Será a definitiva para as piscinas

2008
02.26

CCD12122007PiscinasCastroverde [lang_gl]Veño de ler no progreso, na edición de internet, que se retoman as obras das piscinas de castroverde, si, 14 anos despois, e pasarán por fin a historia fotos coma ésta. 

Agardemos que por fin se aranxen¡¡ Agora so falta xente que ás utilice¡ [/lang_gl]

[lang_es] Leo en el progreso, en la edición de internet, que se retoman las obras de las piscinas de castroverde, si, 14 años despoes, y habrán pasado por fin a la historia fotos coma ésta. 

Esperemos que por fin se arreglen¡¡ Ahora solo falta gente que las utilice¡ [/lang_es]

A Deputación de Lugo investirá en dous anos preto de 500.000 euros na reconstrución das piscinas de Castroverde, unhas obras que levan catorce anos paradas, segundo anunciaron o presidente do ente, José Ramón Gómez Besteiro, e o deputado de Cultura e Deportes, Antonio Veiga Otero.

O presidente expresou o “compromiso serio” da Deputación con este proxecto, para saldar “outra das débedas históricas que había” cando a coalición PSOE-BNG chegou ao goberno provincial. Segundo Antonio Veiga, “é un acto de xustiza e unha débeda histórica realizar unha actuación sobre as piscinas de Castroverde, unha intervención demandada á Deputación dende hai anos tanto polo alcalde como polos concelleiros do BNG”.

As obras terán un custe concreto de 470.000 euros, en dúas anualidades, e serán licitadas este ano.

Os dous representantes da Deputación foron recibidos polo alcalde, Arias, Bao y Besteiro, diante das piscinasJosé María Arias, quen sinalou como obxectivos para este mandato a construción do parque empresarial e a mellora nas comunicacións entre a capitalidade do concello e a rede de vías provinciais.

As piscinas, segundo comprobaron Gómez Besteiro e Veiga Otero, están totalmente abandonadas dende que en 1994 se paralizaron as obras, polos importantes defectos que presentaba a construción.

O alcalde salientou que se trataba dunha visita histórica por parte dos responsables do goberno da Deputación xa que Castroverde fora “un concello castigado durante anos” pola entidade provincial á hora do reparto de fondos.

Tags: , ,

7 Responses to “Será a definitiva para as piscinas”

  1. mimá…..
    se cadra algún verán poderei pasalo na casa porke kizais teña traballo de profe ou de soco nas piscinas jajajaja

    ke boN!

  2. Tino di:

    ten en conta que o que non di, e para cando estará rematada¡¡¡ Licítase…, pero que despois se faga…, e ademais están ahí as eleccións…
    Non sei, da que pensar¡

    Pois a ver se tes sorte, e te vemos pronto nas piscinas¡¡ pra socorrernos¡¡¡

  3. bueno… penso coma ti… que son eleccións e a cousa esta chunga pero non perdo a esperanza de algun dia ver as piscinas rematadas e con muita herba ó redor…
    Un bico*

    ¿segues sen poder entrar no meu espacio?… non sei como poder permitir o acceso desde esta paxina… creo ke non se pode…:S

  4. Tino di:

    herba ó redor…, diosssssss, pra eso aínda queda muito¡ Quitar ás silvas, da muito chollo, ademais como lles leve tanto como no campo de fútbol…¡¡¡

    Sigo sin poder entrar, pero non pasa nada non te preocupes pola xente da páxina…, podesme dar permisos a conta de hotmail¡

    bicos a esgalla

  5. un de tordea di:

    que piscinas…nada “ó ecolóxico” unha furada na terra e enchela de auga. cando eu era rapas no río divertíamonos moito… en pelotas nada de bañador… rapaces por un lado e rapazas polo outro… aquelo si que era vida… e había herba do redor!!!

  6. un de tordea di:

    emocioneime e esqecin escribir o que quería escribire: conversa mantida na foto adxunta:

    di o traxeado:- uy, que asquerosa esta el agua… ¿desde cuando no ehan cloro?

    di o que máis se aproxima á beira:- aquí cemento… e alí cemento, carallo esto fai falta unha pila de cemento.

    observación: ¡ o botellon chegou a castroverde, hai unha botella de motxo flotando..!!!

  7. Tino di:

    “ó ecolóxico” mellor non, que poden vir os do seprona decindo que estás a estragar un ecosistema¡¡¡¡ XDDD en pelotas? jajaja

    jajaja, pero que bo diálogo de besugos¡¡¡ Xa podes facelo pero ca foto¡¡