

    e matar un touro por divertimento, que é?

  2. Tino di:

    onde se moven cartos, e se teñen amigos…nada que facer…