sorpresa en castro… de rei

2009
10.28

Sigome sorprendendo cada vez que deteñen a alcaldes e concelleiros, sexa donde sexa, pero este caso toca “cerca”. A operación está baixo secreto de sumario, pero parece que a operación está relacionada coa posible adxudicación castro de rei“irregular”(si entre comllias) de obras subvencionadas por outras administracions. Esta operación saiu a luz por escuitas que fixo a policía xudical con relación a outra investigación. Pero chegado a este punto…as conclusións que se poden sacar…

– que a corrupción salpica a todolos partidos, e especialmente os que máis tempo levan no poder.

O tráfico de influencias, delitos fiscais, blanqueo de diñeiro, etc. non se producen de modo aislado, como aseguran os partidos cada vez que salta un novo escándalo. Son tantos os casos, que deberíamos preguntarnos se a corrupción política é, senon xeralizada, polo menos sí mui extendida. Neste punto os máximos dirixentes dos partidos teñen a súa parte de responsabilidade, ou son tontos para non detectar e eliminar os corruptos nas suas filas ou son cómplices por mirar cara outro lado.

Corrupcion Chama tamén poderosamente a atención a celeridade con que os políticos anuncian reformas de leis e endurecemento de penas cando hai algún escándalo en outros campos (delincuencia xuvenil, por exemplo) pero contrasta a lentitude que mostran cando os que son xuzgados son eles mesmos.

-Por último deberían(mos) reflexionar sobre o descrédito que produce que os políticos se vexan salpicados por problemas deste tipo.

Son políticos, uns máis ca outros, uns mellores, outros peores.

Tags: , , , ,

4 Responses to “sorpresa en castro… de rei”

  1. unha di:

    Un alcalde, o de Castro, que por certo ten raíces en Castroverde. Súa nai é dunha familia moi apreciada.
    Ata que non haxa xuízo presunción de inocencia. Sobre todo vendo como o apoiaron a xente da oposición.

  2. lu di:

    telita…………
    eu no unico q son ken d opinar e na forma d levalos os xulgados……. non vexo q sean asasinos nin criminais d outro tipo para q vaian esposados e cas suas pertenzas (os d cataluña creo) en bolsas d plastico coma… non sei
    pareceme demasiado

  3. UndeTordea di:

    Estou dacordo que mentres non sexan declarados culpables non se lle debería facer tales reportaxes, secadra ahí sexa culpable a prensa, e todos nos detrás desta como morbosos, pero tamén estou dacordo en que unha vez sexan declarados culpables, sexan expostos publicamente para o enxuizamento popular, para que se lles caigan a cara de vergoña, que se sintan mal e observados con desprecio. E outra cousa, non tanta cárcere nin gaitas, que hai que mantelos, e máis a esta xente que, ainda grazas, non son asesinos, e si facelos traballar, ainda sexa forzosamente, tanto como para devolver todo o que levaron e costear tódolos gastos que supuxo a súa investigación e arresto. Si é que encima sáelles barato que os pillen.

  4. lu di:

    dou fé…………. e tanto monte sin traballar e tanto mangante na carcel………….. (jejejejejejejje) 😛

    xro realmente……. é así…… as primeiras carreteras nos anos da polca non as facian os presos¿? rompendo pedras e todo akelo… ¿?

    (informacion perfectamente documentada segun pelis da epoca) XD

    eu o q me referia é a diferencia no trato a (x exemplo) De Juana Chaos… cos seus paseitos libre como un santiño…….. e estas historias q supoño seran as tipicas q tooooooooooooooodos sabemos q ai en tooooooooooooooooooooooooooooooodos lados…….. non sei , pareceme esaxerado a verdade..