Unión Fenosa, a que foi unha das grandes derrotadas do concurso eólico da Consellería de Innovación e Industria, fíxose cos 41 megawatts do parque eólico de Monciro e Meda, asignados nun principio a Total Eólica. Total Eólica S.A., con sede na Coruña, pertencía ao xigante petroquímico europeo Total-Fina-Elf. Así os parques de Monciro e Meda, que abarcan os concellos de Castroverde, Pol, Lugo e Castro de Rei quedan en mans da división de renovables de Unión Fenosa.
Segundo Javier Crooke, responsable de Iberdrola en Galicia, afirmou: “O Territorio galego sóbralle enerxía” Esto so é unha mostra máis douso indebido das fontes de enerxía que temos ao lado da casa, na leira, na carballeira, na veiga, etc.
Poñendo un exemplo gráfico, sería como os contenedores da basura. Todo o mundo non dubida de que sexan necesarios, pero naide os quere diante das súas casas (sobre todo no vrao). Os parques eólicos ademáis, tamén afectan a paisaxe e a especies protexidas. Na súa contra tamén teñen a súa escasa eficiencia enerxética, os poucos beneficios sociais que aporta, e as sospeitosas e elevadas subvencions estatais recibidas.
¿Pero que podemos facer entonces? ¿Poñemolos na casa do veciño e olvidamonos deles? O debate segue aberto e servido.
Tags: castro de rei, Concello de Castroverde, masoucos, meda, monciro, pol, problemas eólicos, punñago, sindrome
ui pois parece que si son como os contenedores, boa comparación jeje mais ruidosa e menos cheirenta xro.. :p …… eu estaba a favor deles, ainda que algo máis das placas solares, menos ” agresivas” cas especies……
xro claro, non sei se tanto “desplegue” de medios (ainda onte me crucei uns cantos cachos onte xla autovia) é realmente rentable (sen contar cas axudas estatais, que o fin e o cabo dos nosos bolsos sae igual) …
as placas solares seica devaluaron moito, non os que tiñan contrato anterior con permanencia por (creo que) 25 anos, q se lles mantén, xro sí os novos contratos, seica xa non é “rentable” economicamente como negocio xlo menos……..
así que a favor ou en contra de poñer outro rodeandonos xla outra banda que +- queda……. :s ……….. kedo pensando 😀
eu completamente a favor….castroverde verde