4ª xeración de emigrantes galegos.

2008
01.20

[lang_gl]

  • Oes, ¿sabes quen marchou traballar pra fóra?

    • Quen
    • Daniel!!!
    • Que Daniel!!
    • Daniel, o do Pino
    • Que dis, pero pra onde marchou.
    • Non sei ben, só sei que fai cousa dunha semana foi a unha entrevista a Navarra do seu, e que marchou onte “pra-lá” e vai en serio porque levou a Sandra con el.
  • …..

Semella que Galiza foi i é produtora de traballadores, de peóns, de intelectuais, de enxeñeiros, de emprendedores… fora da súa casa. A primeira xeración de xente que marchou do pais considero que puido ser aquela dos pais dos nosos avós, ou incluso a anterior, aqueles que foron para Cuba, o brasil, venezuela, ou méxico, e que voltaron, e na súa volta fixeron obras sociais (ou sen voltar) como escolas que moitas levaban o seu nome e cuias construcións o igual que súas casas eran ben coñecidas aínda quedando algunha mostra da típica construción dos denominados xa “indianos”, con dúas palmeiras á entrada que ben semellan os xardíns dalgún palacete “habanero”. Logo xa a segunda a dos nosos avós… tamén para as “américas” pero moitos deles sen tanta sorte. A terceira consideroa aqueles coma nosos pais que sendo novos e con ambición se decidiron máis ben por ir cara o centro europeo, predominando Francia, Alemaña, Suiza ou Holanda. Algúns xa se ían quedando polo resto do estado, Barcelona, Bilbao, Madrid. E agora parece que nós está a tocar, aos rapaces/zas, agora nós.

Todos coñecemos xente… uns incluso se quedan cando van de Erasmus ou de viaxe por europa, xa a traballar, outros desplázanse a Madrid…

Somos xunto cos andaluces os que máis preparamos oposicións á “guardia civil”. Galegos nese corpo… por toda España… ¿vistes algún madrileño garda civil?.

Non sei xa que opinar, si ben ou mal, si si ou non. Quedareime coa nosa célebre opinión “bueeeno”, pois é dificil, coñezo casos que nunca o imaxinaría, que ate me deixan moi tocado, tocado e fundido.

Quédome co consolo de que sei que esa xente virá sempre que teña ocasión, que nos deixará quedar ben, que sempre o coñecerán coma “gallego” e que se nunca sentiu nada agora comezará sen remedio algún a sentir, sentir algo que lle remexe por dentro co cal valorará todo o vivido na terra da cal marchou. ¡¡¡ Eso ten que ser debido a un xen !!!

Fmdo: ‘Un de Tordea’ [/lang_gl]

[lang_es] Disculpa; este artículo publicado por ‘Un de Tordea’, solo está disponible en Gallego [lang_es]

One Response to “4ª xeración de emigrantes galegos.”

  1. Tino di:

    Non sei porque pero sóname algo, e sintome identificado…, pero pode ser que sea casualidade¡¡¡