‘Etiopía ten fame, arrastra o bandullo’

2007
12.30

…(II)Está alguén interesado nesto?. Eu penso que si.

O igual que pasou xa fai tempo cos augardenteiros, ca destilería da caña de cada casa, para logo poder sacar un “orujo de Galicia” amparado baixa unha D.O. protexida. Todo era compatible sen facer ese estrago. O igual pasará cos muíños tradicionais. A pena é que xa non queda ningunha persoa nova que siga, pero tampouco ían deixar as grandes industrias da fariña co pretexto de que si é antihixiénico etc… pois anque parecía que non, sacáballe cota de mercado de cara a pequenas panaderías. O mesmo están perseguindo as grandes cooperativas productoras de ovos, que buscan a eliminación da venta de ovo de curral en feiras e prazas para coller un novo mercado que antes lles era imposible de entrar coa aparición de novos etiquetados nos seus produtos. Todo elo nun tempo no que premia a seguridade alimentaria e no que cada vez preocupa máis o que comen os nosos fillos que sexa equilibrado, pois eu digo que moito tiñan que aprender tanto de seguridade alimentaria as grandes industrias, pois fáltalles o que se chama compromiso e o bo facer, así como a calidade nos produtos que a xente produce para si e venden os seus excedentes. Con esto non digo que non sexa necesario unha industria, inda diría máis debería de fomentar a súa aparición, pero que as nosas industrias destacasen sobre as doutras zonas pola súa calidade esa calidade e prestixio que poden recoller da nosa historia. Todo é compatible.

O que necesita o noso campo é industrialización, si, pero do campo, non de catro xa existentes que acaparen o mercado. Se queremos que a xente se quede, e a que xa está continúe teremos que aumentar a autoestima, que se sintan identificados. Parece mentira e curioso que fose unha industria a que por medio dun anuncio televisivo nos abrise os ollos do que somos, das nosas “manías” e ditos, costumes e curiosidades que facemos por ser quen somos. Por suposto que o seu interese non está na mensaxe principal do anuncio de vivir como galegos e levantar o noso peito, o conto principal son as imaxes que saen dunha neveira chea de produtos que o consumidor identifica coa marca. Certa manipulación dos sentimentos? Cada quen …

[gv data=”PwqzWvVNNM8″ width=”425″ height=”350″][/gv]

– Continuará…(un de tordea)…

Comments are closed.