Arte?

2009
11.20

bailarina-epilepsia-pic

A axencia de promoción das artes do Reino Unido,  Arts Council, ven de pagar uns 15 000 euros a Rita Marcalo, epiléptica desde os 17 anos, para que suspenda momentáneamente a súa medicación e sufra un ataque en escena, en directo e con público e cámaras por diante.

Os organizadores, presentan a actuación  coma un estudio “de los interfaces físicos entre la danza, el movimiento y la epilepsia” e dicen que “ayudan a los pacientes que sufren esta enfermedad”. A posta en escena e a decisión xa están sendo duramente criticadas.

Utilizaranse no espectáculo luces estridentes e luces especialmente diseñadas para alterar o estado da bailarina, ‘la protagonista tendrá que ayunar, se privará de sueño, elevará artificialmente la temperatura corporal y tomará estimulantes de la actividad cerebral, incluidos el alcohol y el tabaco’.

Durante o tempo no que o público espera o ataque de epilepsia serán entretidos por outros bailarines. Unha vez que a bailarina sufra o ataque, sonará unha alarma, as luces subirán de intensidade, a música deixará de sonar e toda a atención estará posta na bailarina para grabar o ataque epiléptico. Ademáis animan a toda a xente a grabalo cos seus móviles e a colgalo nas redes de vídeos por internet.

Desde logo debemos preguntarnos:

– Pode considerarse esta práctica como arte?

– E se unha vez no escenario non sufre tal ataque?

Esta e outras muitas preguntas seguen no aire ante esta escena que está alcanzando cotas insuperables de popularidade en internet.

Tags: , , , , ,

One Response to “Arte?”

  1. hadex di:

    Xa ves….morbo….que asco me dan estas cousas!!!!