Pódese definir como aquela persoa que comeza unha actividade nova ou cando menos orixinal. Tamén pode ser aquel que aínda que non comeza con algo novedoso si o deixa todo un bo día, e decídese cambiar totalmente a súa actividade. Emprende unha nova vida se di, é un emprendedor.
Penso nesa persoa que atoallado pola vida monótona que leva, seguramente urbana, renuncia a falsas comodidades e decide voltar a casa que algún día foi da súa avoa, comeza unha actividade nova, busca relaxación, saborear máis a vida, como o que gusta dun bo wiskey, lentamente, a groliños, na busca de matices.
Penso tamén nese que cambia a súa vida laboral arrastrada, de pelele e seguidor de doutrinas impostas por tempos pasados, xa case levando a súa labor de maneira desinteresada…para cumprir un soño. Ese soño que todos temos, o noso soño, ou o soño de nosas nais, ou o de un amigo. Ese “personaxe”que volve ás raíces da industria, se dedica a artesanía, é debuxante, non hippie, pero si traballador, de saber profundo e herdable, carpinteiro, restaurador, silleiro, zoqueiro, cesterio…porque el prefire vivir o ancho e non o longo.
Tags: emprendedor, emprendedores, emprender, soños, terra, voltar
stou dacordo en tdo o q scribiches,quedouche genial,aínda q hai algunhos aspectos q m gustáría discutir asi q temos q kdar un día …anque creo q un home q scribe así debe star moi ocupado non?
pois eso a poñer 250€ cada un e comprar o cacharro ese …. e poñelo a furrular … cando o teñas negocio seguro! dígocho eu