Non quedemos sen palabras

2009
05.17

dia das letras galegas

O galego que non fala
Na lingua da súa terra
Non sabe o que ten de seu
Nin é merecente dela.

(“Da Vella Roseira”, Victoriano Taibo)

Gracias a Alex Ghalpon pola ilustración!

Un ano máis pasou o día das letras galegas, este ano adicado a Ramón Piñeiro.

Tags: , , , , , ,

2 Responses to “Non quedemos sen palabras”

  1. undetordea di:

    Inocente que era eu, non tiña nin idea de que a nosa lingua se atopaba en tal estado, era dos que pensaba que nunca se falara tanto galego na cidade, nos estamentos públicos, pero inocente…Gracias o meu compañeiro,o “Señor Xan”, investigador incansabel, quen me enviou un día destes estas verbas: “A nosa fala corre serio perigo de desaparcer e “Deixar morrer unha lingua é un crime de lesa cultura”, que dixera Celso Emilio. Segundo o último mapa socioligüstico publicado pola RAG, dende o 1992 ao 2004 (12 anos) duplicouse o número de persoas que nunca falan galego (do 13 ao 25%) (http://www.amesanl.org/noticias/noticia_tipo.asp?IDNOTICIA=1356)”
    Esto dame pe a loitar máis, a creermo máis, eu non quero ser cómplice deste crime.. e ti?

  2. Alex Ghalpon di:

    Moitas grazas a ti, Tino, por usares a miña foto. Hoxe puxen fotos da mani de onte, chuviosa pero alegre. Por certo, xa dei co documental de Queda alguén aí? e xa o vin. Gustoume moito, hai cousas que non teñen desperdicio, pero non quero contarche máis para gardar certa intriga. Mándame un mail cun enderezo físico a onde cho poida mandar, vale? e así poderás xulgar por ti mesmo.
    Apertas