Homenaxear a Enriqueta Otero co nome do colexio??

2008
11.15

Según comenta nesta entrevista Ricardo Polín, que a fiestra se fillo eco fai ven pouco, e da que collo prestado unha das preguntas.

-¿É xente batalladora?-Neste momento a xente non se caracteriza especialmente por ser batalladora.

Dáme mágoa que estes valores, e o paisaxístico, non se esperten máis e que as conciencias estean tan adormecidas. Agora ben, temos exemplos insignes no pasado, como o caso de Enriqueta Otero ou de todos os mártires de Montecubeiro masacrados na posguerra. Aproveito para reclamar que o colexio público de Castroverde, ao que parece que andan a procura dun nome, que se lle dedique a Enriqueta Otero. Foi unha profesional da educación destacada e integrante de moitos movementos de renovación pedagóxica, e tamén pola súa simboloxía como resistente a ditadura de Franco. Está enterrada na parroquia de Miranda e débeselle esa homenaxe.

Parece que hai algo de certo neso de buscarlle nome ao CPI de Castroverde pero…

· Que che parece que a idea de Ricardo Polín de homenaxear a Enriqueta Otero co nome do Colexio?

· Cal é o nome que a ti che gustaría, ou cres que se lle debería poñer?

· Hai persoas dentro do concello que o merecen máis ca Enriqueta?

· É necesario poñerlle nome agora, despois de máis de 30 anos?

· E ti, non dis nada?

Tags: , ,

20 Responses to “Homenaxear a Enriqueta Otero co nome do colexio??”

  1. Millan Fernandez di:

    E por que non….? Colexio Publico de Castroverde….

  2. Millan Fernandez di:

    …habendo un namáis….

  3. reixix di:

    Eu tamén oín comentarios de poñerlle o nome en homenaxe a Eduardo Carreira, director durante tantos anos e fundador do mesmo.
    O de Enriqueta tamén me gusta

  4. reixix di:

    eu preferiría que levase o nome dalguén, non só CPI Castroverde

  5. Tino di:

    Pois xa temos dous comentarios e dúas propostas…

    A min o de CPI Castroverde non me disgusta. Xa sabes onde está, homenaxear a alguén co nome do colexio… habería que estar todo o mundo dacordo para que non fora tema de polémica. Seguiremos atentos

  6. Laura di:

    A min non me gusta nada mezclar a politica coa ensinanza, aínda que so sexa no nome do colexo. En canto ao de Carreira, tampouco creo que sexa o mellor.Hai moitos mais mestres que tampouco están xa con nos e non hai colexos para todos!
    O colexo está ubicado na rúa dos nenos, e creo que se podería buscar un nome tan sinxelo e bonito como ese, aínda que agora mesmo tampouco se me ocurre ningún…

  7. Tino di:

    Home, aquí creo que naide mezclou unha cousa con outra(politica e ensinanza), pero o tema claro está derivará cara unha decisión política que non vai deixar indiferente a naide. Ou unha persoa do gusto de todos, ou mellor non cambiar nada.

  8. Laura di:

    Non, se non digo que mezclárades aquí nada, senon que creo que se vai tomar o asunto con tintes políticos. E que na miña opinión, o nome dun colexo non debería de ter ningúnha cor. Hai moitas posiblidades máis axeitadas.
    Estou completamente dacordo que de cambiarlle o nome ten que ser a gusto de todos, e senón mellor non cambiar nada.

  9. Millan Fernandez di:

    ….CPI de Castroverde….jejeje

  10. Millan Fernandez di:

    Eu imaxino que o Concello debera ter un regulamento especial para homenaxear, nombrar fillos predilectos, adoptivos, esas cousas….e debe de haber un minimo de quórum para adoptar unha decisión deste tipo.
    Creo tamén que non sirve que alguén propoña (toda proposta se debe ter en conta) algo se non se axusta ós criterios que se fixan na norma, porque estan pa respetalas. Eses criterios van na liña de que o potencial homenaxead@ ten que ter unha traxectoria contrastada, ou unha obra, tarefa, etc…excepcional en prol do Concello, ou da humanidade, a Democracia, a investigacion, os dereitos humanos, a ciencia, o deporte, etc…
    Poñerllo a unha guerrilleira comunista (con todolos respetos e todo o valor que tivo, etc…, ademáis de ser mestra, etc…) non parece o correcto a estas alturas. Poñerllo a un bo profesor como foi D.Eduardo tampouco parece requisito suficiente, porque houbo moitos bos, moitos regulares e moitos malos mestres. Non sei si el foi o mellor, pero ainda que o fose non é suficiente. Tampouco deixou unha grande obra, ou fixera cousa algunha de tal merecemento (e non quero que se malinterprete, non estou dicindo que non fixera boas cousas, senon que dudo que fosen tan tan importantes….), ou levase o nome de Castroverde polo mundo adiante….E decir, na miña opinion, e repetindome, creo que tal e como está, está ben. Non crea divisións e non creo que sexa precisamente o problema máis importante que temos no Concello. E unha polemica artificial.

  11. Millan Fernandez di:

    Non sei, pero tamen supoño que habendo un só, non fai falta diferenciar.
    Rosalia de Castro, Castelao, etc….creo que hai mil nomes galegos ou universais con valores mais loables. En todo caso, non sei porque deberia de ser dalguén do Concello….o dito, polemica artificial, penso.

  12. Tino di:

    Non, se non hai ni polémica, ou eso era o que eu pretendía. So debate, en tal caso. Que parecería o cambiar o nome do colexio.
    Enriqueta otero… fixo algunhas cousas, pero non sei se é suficiente para homenaxeala co nome do colexio.
    Eduardo Carreira, político e de profesor mellor non falamos. Sacou adiante a revista Sementeira que aínda hoxe a edita o CPI de Castroverde.

    Ao final, decisión política (con algún color??), e senón ao tempo.

  13. Millan Fernandez di:

    No, eu non digo que a polemica se cree neste blog. Tu fas mui ben en recollela. Digo que esta no ambiente, pero é unha cousa artificial, na miña opinión. Non é un tema que sexa necesario plantear, nin prioritario….
    Teño entendido(ainda que non o sei seguro) que a proposta de que leve o nome de Eduardo Carreira foi a iniciativa do claustro de profesores, con motivo do seu falecemento, que a tod@s nos apena, como veciño e home entrañable que era…Pero creo que corresponde o Pleno Municipal decidir sobre o asunto, en base a un regulamento que hai para estos temas.
    Se non se reunen os requisitos, non se pode saltala normativa. Se se reunen, decidese si se aproba ou non. Calquera das duas propostas(validas) dudo que reunan as condicions….simplemente e eso. Polo tanto, eu si tivera que manifestarme, optaria por que se quedara tal e como esta. Non divide e leva sendo así dende sempre. En Castroverde non hai 2 ou 3 colexios como para ter que diferencialos bautizandoos….E a miña opinión, pero caben todas, coma sempre.
    Penso ademáis que a decisión acabará por ser esa, pero non o sei.
    Oe, se me dis que un dia Aída valiño vai a unha olimpiada e gaña unha medalla, porque non iba levalo nome do pabellon deportivo? estariamos empezando a falar de cousas serias. Pero , con todolos meus respetos, as alternativas ata o de agora, non me parecen que teñan entidade suficiente para recibir ese tratamento.

  14. Millan Fernandez di:

    En todo caso, si non houbese mais remedio que poñerllo a alguén, creo que casaría mellor a proposta de Ricardo na liña dos Martires de Montecubeiro
    (calquera deles, coma por exemplo o mestre Arximiro Rico, vitima do fascismo mais embrutecido e analfabeto…). Son exemplo de vitimas inocentes dunha Guerra que nunca se debeu producir. Da súa morte, coma da de moitisimos mais en Galiza ou o resto de España, emerxeu a liberdade da que disfrutamos hoxe…., esto xa parecen cousas máis serias tamén.

  15. undetordea di:

    Na miña opinión o nome debería permanecer así como está, penso que non divide a naide. E si se puxera algún, nin un nin o outro o merecería nin máis nin menos que outro candidato. E aínda diría máis, no caso de haber certa diverxencia de opinións, a polémica duraría pouco e sería esquecida pronto, como debe ser. Xa que o preguntarlle a calquera ¿onde estudias? el diría, “no colexio de Castroverde, supoño, non diría “no Enriqueta Otero de Castroverde ou no Eduardo Carreira…non creo que sucedese. Nin o de público aparece ó ser nomeado. Si lle preguntasen ós cativos secadra lle poñerían o nome dun futbolista ou dun/ha cantante, e porque non? porque non van a decidir eles. E si lles preguntan ós pais estes dirían que con dar unha educación boa e de calidade ós seus, que máis da o nome que leve?
    Eu pola miña parte non vexo a polémica, nin os cores, nin nada, só opinións

  16. Tino di:

    Da gusto ver que hai debate, e que algo se move. Graciñas a todos por participar desta forma, e tamén como non, os que non escriben, pero len, que son outros tantos ou máis.

    Veña, outro día sen actualizar con novos contidos, para ver se a xente se segue animando a responder con novas opcions como fixo millán e aportando novos datos… que estou sorprendido da acollida deste texto.

  17. Laura di:

    Estou completamente dacordo con Millán, ademáis que este artigo fixo que tivesemos unha boa conversación polo messenger. E as opinións aqui vertidas tamén son todas moi interesantes.
    Eu so pretendía dar tamén a miña opinión, q me gusta máis o debate que un caramelo a un neno jeje.
    E por último noraboa a todos, Millán,Tino e os que participan neste blog, como undetordea porque están xenial.

  18. Tino di:

    A clave é esa, comentar, debatir posibles ideas,… comentar opinions, etc, etc.
    E cada quen coa súa opinión que será respetada. Por ahora, e ao ser poucos, aínda nos respetamos e estamos comodos comentando e replicando.
    Tamén por último gracias a vos por comentar tan intensamente estes escritos, da gusto. Graciñas!!!!!

  19. Lu di:

    xa levaba tempo eu sin pasar por aqui… eu tño outra proposta, e se lle poñemos Colexo Lucía de -Castroverde ¿?¿?¿?¿? (era por botarlle o son gracioso) jejeje

    De acordo con que está ben como está; mentras Aida Valiño (ou calquera que de a sorpresa) non faga historia a lo grande¡¡¡¡ 😀

    saudos family

  20. Lu di:

    x certo, o post foi acertado, ta dando jugo eh¡¡ 😀