Un castroverde superior

2009
03.09

Resultados
Muralla – Lugo 5 – 0
Castroverde – Sagrado Cor. 1 – 1
Pradeda – Río Sil 3 – 0
Oural – Antas 2 – 1
Comercial – Lucense 5 – 0
Garabolos – Portomarín 1 – 2
Calasancio – Friol 1 – 0
Rubián – Guntín 1 – 4

A próxima xornada queda:


Próxima xornada
Guntín-Muralla
Lugo-Castroverde
Sagrado Cor.-Pradeda
Río Sil-Oural
Antas-Comercial
Lucense-Garabolos
Portomarín-Calasancio
Friol-Rubián

S.D. Castroverde: 1-CHINO 2-JUÁN 3-ÓSCAR 4-PEREIRA 5-JAVI 6-HÉCTOR 7-ALBINO 8-CARLOS 9-MARCOS GEMELO 10-RICHARD 11-GELO. Tamén xogaron 14-MANU 15-MARCOS (Toño, Marcos F. e Tino).

Outra nova colaboración de Arsenio Iglesias. Da gusto ver que o fútbol en castroverde segue con via, incluso se podería falar de unha páxina web propia… e ahí queda eso… por se alguén quere recoller o guante! GRACIAS a moita afición!! que fixo un gran ambiente nas gradas, e apoiou en todo momento o equipo!

A CRÓNICA:
Partido decepcionante, polos méritos dos locais, o visto na Veiga do Olmo a tarde do domingo, non polo acontecido no terreo de xogo, pero sí polo resultado final, xa que a victoria da SD era o que todos agardábamos.

O Castroverde saiu decididamente polos tres puntos en xogo nunha tarde moi agradable, cun gran ambiente no campo, pero atopouse enfrente a un equipo ben colocado no campo, e que se lle notaba un traballo táctico que non tiñan os locais, dominando estes por impulsos pero sen ter todo o control do partido que este merecía.

As primeiras ocasións non se facían esperar e todas chegaban por parte dos locais, que desarbolaban por bandas os visitantes que non eran capaces de frear a dianteira local, moi desafortunada, cousa pouco habitual xa que é a máis goleadora da categoría.

O Sagrado que xogou todo o partido, o que se conoce como “patadón”, aínda que moi ordenados atrás e certa rigurosidade a hora de despexar o balón, tivo duas ocasións en todo opartido, unha meteuna e a outra, ao borde do área pequena, fallaron no remate final.

O Castroverde que saiu a por todas e con un equipo moi superior os rivais, non foi quen de reflexalo dunha forma clara no campo, a pesar de ter moitísimas e claras ocasións, sendo Edu o porteiro visitante o mellor do partido con diferencia.

O gol local chegou nunha gran xogada de Gelo pola banda, un dos mellores do Castroverde, xunto con Marcos Gemelo, que centrou, e remate de Albino a gol, nunha acción de garra da que nos acostuma todos os domingos.

A saida de Manu e Marcos faltando quince minutos, e co marcador de empate, voltaba a facer que a aficción collese folgos de novo, pois saben do potencial de estes dous xogadores, pero non poido ser, a pesar de ter Marcos unha ocasión das que non suele fallar, 8 goles en catro partidos, sendo o primeiro dia que xoga algún minuto e non marca, pero desta volta (San) Edu evitouno no man a man.

A pensar no próximo partido, no que esperemos que a sorte desta vez esté o noso favor, porque non é normal o pouco acerto diante do sagrado corazón do pasado domingo, na que o resulto xusto sería un cinco a dous.

A clasificación queda como:

Equipo(Clasificación) X. G. E. P. G.F. G.C. Puntos
1. Calasancio 22 15 5 2 51 18 50
2. Sagrado Corazón 23 15 4 4 38 17 49
3. Muralla 23 14 5 4 48 17 47
4. Castroverde 22 14 4 4 53 25 46
5. Oural 23 12 8 3 52 28 46
6. Comercial 23 11 7 5 47 35 40
7. Portomarín 23 10 3 10 39 36 33
8. Friol 23 8 7 8 41 32 31
9. Rubián 22 8 7 7 38 41 31
10. Río Sil 23 8 5 10 21 33 29
11. Antas 23 8 4 11 36 51 28
12. Guntín 23 5 8 10 29 40 23
13. Lugo 23 5 2 16 30 63 17
14. Garabolos 23 4 4 15 25 45 16
15. Pradeda 22 2 5 15 25 45 11
16. Lucense 23 2 4 17 20 67 10

Tags: , , , , ,

One Response to “Un castroverde superior”

  1. lurepli1236 di:

    Woo Woo! In your blog to see the contents of such a wonderful, happy too, I like your site