[lang_en] I am sorry, this option is not yet available. If you are interested, you can try this one: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_en][lang_es] Lo siento, no es posible ver el blog en español. Puedes colaborar en su traducción si lo deseas. También puedes ver el blog, en versión original haciendo clic: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_es][lang_gl]
O programa de RNE-Radio 3 “A Estación Azul”, dirixido por Ignacio Elguero, resultou gañador do Premio Galicia de Comunicación, na especialidade de radio, pola serie de programas “Encontro coa poesía galega”. Tres programas especiais nos que se deron cita os nomes máis relevantes da poesía galega contemporánea: María do Cebreiro, Suso Pensado, Yolanda Castaño, Claudio Rodríguez Fer, Luz Pozo Garza. Xavier Seoane, Chus Pato, Ana Romaní, Pepe Cáccamo, Arcadio López Casanova, Manuel Torneiro. Miguel Anxo Fernán Vello, Manuel Rivas, Salvador García Bodaño, Vicente Araguas, Darío Xohán Cabana e Ramiro Fonte…. escritores de distintas xeracións e correntes estéticas que deron testemuño cos seus versos do momento dourado que vive a poesía galega.
Igualmente estivo representado o mundo editorial e contouse cos cantautores galegos Emilio Batallán, Fran Pérez e Xavier Díaz. .
O encontro, celebrado en Lugo, estivo dirixido por Ignacio Elguero, coordinado pola xornalista galega Beatriz Domínguez Cao e contou coa colaboración especial de RNE en Galicia.
Foi inaugurado nas súas distintas sesións polo Presidente da Deputación D. José Ramón Gómez Besteiro; o alcalde de Lugo D. José López Orozco e a Conselleira de Cultura da Xunta de Galicia Dª Ánxela Bugallo, contou coa presenza do ministro de Cultura D. César Antonio Molina, no acto de clausura, que leu dous poemas. . Unhas xornadas que trataron de promocionar a poesía galega, promover o diálogo entre as distintas linguas do Estado, así como fomentar a lectura. Neste sentido, o encontro contou co apoio dos Editores Manuel Bragado (Edicións Xerais) e Carlos Lema (Editorial Galaxia).
Con este evento cultural, considerado histórico polos propios escritores, colaboraron diversas institucións como Ministerio de cultura a través da Dirección Xeral do libro, a Consellería de cultura da Xunta de Galicia, a Deputación provincial de Lugo, o Concello de Lugo, a Vicerrectoría de cultura da Universidade de Santiago de Compostela e a Sociedade Estatal de Conmemoracións culturais.
Fmdo. Faleieu [/lang_gl]
Tags: comunicación, Estacion azul, galicia, poesía, premio, Radio 3
Unha moi boa proposta que ten o seu premio. É incrible, un programa en galego para todo o territorio nacional¡¡¡ E que teña continuidade.
Volveremos ver máis artigos firmados por Faleieu? Eu aposto a que si, hai que perseverar¡¡¡
ahí eatamos Faleieu. Non teño nada que comentar… un artigo impresionante…xa vales para redactor/a do progreso. e non o digo por burla, senon polo como me gusta a tua expresión..en fin.
segue por aquí colaborando que algún cho agradecerá de verdade.
un bicaso…q ue ben sabes que se poidera cho daría persoalmente.
ate sempre… un anxo.
Non digas eso, que o que perdeu o progreso ganámolo todos nos cos seus artigos¡¡¡
Certo é que cho agradecerei.!!!!!! A idea deste blog era a de poder facer algo colaborativo entre muita xente, máis o final…
jajajaja, o último xa non respondo, que meterse cun anxo… jejejejeje
ejem, ejem……………..!!!
ooooooooooooooooiiiiiiii creo que aquí hai gato encerrado¡¡¡
Que pasou con esto Noe¡¡¡¡¡ Cóntanos. Esto é unha noticia que mandou FaleiEu¡¡¡
P.D. Vale, xa sei, que non ten nada que ver cos temas que che dixen 😉 … pero pareceume unha cousa que poucas veces pasaba¡¡¡
jajaja eso “Noeliña” conta… conta… q a min esa carraspera que tes, tenme preocupa.. ¿estás ben?
Por alusions… explícome, por se a carraspeira vai a máis:
Neliña! é unha das persoas que máis textos me enviou, e colaborou(dando ideas) na ‘oscuridade’ conmigo. Recordo alguns dos temas para falar que recibin… dun hotel das torres de Plaza Castilla en Madrid, dun escritor de Castroverde, do arde lucus(é este finde), do interfolk en lugo, a folga de transportes da semana pasada, do día das letras galegas… e seguramente me deixo algún.
Madou muitos textos, cousa que outr@s, que son usuari@s do blog, non fan, polo que GRACIAS NELIÑA! Podeste facer usuaria(se queres), para que escribas e desenvolvas os teus propios textos…
Por utra banda, teño que ter un filtro das cousas que poño, ou non. Sintoo de verdade, e espero que sigas a colaborar¡¡¡¡
Muitas gracias a TODOS¡¡ ca vosa axuda mellorarei a Fiestra¡¡
mmmmmmmmm! a verdade e ca frase quedoume incompleta. PIDO DESCULPAS, (ata pensen que non se publicara). A frase estaba en proceso e viña a dicir:
“”ejem, ejem………………..menos mal que e (o nome e) faleieu e non escribineu”” .