Santa Lucía, asociación de muiñeiros

2009
01.29

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) ven de conceder unha axuda por importe de 198.000€ para rematar a recuperación integral dos muiños que forman parte da Asociación de Muiñeiros Santa Lucía de Castroverde, así como para a creación dunha ruta etnográfica.
O seu primeiro presidente, o señor Anxel de Riomol foi un dos que con máis entusiasmo colaborou para a ceración da asociación. Ánxel era un apasionado deste tipo de construccións, viviu por e para o seu muiño, situado a cabalo entre Riomol e Faxilde. A súa pasión fixo realidade esta asociación, así como a recuperación do seu sempre impoluto muíño que non abandonou, así como tampouco o fixo cos seus mazairos e prados, ata o último día da súa vida.
Actualmente a asociación está formada por dezaioto propietarios, que recuperaron ou están a punto de recuperar o esplendor dos seus muiños. As rehabilitacións están emplazadas nos ríos de Rodinso, Chamoso, Ferradal e Tórdea. Todos eles, son sometidos a unha rehabilitación integral para conservar o máximo posible o seu aspecto orixinal e poidan moer todo tipo de gran e cerais de novo.
Segundo Jesús Miguel Lamela Escobar (actual presidente da asociación) este proxecto “non pretende que os muíños volvan producir, porque non sería rendible”, senón ”conservar un importante patrimonio do municipio de Castroverde para as próximas xeracións, porque antes eran unha parte importante do medio de vida da súa poboación”. Incluso existe a posibilidade de pedir axuda á Xunta de Galicia para crear no concello un museo dos muíños, debido á proliferación destas construcións no concello de Castroverde.

A pesar do éxito da iniciativa, bótanse de menos outros moitos propietarios, como o muíño de Claudio (O Carteiro) tamén de Riomol, veciño do finado Ánxel, e como non, outro amante do muíño e das súas posibilidades coma poucos. Este e outros moitos muíños sobre todo os de unha soa pedra dispersos polo múltiples regatos ao longo do concello, coma o de Baralla no Barrial (Masoucos), botanse de manos na asoción. Seguro que os protagonistas da historia lles gustaría que todos, sen excepción, foran recuperados como eles no seu día os explotaron e cuidaron.

Tags: , , , , , , , , ,

7 Responses to “Santa Lucía, asociación de muiñeiros”

  1. Lu di:

    ¿e eu q fixen?

  2. Lu di:

    coñas aparte.. está ben q recuperen esa parte da nosa historia.. da pena velos, a maior parte, cubertos de silvas e maleza en general, q é imposible casi nin velos..
    e falando de muiños, e como tiben q pasar unhas cantas veces ultimamente x ali, o que está camiño de Mosteiro, xlo cal non se da acabado d facer esa bendita carretera, que fagan algun acordo!! é un coñazo chegar ali, reducir (se te acordas de cal e a curva, senon= pegar frenazo monumental, volantazo, e rezar pa non escoñarte) … cruzarte con outro d frente, … jo

    x certo, bó nome pa asociacio´n 😀

  3. undetordea di:

    Eu son dos que creo que dun muíño, e se as cousas funcionaran como deberan, podía vivir unha familia. Aposto o que sexa a que si a “industria” non estivese segura de que non se ía producir neles de novo e permanecer como “construccións bonitas” intentaría saquear esas partidas presupuestarias.

    Encántame a idea e aplaudoa, e invito a todos a visitar estas construccións e coñecer o seu funcionamento.

    Tamén espero que quen ben sabe, me invite para ver o seu muíño dunha vez, espero que a terceira sexa a vencida!!!

  4. Tino di:

    Tanto como vivir…

    Creo que pode ser interesante ver a ruta etnográfica… unha vez terminados todos os traballos. O do muiño de mosteiro… creo que vai para largo. Realmente era un mazo, non?

  5. Castelo di:

    Boas:
    Cheguei a esta paxina de casulidade, mellor dito dixomo lu pero o ver este articulo queria decir que no muiño que dice lu non e tal o problema e o mazo non o muiño o muiño e unha contruccion que es o vir de mosteiro mais ala entre as arbores, o que esta mesmo na curva era un antigo mazo. De todas maneiras antes habia formas de pasar a carretera ser tirar nada a min parece mais un capricho dos gobernantes, creo que a eles lles da igual que teñamos que freas ou non.
    Tamen acordadevos de outro que esta moi preto deste e que ainda moe que pertenece a Muiñeiro de Veiga esta xusto na porte de Veiga e creo qeu tamen esta nesa asociación estando anclado no rio azumara.
    Un saudo e felicidades pola paxina e moi interesante.

  6. Tino di:

    Benvido Castelo!! Alégrome de que disfrutes na Fiestra de Masoucos. Esperemos que sigas pasándote e comentado por aquí. Un saúdo!!

    por certo, o mazo vai ser restaurado. Non se sabe que vai pasar coa carretera, aínda!

  7. Lu di:

    si os q saben saben!!! 🙂 eso ta claro!!
    (hola Jose!!!! akabo d caer ken era “castelo”!!!jejeje tou algo lenta ultimamente)
    pois ben dada esta a explicacion, o mazo e o q esta entre as silvas indo hacia Mosteiro á izquierda e o muiño esta descuberto mais adiante a dereita lojo, non¿?

    alegrome d q o restauren!! 🙂 e haber q pasa ca carretera……. o q si e q tiñan q señalizalo algo mellor!!!! ainda non sei como non ten habido leñazos alí! :s

    en canto ó d vivir do muiño….. non ten pq non ser así… home ben dito esta q hoxe endía temos un nivel d vida… ejem.. xro, en tempos os muiñeiros eran xente de pasta no¿?

    Cando estén restaurados habia q facer unha ruta un dia os asiduos á Fiestra!!