Outra perspectiva do día da Terra

2009
04.22

Hoxe é o día da terra. Seguro que durante todo o día encuitamos as boas promesas de cara a proteger e reservar o noso planeta, o noso futuro, pero ¿Non deberían ser todos os días, día da terra?

Na época na que vivimos ¿necesitamos fechas concretas para non olvidar cousas que debieramos recordar sempre?. ¿Subestimamos a nosa capacidade de valorar o que é realmente valioso para nós?

¿Canto tempo máis nos levará ter conciencia total do que ven pasando?
Pode que nunca o logremos, pero si debera ser unha tarea irrenunciable camiñar cara a completa sostenibilidade, as xeracios que veñen tras de nos primeiramente. As formas son muitas. Sianalemos un camiño.

Se ben, nos nunca logremos amencer nun mundo sostible, procuremos construir ese futuro.

Tags: ,

2 Responses to “Outra perspectiva do día da Terra”

  1. undetordea di:

    canta razon levas neste escrito meu!!
    si, fáltanos moita conciencia do que está sucedendo, e como non dudar se algún día de verdade a consiguiremos. Xa empezando na nosa forma de vida pódese intuir que non somos conscientes nin sostibles. Pensando no noso pais por exemplo, Galicia despobóase na metade oriental mentres as costas sofren unha forte presión urbanística. Por un lado sobra terreo que queda o libre antoxo de sufrir desastres ecolóxicos e por outra banda falta o terreo para seguir construindo e especualndo, nos que uns se enriquecen co traballo doutros. Pero xa parte do noso ser pouco conscientes. Palabras “bonitas” témolas todos (eu inclúome como non) de que si hai que reutilizar, reciclar etc, pero non cremos nelo. As grandes multinacionais mandan en nos. Somos monicreques do sistema. Como sería natural eles deberían satisfacer as nosas necesidades creando produtos para elo, pero non, é tal a nosa inutilidade que simplemente se adican a sacar produtos ó chou e logo crean a necesidade de consumilo. Xa partimos das relación sociais diarias pouco sostibles. Un cidadán común “xera máis merda da que come”. Todo ven envolto e requeteenvolto, comemos máis cos ollos que co bandullo. Se unha mazá ten unha mancha inapreciable non a mercamos, entón o agricultor para que non teña manchas bótalle insecticidas, acaricidas, funxicidas, cera..e paga por elo a unha multinacional, que crea miles de postos de traballo precarios e contamina os terreos de zonas subdesenrroldas e a atmósfera de todo o planeta, pero non sen elo pagar uns impostos por facelo, cartos que colle o goberno e llos volve dar para que siga creando postos de traballo… e así a xente migra cara zonas industriais e todo sigue rodando…perdón polo meu testamento!!!

  2. Lu di:

    jejeje weno, eu rio case por non chorar…. pq … boa reflexion “undetordea” e por suposto como sempre Xenial Tino…
    a min ahora mesmo so me veñen á mente a palabras d Ivan cando imos levar algo no camion e pasamos por pontes tuneis e todo eso por donde discurre a senda de cemento e alguitran chamada autovía/e demais carreteras……….. : “BEN CHE AGUANTA A TERRA”