Ben e sabido que hai de todo en todolos lados, pero… o do xornal 20 minutos, é de risa:
Citas que no te puedes perder: Fiesta de la lura: Castroverde (Lugo). 15-16 julio.
Non coñecía eu a tradicción do noso concello na pesca da lura… será da lura dulce de río, porque non se entende. Eu que estiven a celebrar o santiago, podendo tamén celebrar a festa da lura, a quen se lle conte,menos mal que a foto non está feita en castroverde, senón si que xa sería de cine¡
Por se acaso, acompaño a definición de lura, e tamén unha foto… para os despistados¡
Luras.f. Molusco de corpo alongado da clase dos cefalópodos, con oito brazos e dous tentáculos moito máis longos ca estes, dúas aletas triangulares na parte posterior e cunha cuncha interior delgada e transparente en forma de pluma. As luras expulsan borra para escurece-la auga cando están en perigo. CF. choco, pota2. s Lura pota. Pota2.
Cambiando de tema totalmente, comentar que está a exposición pública a licenza municipal para instalación dunha estación base para telefonía movil en Furis, en Vilacote, Tórdea e Reborados por TELEFÓNICA MOVILES ESPAÑA S.A. ou quizais mellor, Timofónica. Se cres a que podes aportar algo, terás que ir o concello e entregarlles por escrito a túa reclamación ou a túa suxerencia antes de 10 hábiles desde o 22 de xullo.
Tags: antenas, festa da lura, timofónica
pois eu penso que sería moi interesante facer a festa da lura…por que non? e traemos os “Herdeiros” aver se coñecemos a “unha” bailando o “ajarrado”…e facémola subasta do camarón!!!!!!
da gusto ver como informan alguns xornais…por facer unha podemos facer a do percebe e o albariño!!!
Oe Millán,que máis dará que sexa do que sexa,en castroverde faise festa por que sí, por que che somos de festa, e hai que joderse
a mi me lo vas a decir….por eso, podemos aprobeitar e facela do percebe, da lura, do gazpacho, doq sea…eu non hei fallar…e ti tampouco….nin ningun dos q x aki pululan….
que non sexa por festas… xD
co que a todos nos gustan…
o ano pasado estiven en un monton pero este ano… perdereime case todas, que peniña… por perder creo que me perderei ata o san froilán xD
festa da lura para o ano que ven!!!! XA!!
vos o que pescaredes será outras cousas, pero luras… vaia panda¡¡
un erro teno calquera, seguramente querian dicir festa do cura.
jajajaja, a festa do cura… esa si que sería boa!!!! jajajjaa