Resultados | |
---|---|
Guntín – Antas | 0 – 1 |
Lucense – Río Sil | 2 – 0 |
Portomarín – Sagrado Cor. | 0 – 1 |
Friol – Lugo | 7 – 2 |
Rubián – Muralla | 1 – 1 |
Calasancio – Castroverde | 2 – 2 |
Garabolos – Pradeda | 2 – 1 |
Comercial – Oural | 0 – 0 |
E para a próxima semana
Próxima Xornada | |
---|---|
Río Sil-Antas | |
Sagrado Cor.-Lucense | |
Lugo-Portomarín | |
Muralla-Friol | |
Castroverde-Rubián | |
Pradeda-Calasancio | |
Oural-Garabolos | |
Comercial-Guntín |
A clasificación queda con cinco equipos destacados
Clasificación | X. | G. | E. | P. | G.F. | G.C. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1. Calasancio | 17 | 10 | 5 | 2 | 40 | 17 | 35 |
2. Sagrado Corazón | 17 | 11 | 2 | 4 | 26 | 14 | 35 |
3. Muralla | 17 | 10 | 4 | 3 | 33 | 13 | 34 |
4. Oural | 17 | 9 | 6 | 2 | 40 | 18 | 33 |
5. Castroverde | 17 | 10 | 3 | 4 | 32 | 19 | 33 |
6. Comercial | 17 | 7 | 6 | 4 | 30 | 24 | 27 |
7. Rubián | 17 | 7 | 6 | 4 | 28 | 26 | 27 |
8. Río Sil | 17 | 6 | 5 | 6 | 16 | 22 | 23 |
9. Portomarín | 17 | 7 | 2 | 8 | 23 | 21 | 23 |
10. Antas | 17 | 6 | 4 | 7 | 27 | 33 | 22 |
11. Friol | 17 | 5 | 6 | 6 | 28 | 24 | 21 |
12. Lugo | 17 | 5 | 2 | 10 | 25 | 46 | 17 |
13. Garabolos | 17 | 4 | 3 | 10 | 21 | 32 | 15 |
14. Guntín | 17 | 3 | 6 | 8 | 20 | 32 | 15 |
15. Pradeda | 17 | 1 | 5 | 11 | 19 | 34 | 8 |
16. Lucense | 17 | 1 | 3 | 13 | 16 | 49 | 6 |
Partido importántisimo para seguir tendo opcións de ascenso, entre dous rivais directos na loita por acadalo.
Os locais presentábanse no partido con duas ausencias notables como eran a de Albino e a Marcos gemelo. O partido comezou moi igualado con continuas alternativas no control do xogo, con un Calasancio moi superior físicamente, que era contrarrestado coa maior capacidade técnica dos xogadores locais. Os visitantes tiveron o control total do mediocampo, onde foron superiores, pero o Castroverde daba mostras de perigo cando os xogadores de ataque conseguian ter o balón, e enlazaban rápidos contragolpes con moito perigo, como unha xogada polo dereita que un perfecto centro de Richard era rematado defectuosamente por Marcos en boca de gol.
Chegábase o descanso con empate, e con dous rivais que daban mostras de ser claros candidatos de gañala liga.
A segunda parte comezaba con dominio local, tendo Carlos unha ocasión clarísima a centro de Marcos que co porteiro xa batido sorprendentemente o balón non chega a entrar, cando todo o mundo xa cantaba o gol. O Calasancio adiantábase no partido cando menos o merecía con un gran gol do seu dianteiro nun rápido contrataque, e non se quedaba ahí xa que tres minutos despois chegaba o segundo con un zapatazo dende tres cuartos de campo que se colaba pola escadra, seguidamente paradón de Marcos que puido ser o terceiro. Faltando quince minutos e con un Castroverde que nunca se deu por vencido, o entrenador local quita do campo a Gelo e a Richard sorprendentemente, cambios que parecian dar o partido por perdido, pero resultarían acertados xa que o equipo lograba remontar, con un golazo de Marcos, e un remate inapelable de cabeza de Javi. Resultou clave que este último deixara a sua posición de central e se sumara o ataque xa que deu moito empuxe e forza o ataque local.
Tags: Ascenso, cp calasancio, monforte
oleeeeee, ese partido debeu ser interesante!!! moito animo rapaces!! 😀